Xa están aquí os Luns Micolóxicos 2013!!

Laetiporus sulphureus
Despois dun longo verán de merda fantásticos días de praia sol e moscas que parecía non ter fin, parece que os cogomelos espertaron finalmente ávidos de humidade, algo máis tarde que de costume e pouco a pouco, para enchernos ó fin a vista e as cestas.  Arrancamos tamén nos este ano, arrastrados polo imprevisible ciclo micolóxico un par de semanas máis tarde cos Luns Micolóxicos deste 2013 onde, coma sempre, estaremos ahí para botarte unha man coas túas identificacións e dúbidas. Así pois, desde este luns día 14 de outubro  e ata o luns día 16 de decembro (inclusive) estaremos tódolos luns á vosa disposición. Cada luns, nos achegaremos a partir das 20:30 ata as 22:00 polo Bar Plaza (na parte de arriba) en Ribeira, e que convertiremos na nosa base de operacións micolóxicas para tentar achegarvos un poco máis ó fascinante e delicioso mundo dos cogomelos, aconsellándovos sobre especies a evitar, manuales de campo a empregar, caracteres dos cogomelos que nos van a axudar nas identificacións, etc...
A continuación vos deixamos uns consellos para facernos as cousas máis sinxelas a todos se vos animades a facernos unha visita e tentade lembralos, porque é realmente difícil identificar algúns cogomelos cando veñen practicamente sen pé, resecos ou medio podres... ou podres enteiros. ¡Que sempre vos olvidades!
Algúns consellos para os que vos acheguedes:
  1. IMPORTANTE (Que o ano pasado non nos fixéstedes caso; nin o anterior; nin o oitro!): Os exemplares que nos traiades procurade arrancalos con coidado e traer o cogomelo enteiro, que non se perda a base do pé ou unha posible volva ou anel. Pode haber moita información, segundo o cogomelo, na base do seu pé (forma, coloración, presencia ou non de rizomorfos...).
  2. Traede sempre que poidades, un exemplar novo e oitro maduro (non podre e cheo de vermes) da especie a identificar, procurando que estén no millor estado posible.
  3. Non nos traiades os cogomelos nunha bolsa, como xa comentamos moitas veces, o plástico acelera a fermentación e descomposición dos cogomelos. Que chegan feitos un cristo, vamos.
  4. Conservalos no frigorífico ata que vos acheguedes xunto a nós, non ó aire, pois secan e algúns apodrecen moi rapidamente e poden cambiar a súa cor e morfoloxía bastante.
O outono non espera por ninguén! ¿Non sentides xa o suave arume a terra mollada e cogomelos frescos?  Esperámosvos... refungando polo baixiño e caña en man, no Bar Plaza. Non falles á cita, e xa sabes: máis vale cogomelo identificado, que pasar toda a noite ó vater pegado. Dixen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails