O monte é de todos... Ou duns máis que de outros.

¡Manda carallo! ¡Ajárrame as gónadas Carmiña que me se caen ó chan! ¿Qué vos parece este incrible letreiro que asemella escrito polo mesmísimo manco de Lepanto?

Tivemos a gran fortuna de atoparnos con esta incrible testemuña gráfica gracias a o blog do amigo Ferrán Arizcun e que foi publicada en El Correo Gallego en novembro de 2010. Tarde, pero chegou ás nosas mans.

Non sabemos onde foi tomada a fotografía, nen se o lugar era un coto de caza ou non. Se o sitio é un coto de caza, nada que obxetar, ata se agradece o aviso (e as faltas de ortografía) e, se a algún de vos se lle ocorre a feliz idea de ir apañar cogomelos nun coto, debería saber que anda xogando con lume. Agora ben, se iso non é un coto de caza...

En fin, que me quento, NO COMMENT. A imaxe xa fala por si soa. Ler máis...

Un niño de paxaros entre cogomelos: Cyathus striatus

Galego: Oveiro, dedil
Castelán: Nido de pájaros



Hoxe imos falar dun cogomelo de escepcional rareza, non pola súa escasa distribución (ó contrario, é moi común), senon pola súa característica e inusual morfoloxía e, aínda máis, pola súa enrevesada e sofisticada estratexia para esparellar as súas esporas que logo miraremos en extenso detalle.

O seu nome científico provén da palabra latina cyathus (que a súa vez é orixinaria do grego) e que significa "copa", e striatus (do latín stria, estriado) que fai referencia ás estrías que recorren a súa superficie interna. Polo tanto o seu descriptivo nome sería, en cristián, copa estriada.

Cyathus striatus
é un fungo saprófito que acostuma a medrar sobre restos vexetáis en grupos numerosos, pero que debido ó seu tamano (1 ou 2 cm. de alto), e cor non soe chamar a atención dos recolectores de cogomelos, aínda que se o buscamos activamente, nos atoparemos con que están por todas partes, en grupos apretados, misturados entre as ramiñas e o manto de follas do chan, esperando a que exprimamos a nosa cámara ó máximo para sacarlles unha boa instantánea.

Así que, sen máis preámbulos, imos pasar a descubrir tódolos segredos deste curiosísimo cogomelo botando man, como non, do "Cogomelos de Galicia" e as súas extensas descripcións comentadas, extendidas e ilustradas por Refungando. Fai click abaixo en ler máis e pasa, estás na túa casa...


DESCRIPCIÓN

Corpo frutífero: 1-2 cm de altura por 1 cm de ancho. De novo globoso alongado, cerrado, de cor parda ferruxenta, coa superficie lacerada e cuberta de escamas e pelos hirsutos maróns. Máis tarde aparece no ápice unha membrana protectora branca, o epifragma (ver fotografía de abaixo), que ó esgazarse permite ver o interior. Ó madurar ten forma de campá invertida, copa alta ou de "niño de paxaro", mantendo a capa externa o mesmo aspecto que de novo e a cara interna gris abrancazada, glabra, acanalada e con estrías lonxitudinais. No interior áchanse os peridiolos (na imaxe, figuras b e c) en número de 10 a 16, de cor gris, forma lenticular e unidos á superficie por un filamento extensible ou funículo (que podesdes ver no corte transversal do peridiolo na figura c da imaxe). A gleba de cor marrón moura atópase dentro dos peridiolos.

Hábitat: Sobre restos vexetais de madeira descomposta, fundamentalmente coníferas pero tamén en latifolios. Formando colonias numerosas. Outono e primavera. Moi común (ejem...).

Observacións: Como xa adiantamos, a estratexia para a dispersión das esporas de esta especie é dun enxenio e sofisticación que parecera deseñada polo mesmísimo Leonardo da Vinci. Si, parecen niños de paxaro, pero a comparación máis axeitada se atendemos a súa estratexia reproductiva, e con un canón. Só hai que sustituir pólvora por auga e o milagre está feito. ¿Como? Paciencia, que vos contamos.

Fixádevos na forma do receptáculo con forma de copa no que se atopan os peridiolos (as balas deste peculiar canón); cando unha gota de auga cae no seu interior á velocidade adecuada e no ángulo preciso, se desliza polas paredes interiores do cogomelo, producindo a presión suficiente ó chegar ó fondo como para que algún dos peridiolos saia despedido. Pero aquí non acaba o conto. O funículo, que actúa como a corda dun arpón, se desenrola cando se "dispara" o peridiolo e, no seu extremo, ten unha estructura rizomorfa chamada hapteron (ver imaxe da esquerda da estructura dun peridiolo) que é adesiva. Desta maneira, cando o peridiolo sae despedido, pode quedar pegado ó talo ou ramas dalgunha pranta, ó tempo que o funículo se lía nela dándolle todavía millor soporte. Logo só queda liberar as esporas... ou ser devorado por algún animal que se alimente da pranta na que se fixou o peridiolo, sendo máis tarde liberadas as esporas nos excrementos deste.

Pero aínda hai un pequeno detalle que resolver neste puzzle fúnxico de enxeñería: ¿Cómo evitar que o canón se nos dispare antes de que os peridiolos estean maduros e as esporas listas para xerminar? Os máis observadores xa vos haberedes decatado da resposta. A clave é o epifragma. Mentres o cogomelo non está maduro, esta membrana branca que cubre a boca do cogomelo, actúa a modo de "seguro" evitando que os peridiolos se liberen prematuramente. Como vedes, todo controlado ó milímetro, como sempre, para asegurarse a descendencia.

En canto ás confusións, podedes estar tranquilos. Primeiro, porque non é comestible (nin creo que co aspecto que ten a ninguén llo poida parecer). Segundo porque as posibles confusións, oitros cyathus como Cyathus olla ou Cyathus stercoreus, non teñen estrías na cara interna. O xénero nidularia, parecido a cyathus, non ten epifragma e os peridiolos non teñen funículo, aparte de estar inmersos nunha sustancia xelatinosa. Ou sexa: fácil, sinxelo, e para toda a familia, que diría o de Bricomanía.

Todavía estades a tempo de ver este cogomelo se saídes un dia destes días ó monte. Fixádevos en lugares con moita humidade, preferiblemente sombríos, e cun bo manto de follas e ramiñas cubrindo o chan. Este cogomelo é máis sinxelo de ver cando aínda posúe o epifragma cubrindo a "boca" do cogomelo a modo de pel de tambor, pois a súa cor branca resalta entre os tons pardos de follas mortas, ramiñas varias, terra e o dos propios cogomelos. Vos animamos a empregar unha lupa para apreciar e disfrutar de tódalas súas características ó cento por cento debido ó seu tamano.

Xa estades tardando amigos, Cyathus striatus vos espera...

Ler máis...

¡Volven os Luns Micolóxicos á Novena!

Xa podedes batir palmas e sacar o licor de café para festexar: a partir do luns 3 de outubro a Asociación Micolóxica Refungando porase de novo a disposición de quen queira visitarnos para botarlle unha man na identificación de cogomelos. Cada luns, ata o día 28 de novembro, nos achegaremos a partir das 20:30 ata as 22:00 polo Bar Plaza (na parte de arriba) en Ribeira, e que convertiremos na nosa base de operacións micolóxicas para tentar que vos intoxiquedes o mínimo posible, axudarvos na identificación das especies máis controvertidas e aclaravos esas dúbidas que non vos deixan durmir.

Un se da conta co paso do tempo como "regras" de identificación populares, inexactas ou directamente incorrectas, van pasando de afecionado a afecionado podendoos chegar a levar a identificacións erróneas ou asuncións sobre a comestibilidade de certas especies máis que discutibles. A cantidade de xente que sae a apañar boletus, por exemplo, e non sabe distinguir un Boletus edulis dun Boletus reticulatus é abraiante, pero como todo arde e o estómago non protesta, non pasa nada. Igualmente chocante é a cantidade de xente que a estas alturas da película baixa do monte coa súa cesta de Hygrophoropsis aurantiaca pensando que se veñen ca cantarelada do milenio. Ou quen apaña macrolepiotas atendendo só ó seu tamano considerable desbotando na identificación outros importantes caracteres que habería que ter en conta.

Outra xente, ante a máis mínima duda, opta por non sair dos 3 ou catro cogomelos que coñecen, pero todos sabemos que o mundo está cheo de xente con moito peito e pouca precaución. Por cousas como estas, e para os que queirades aprender un pouco máis do apaixoante Reino Fungi, Refungando se pon ó servicio de todos para tentar contestar ás vosas preguntas.

A continuación vos deixamos uns consellos para facernos as cousas máis sinxelas a todos por se vos animades a pasarvos...

Algúns consellos para os que vos acheguedes:
  1. IMPORTANTE (Que o ano pasado non nos fixéstedes caso!): Os exemplares que nos traiades procurade arrancalos con coidado e traer o cogomelo enteiro, que non se perda a base do pé ou unha posible volva ou anel. Pode haber moita información, segundo o cogomelo, na base do seu pé (forma, coloración, presencia ou non de rizomorfos...).
  2. Traede sempre que poidades, un exemplar novo e oitro maduro (non podre e cheo de vermes) da especie a identificar, procurando que estén no millor estado posible.
  3. Non nos traiades os cogomelos nunha bolsa, como xa comentamos moitas veces, o plástico acelera a fermentación e descomposición dos cogomelos. Que chegan feitos un cristo, vamos.
  4. Conservalos no frigorífico ata que vos acheguedes xunto a nós, non ó aire, pois secan e algúns apodrecen moi rapidamente e poden cambiar a súa cor e morfoloxía bastante.
Agora xa non hai excusa para non aprender. Esperámosvos... refungando polo baixiño no Bar Plaza. Ler máis...

O humor fúnxico de Davila: Xa hai cogomelos


Xa había tempo que non disfrutábamos da visión de Davila do mundo dos cogomelos. Nesta ocasión facendo hincapé neste tremendo arranque de tempada na que cantarelas (Cantharellus cibarius) e boletus (dos catro 5 estrelas: edulis, aereus, pinophilus e, do que máis, reticulatus) encheron os nosos montes como non o facían dende había xa anos. Seguro que moitos de vos sabedes de que vos falo. O título debería ser: "Xa hai unha man chea de cogomelos".

En todo caso, sabedes que nos gusta facer hincpé neste tema, procurade sempre levar para a casa o que vaiades a consumir, non setenta veces máis; que xa empezamos a ver cabesiñas pensantes (non tanto como para reponderse á pregunta ¿por qué coller menos cando podo apañar con todo?) con cestos cheos sen saber moi ben qué facer con eles. Iso si, para fachendear diante dos amigotes, os cestos cheos son o máis do máis. Xa sabedes, ese curioso mecanismo humano que nos leva sempre a ver quen a ten máis grande aplicado ós cogomelos.

Pero este final do verán tamén trouxo outras cousas, non só as primeiras aves de rapiña. Ó amigo Davila saiulle recentemente un bo cogomelo na casa: un miniño. Así que... ¡Noraboa papichulo! Ler máis...

O incrible Hulk dos cogomelos

Antes de que preguntedes, non, non hai photoshop. E si, seguimos cas novas chegadas do sudeste asiático, desta vez, de Vietnam, da provincia de Binh Duong. A besta parda O cogomelo que ten nas súas man este home serviría perfectamente para que os pitufos se fixeran unha torre de oficinas. Se trata dun exemplar excepcionalmente grande de Macrocybe crassa (ou nam da lon, cogomelo de pel de porco, como o coñecen os locáis).

Cando a súa descubridora, Truong Anh Dao (na imaxe da esquerda, pousando co cogomelo, que é o do medio da foto), o atopou este 6 de xuño nunha vella fábrica de ladrillos preto da súa casa mentres paseaba coa súa irmá asomando entre os arbustos, pensou que se trataba dun sombreiro típico da zona. A sorpresa foi máxima cando lle botou a man e se atopou co adramán da imaxe, que se resistía ademáis a ser arrincado (calquera lle mete a navalla ademáis, a non ser que teñades unha boa albaceteña de tres cuartas).

O bicho mediu 50 cm de alto, cun sombreiro duns 40 de diámetro e pesa arredor de 3,5 kilos. Ahí é nada.

Por certo, o cogomelo en cuestión é comestible e, pola imaxe no que pousan co amigo na bandexa, podemos imaxinarnos cal foi o seu destino: dar de comer a medio pobo; ou pobo enteiro.

Mentres, na nosta terra, nos atopamos con cómicas novas como esta:

http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2011/09/05/0003_201109P5C3995.htm

¡Guau! ¡Endexamáis vira nada así! (Modo ironía ON). Ler máis...

Arrancan as primeiras Xornadas Micolóxicas en Galicia: A Estrada Micolóxica

Coma o pasado ano, os máis madrugadores das asociacións micolóxicas galegas son os amigos de Estrada Micolóxica, que non nos dan tempo nin a quitar o bronceador da mochila.

Como o ano pasado tamén, vos avisamos un "pouco" xustos de tempo, porque as primeiras charlas comezan ¡hoxe!

Así que sacade folios e lapis para tomar apuntes, e todos a clase. Nunca nos cansaremos de dicir, hasta darvos janas de vomitar do noxo, que por moito que creades saber, sempre aprenderedes algo novo, correxiredes erros conceptuáis e vos sumerxiredes un pouco máis no apaixoante Reino Fungi. Daredes uns pasiños máis neste camiño sen fin que é o de coñecer os cogomelos.

Este ano, ademáis, as charlas non teñen ningún desperdicio. Así aprenderedes o importante papel das micorrizas nos fungos e nas nosas fragas, a incrible riqueza micolóxica das nosas paixases dunares, o perigo da contaminación con metais pesados nos cogomelos, as novas especies descritas nos últimos anos para Galicia ou a identificación e historia dos usos dos "peidos de lobo" ó longo da historia. Un cóctel fúnxico a mar de nutritivo para o cranio.

Así que, sen máis, se da o pistoletazo de saída da temporada micolóxico-educativa cas actividades de Estrada Micolóxica, que podedes consultar no cartel do artigo ou aquí mesmo baixo estas liñas.

¡Xente ás leiras!

Saídas: Dende a praza do concello, ás 9:00 da mañá...
  • 8 e 22 de Outubro
  • 12 e 26 de Novembro
  • 3 e 17 de Decembro
Charlas: ás 21:00, no local de Novacaixagalicia
  • 09/09 : Antonio Rodríguez González, "Boletales y micorrizas"
  • 23/09: J. M. Castro Marcote, "Cogomelos dos ecosistemas dunares"
  • 7/10: Julián Alonso, "Contaminación nos cogomelos"
  • 21/10: Jaime Blanco Dios, "Nuevas especies para Galicia"
  • 19/11: José María Costa, "Etnomicoloxía (Gasteromicetes)"
Exposición: dende o Martes 15 ata o 19 de Novembro, de 19:00 a 21:00 no local de Novacaixagalicia. Ler máis...

Atopado o cogomelo máis grande do mundo en China

Fotografía: Dr. Bao-Kai Cui

Pregunta de Trivial Micolóxico: ¿Cal é o cogomelo máis grande do mundo mundial? Seguro que á maioría vos pillaba a todos nun renuncio con esta cuestión. Non estamos a falar do fungo en si, ollo, senón do cogomelo. Pero tranquilos, hoxe en Refungando imos a desvelar a resposta para que sexades a envexa das vosas tertulias micolóxicas.

O cogomelo en cuestión foi localizado por vez primeira en 2010 por Bao-Kai Cui e Yu-Cheng Dai, investigadores da Academia de Ciencias China, na illa de Hainan (China), non foi ata este ano que os seus descubridores fixeron público o hachado na revista Fungal Biology deste setembro.

O carpóforo, que medraba baixo o tronco dun carballo (como podedes observar na imaxe que abre o artigo; o carbollo era Quercus asymetrica) pertence á especie Fomitiporia ellipsoidea, un polyporal (co himenio formado por poros) da familia Hymenochaetaceae, perenne e co sombreiro xeralmente resupinado, isto é, que medra ca parte superior do sombreiro pegada ó sustrato no que se desenvolve, neste caso a superficie do tronco morto.

O amigo chino ten un tamano de algo máis de 10 m de longo por 80 cm de ancho e entre 400 e 500 kg de peso. Os investigadores estiman a súa idade nuns 20 anos. Na imaxe da esquerda podedes ver ó profesor Yu-Cheng Dai con varios fragmentos do cogomelo descuberto.

O anterior record, tamén en mans doitro polyporal, tiñao unha frutificación de Rigidoporus ulmarius descuberto en 2003 nos Reais Xardíns Botánicos de Kew (Inglaterra), cunhas medidas de 150 x 133 cm e unha circunferencia de 425 cm. Desgraciadamente, este cogomelo finalmente sucumbiu cando uns raposos fixeron a súa madrigueira baixo el. Nalgún lado tiñan que facer o seu duplex.

Agora xa sabedes a resposta: o cogomelo máis grande do mundo a día de hoxe é un exemplar de Fomitiporia ellipsoidea atopado na illa de Hainan, en China. Coma conta o dito: nunca te deitarás... Ler máis...
Related Posts with Thumbnails