Primeira cita de Gyromitra Neuwirthi na península, de J.M.C Marcote e J. Gómez

Tódolos anos se producen novos hachados no campo da micoloxía galega e peninsular, pero poucas veces o cogomelo protagonista da cita é dunha beleza como a de hoxe. Este marabilloso e raro cogomelo que vedes na imaxe, foi atopado en Priego de Córdoba (Córdoba) polos autores da cita José Manuel Castro Marcote e Javier Gómez, e a cita publicada no Boletín Anual da Sociedade Micolóxica de Madrid. Este hachado é, sen dúbida, motivo para terlles unha envexa san ós afecionados andaluces, que agora teñen no seu repertorio micolóxico esta fermosa rareza para poder atoparse e disfrutar nas súas saídas. Noraboa.

E eiquí vos deixamos sen máis prémbulos a descripción deste novo cogomelo documentado na península; con todos vostedes, para todos vos, Gyromitra neuwirthi .

DESCRIPCIÓN (Publicada no Boletín sa Sociedade Micolóxica de Madrid, nº 34- ano 2010)

Corpo fructífero: sombreiro de de 2-3 cm de diám., globoso, lobulado, con ondulacións e pregamentos redondeados pero sen circunvolucións, nunca cerebriforme, ca marxe moi involuta e totalmente libre do pé. En tempo seco o sombreiro se retrae de deixa ver a totalidade do pé, tomando a apariencia dunha especie de boina engurrada e marrón negruzca sobre un estípite totalmente branco. O himenio recobre a superficie superior, seco e de cor marrón negruzco. A superficie inferior é branca e lisa.

Pé: 1-3 x 0,5-1 cm. Cilíndrico ou lixeiramente ensanchado na base, macizo nos exemplares xoves, sempre cheo, coa superficie lisa, nunca costelado e de cor branca.

Carne: Branca e sólida, sen olor nen sabor apreciables.

Hábitat: Fructifica en lugares húmidos, sobre restos vexetáis. Nunha das recolectas aparecía sobre follas de olivo (aquí, acompañado por numerosos exemplares de Morchella deliciosa) e noutra baixo ulmeiros, á beira dun regato.

Non queremos rematar sen agradecerlle a J.M.C Marcote o enviarnos a fotografía que ilustra esta entrada e obsequiarnos cun exemplar do artigo publicado. ¡Graciñas!

Temos xa que deixarvos, non sen antes recomendarvos, ós que o teñades a man, facer algunha saída estas datas a algunha zona dunar ou piñeiral costeiro, por onde agora poderedes atopar cousas moi interesantes, sobre todo entre os ascomicetos. Xa vos amosaremos algunha en próximas entradas. Namentres, estos días, andaremos preto da costa, entre brión e area, refungando, claro. Ler máis...

O nemátodo do piñeiro detectado en Galicia

A globalización hoxe en día abarca e afecta a moitos eidos distintos no noso planeta, e a natureza non podía escapar a esta tendencia globalizadora. De feito, é quizáis a que máis sufre as consecuencias deste mundo cada vez mási "pequeno". Moitas epecies foráneas acaban chegando ós nosos ecosistemas; algunhas inocuas, oitras, as máis, integradas nun entorno que non está adaptado a elas, e que sufre as desagradables consecuencias da chegada do novo veciño ó barrio.

Bursaphelenchus xylophilus, que así se chama este microscópico verme invasor, chegou infectando madeiras de procedencia asiática a Portugal en 1999. Agora xa está aquí en Galicia e a súa perigosidade faise evidente se temos en conta que é capaz de secar un piñeiro nun tempo record de tres meses.

Nos enteramos da mala nova da man do Grupo Ecoloxista ADENCO, e reproducimos aquí para vos este artigo seu no que nos explican en detalle o problema do nemátodo, a súa orixe e o estado das cousas neste momento. Malas novas para os nosos montes... Haise que poñer as pilas, para non ter que chorar logo. Aínda que, se temos que botar man de antecedentes, por estes lares as cousas soen facerse mal, tarde e cas pilas xa medio gastadas. Esperemos equivocarnos desta vez.

Podedes facer click nas imaxes para agrandalas para ler sen problema este comunicado.

Ler máis...

Un curioso cogomelo: Phaeolus schweinitziii

A primeira descripción dun cogomelo este ano vai a parar a un de formas ben curiosas. O seu aspecto ó longo do proceso de maduración é un dos máis cambiantes que nos podemos atopar: a morfoloxía dun carpóforo novo no ten nada que ver co cogomelo xa maduro, como ides a comprobar; case parecen dous cogomelos distintos. O nome, Phaeolus schweinitzii, retorto como o cogomelo, fai referencia ó oscuro do carpóforo cando está maduro (Paheolus significa "escuro") e o epíteto schweinitzii fai referencia ó seu descubridor, o micólogo estadounidense Lewis David de Schweinitz.

Lembro que a primeira vez que me atopei cun exemplar novo (non se parecía a nada visto nos manuáis), tiven que agardar unha semana para poder velo máis crecido e caer así da burra.

Pero aquí vos traemos a burra completa. Veredes este cogomelo en varios estadios de formación e aprenderedes que é relativamente sinxelo de identificar, ademáis de ser bastante común e frecuente de atopar case que todo o ano. E por suposto, un cogomelo tan curioso, non podía deixar de ter aplicacións curiosas... Pero non adiantemos datos, imos a botar un ollo á descripción comentada deste cogomelo, ¿vos parece? Pois facede click abaixo en ler máis.


DESCRIPCIÓN

Sombreiro: 10-25 cm de diámetro por 2-3 cm de espesor. De forma moi variable e irregular. Cando é moi novo, cilíndrica e globosa e ó desenvolverse vólvese circular ou reniforme (con forma de ril), ao principio convexo e logo embudado, lembrando ás veces polo seu aspecto a unha flor de cor parda avermellada coas beiras amarelas. Cor amarela xofre que vólvese parda ferruxinosa coa idade (fixádevos na diferencia da primeira imaxe, co cogomelo máis maduro, e nesta da esquerda, co cogomelo na "flor da vida") mantendo a marxe sempre máis amarelada (ata que xa está maduro de todo, claro, cando esa coloración desaparece). A cutícula é vellosa, afeltrada e a marxe delgada e lobulada. Na seguinte serie de imaxes de varios exemplares novos, podedes observar a enorme diferencia que existe entre os carpóforos deste fungo segundo a idade; de feito, parece un cogomelo completamente distinto.



Tubos: Curtos na beira e longos preto do pé, decorrentes e de cor amarela, coa idade pasan a parda roña. Poros irregulares e concolores ós tubos.

Pé: Inexistente ou moi curto e espeso.

Carne: De nova e branda, esponxosa, substanciosa e exuda unhas gotiñas de cor ambar. Ó madurar faise suberosa (de consistencia parecida á da casca) e moi lixeira de peso, casi parecen de cartón. Cor amarela azafrán de nova e parda ferruxinosa ó madurar.

Hábitat: Crece en bosques de coníferas, tocos de piñeiro (tamén de eucalipto, como os exemplares da imaxe que abre este artigo) e incluso directamente sobre o humus, englobando herbas e ramiñas no seu desenvolvemento. Podedes ver esta "incorporación" de restos vexetáis nesta imaxe da esquerda ou nas imaxes do cogomelo xoven. O cogomelo medra sen inmutarse "fagocitando" canto atopa. Máis rara é a súa forma parásita, sobre troncos (na base e raíces, máis ben) de piñeiros enfermos. Aparecen exemplares illados e, cando é parásita, en pequenos grupos. Frutifica en verán e podemos atopar esta especie case que todo o ano.



Observacións: Non comestible. Fácil de identificar polas súas formas, cor e hábitat, ainda que cando está crecendo ás veces toma formas estranas e difíciles de distinguir. Se a chegades a identificar, poderedes dicir que coñecedes un xénero enteiro de cogomelos e encher peito, pois esta é a única especie do xénero Phaeolus.

Pero aínda que non dentro da cociña, Phaeolus schweinitzii ten unha interesante aplicación: é unha fonte de tinte natural para tecidos. De feito, os indios americanos xa o utilizaban nas súas vestimentas. ¿Adiviñades que cores podemos obter con él? Exacto: amarelo, dourado, distintos tons de marrón e incluso verde. A imaxe da esquerda podedes ver unha imaxe de Gary Emberger (sacada desta páxina) con mostras dos distintos tons obtidos segundo a sustancia utilizada para fixar o tinte ó tecido.

Curiosamente, non tódolos cogomelos son válidos para facer tintes, Amanita muscaria ou Cantharellus cibarius, por citar dous de vivas cores, non teñen utilidade como fonte de tintes.

Neste enlace á páxina de Tom Volk podedes ver un gnomo feito de la tinguida con colorantes extraídos de diversos fungos: a mochila, o cinto e as botas estan tinguidos con Phaeolus Schweinitzii. Penso que lle vou encargar a esta xente uns bos calzoncillos dourados de la para estos días de frío no monte; o dourado lle senta moi ben ó meu ton de pel. Uns xenuinos gallumbos micolóxicos. En fin,creo que me estou desviando do tema...

Por onde iba... Ah, si, ¿qué vos parece o amigo? A min persoalmente é un cogomelo que me gusta moito fotografiar, moi fermoso de novo e cando todavía non está moi maduro. Por certo, aínda estades a tempo de velo por aquí preto, por exemplo, se queredes ir a tiro fixo, na zona do parque natural de Corrubedo, fixádevos ben nas bases dos piñeiros. ¡E lembrade que o inverno non supón a fin dos cogomelos!

Esto é todo por hoxe.Vémonos máis cedo que tarde, por aquí, coma sempre, en Refungando.

Un schweinitziano saúdo a todos.
Ler máis...

O Entoloma máis fermoso do mundo

Pasada xa a resaca de finde ano, a da noiteboa, a de reis, a... bueno, pasadas estas entrañables festas cheas de amor, boas intencións e opíparas pitanzas, volvemos con vos con un regalo para os ollos que nos trouxeron os reis magos (bueno, en realidade foi o amigo e socio David Ageitos, pero como vale por tres homes...) como é este fermosísimo cogomelo: Entoloma hochstetteri. Un digno fungo para abrir este ano 2011.

Descrito por vez primeira polo micólogo austríaco Erwin Reinchardt en 1886, e nomeada así en honor ó naturalista alemán Ferdinand von Hochstetter, me temo que temo que temos que olvidarnos de atopalo nestas latitudes e conformarnos con desfrutar das súas fotografías. O caso é que esta exótica especie só se atopa na India e Nova Zelanda (lugar no que podemos atopar oitros cogomelos de singular e especial beleza como xa vimos AQUÍ en Refungando). A súa chamativa cor, dese intenso e pouco común azul pitufo, é o principal ingredinte da súa beleza, como podedes comprobar nas imaxes que acompañan esta entrada.

A primeira das fotografías é obra do usuario de flickr little.tomato e , simplemente, o amigo se sae do mapa. Sen palabras. A segunda foi tomada por Ian Dodd (vía Wikipedia) e a terceira, na que apreciamos o sutil do afeltrado da cutícula do sombreiro, de Steve Axford.

Sen dúbida, un dos cogomelos máis fermosos que nos podemos atopar no mundo. ¿Non estades dacordo? Pois todo para vos...













. Ler máis...
Related Posts with Thumbnails