¡Nova especie de fungo en Galicia!: Asterophora salvaterrensis

Asterophora salvaterrensis Blanco-Dios - Fotografías: Amancio Castro
Ou yeah!, que diría Duffman. O novo achado made in Galicia se acaba de publicar no número 118 de Outubro-Decembro da revista Mycotaxon deste ano e, o protagonista, amén dos minúsculos e curiosos cogomelo que abren o artigo, é, por non variar, Jaime Blanco Dios, aka o "descubridor de setas ignoradas", e que xa coñeceredes se nos seguides a miúdo dalgún que oitro descubrimento coma a recente Arrhenia salvorana. Esta nova especie que nos trae o Nadal como remate de ano, e que se converte na cuarta descuberta dentro do xénero asterophora no mundo mundial, foi atopada en Leirado, Salvaterra de Miño (Pontevedra), e bautizada en consecuencia Asterophora salvaterrensis.

O xénero asterophora está formado por tres, ups!, catro especies de cogomelos parasíticos dos xéneros russula e lactarius e que medran sobre os carpóforos dalgunhas das especies destes. O noso cogomelo medraba sobre un exemplar podre de Russula nigricans que compartía con oitras especies de asterosphora (e que veremos proximamente noitro artigo), nun piñeiral de Pinus pinaster. Mención especial, polo tanto, para a visión de Jaime Blanco, quen foi quen de dar con este minúsculo cogomelo que, para máis inri, se misturaba con carpóforos doitras dúas especies de maior tamano facendo todavía máis difícil o chamar a atención ó tentar así pasar desapercibido. Bo ollo, meu.

Imos entón ca descripción deste pequeno gran descobremento. Pinchade abaixo en ler máis para seguirlle os pasos.

DESCRIPCIÓN

Sombreiro: de 0.5 - 4 mm de diámetro, plano-convexo ou aplanado co centro deprimido. Marxe primeiro involuta, logo moi ondulada. Zonado, marrón no disco e marrón verdoso ou ocre-marrón no resto, co marxe abracazado. Ennegrece coa idade ou coa manipulación.

Lamelas: Decurrentes, espaciadas, non bifurcadas, completamente furfuráceas de cor gris pálido ou gris. Aresta concolor, obtusa e sen lamélulas.

Pé: 1.5-10 x 0.5 - 1.5 mm. Central, uniforme ou lixeiramente máis amplo ou atenuado no ápice. Cheo. Completamente furfuráceo sobre fondo de cor marrón ou marrón negruzca.

Carne: Moi delgada, negra cando é exposta, finalmente de marrón a ocre. Sen olor nen sabor distintivos.

Hábitat: Sobre exemplar de Russula nigricans en piñeiral de Pinus pinaster.


Oitro novo segredo micolóxico da nosa terra desvelado. ¿Cantos máis esperan aínda ser achados? ¿E ó carón de cantos destes cogomelos pasariamos sen prestarlles sequera atención? ¿Cantos deles teriamos nas nosas mans para logo delvolver ó chan encollendo os ombros? A micoloxía é así, que diría un futbolista. Pensádeo un intre, mentres lle dicimos a Jaime dende aquí: ¡Noraboa polo achado!  
En fin, nos vemos estos días polas zonas de dunas da costa. Agora é o que se leva. Por suposto, andaremos refungando entre a area, e xa vos traeremos algún amiguiño da praia. Pero antes de que acabe o ano aínda quedan algunhas balas na recámara. Atentos.

Ler máis...
Autor do debuxo: Kir-Tat
Ler máis...

Imaxe interactiva en 360º: Nas fragas de Flojstrup

Se levades con nos o suficiente lembraredes que hai algún tempo xa compartimos con vos unha das impresionantes imaxes en 360º (click aquí para volver a vela) creadas por Flemming V. Larsen cos cogomelos como protagonistas. Hoxe repetimos menú.

A imaxe (ou debería dicir, imaxes, pois a panorámica virtual está composta por varias tomas) está tomada nas Fragas de Aarhus, en Dinamarca, nun lugar especialmente superpoblado da fraga, e no que varias especies de cogomelos buscan refuxio á sombra dunha árbore. En poucos metros cadrados poderedes observar varios exemplares de Amanita pantherina, un boletus con toda a pinta de aestivalis, oitro boletus (¿torossus?, aceptamos suxerencias...), dúas especies de russulas e un amiguiño que se agocha xusto ó pé do árbore e que podería ser... sabe Dios.

Xa sabedes como vai isto, só tedes que facer click en calquera punto da imaxe e mover o rato para "movernos" pola escea, como se estivésemos alí mesmo. Comprobádeo vos mesmos. ¡A disfrutala!


Varios cogomelos nas fragas de Flojstrup in Aarhus Ler máis...

A mensaxeira do inverno xa está aquí

Flammulina velutipes
Cando comezan a baixar as temperaturas e o outono comeza a chegar ó seu fin, é o momento adecuado para disfrutar das fermosísimas fructificacións de Flammulina velutipes (velutipes significa "pé aterciopelado", por razóns obvias) que aparece como heraldo dun inverno que está próximo para o seu reinado. Este cogomelo gusta das baixas temperaturas, chegando a aparecer todavía ó final da esatción fría e soportando incluso xeadas sen inmutarse. Todo un supervivinte.

Ademáis, seguro que xa vos deacatastes, este é un cogomelo verdadeiramente fermoso: os seus tons de vivas cores, o seu pé suavemente afeltrado e a súa sobria e elegante coloración  fan das apertadas fructificacións de Flammulina velutipes unha seria candidata a algunha das vosas máis impresionantes fotografías. E si, a pregunta que a case todos se vos pasa pola cabeza cando coñecedes un novo cogomelo, se come.

Imos ver de seguido que máis sorpresas nos garda este cogomelo de sinxela identificación e que frutifica agora mesmo nos nosos montes. ¿Imos aló?

DESCRIPCIÓN

Sombreiro: 2-8 cm de diámetro. Pouco carnoso, ó principio convexo, logo plano-convexo e ás veces de contorno irregular. Cor amarela, vermella alaranxada ou vermella sucia, máis clara na beira e máis oscura no centro. Superficie lisa e brillante, viscosa en tempo húmido. Marxe sutilmente estriada (hai que fixarse ben, a veces non se aprecia a simple vista) e translúcida.
 
Lamelas: Anchas, ventrudas, espazadas e pouco numerosas. De cor abrancazada amarelada e ocráce pálida na madurez.

Pé: Unha das claves da identificación deste cogomelo polas súas particularidades. Cartilaxinoso e tenaz, curto, curvado, cilíndrico, algo atenuado cara a abase e radicante. Amarelado na parte superiror, pardo escuro a pardo mouro na inferior, recuberto de pelos mouros curtos, máis concentrados  na base, que lle confiren ese aspecto tipicamente aveludado. Na imaxe da esquerda podedes observar pefectamente estes caracteres tan particulares.

Carne: Delgada e elástica. Branca amarelada. Olor pouco destacable e insípida.

Hábitat: Crece en grupos máis ou menos numerosos sobre tocos de diversas árbores planifolias. Frecuentemente en troncos de toxos mortos. Fináis de outono e inverno. Frecuente.


Fonte: Wikipedia, usuario Chris 73
Observacións: Como adiantamos antes Flammulina velutipes é comestible, aínda que seguro que non vo lo parecía. De feito existe unha forma comercial, por chamala dalgún modo, e que de seguro algúns xa vistes por ahí, baixo o nome de Enoki ou Enokitake (o seu nome xaponés), donde se cultiva dende hai xa 300 anos. O curioso do conto é que a forma cultivada non se asemella nada á forma silvestre. E se non, botade unha ollada á imaxe da dereita. ¿Quen diría que se trata do mesmo cogomelo? Pois si que o é.

A clave desta gran diferencia reside no método de cultivo. Flammulina velutipes cultívase normalmente en botellas de plástico en  lugares oscuros, provocando este ambiente o seu aspecto albino e o crecemento do pé maior do acostumado na súa búsqueda de luz e un sombreiro moito  menos desenvolto. Este cogomelo soe usarse moito en sopas e ensaladas.

Como última curiosidade comentar que Flammulina velutipes ten o privilexio de ser un dos poucos cogomelos en voar ó espacio. En 1993 un cultivo deste cogomelo partiu da Terra no Columbia para estudar como se manexaban os cogomelos ó medrar en ausencia de gravidade. O resultado foi que, en ausencia da mesma o fungo perde, como os humanos, a noción de arriba e abaixo, se desorienta, e os cogomelos medran en tódalas direccións. 


Seguiremos refungando en próximas entregas, estade atentos ós vosos monitores, porque o inverno sempre nos trae novos e interesantes cogomelos. É o momento no que un hábitat pouco visitados polos afecionados se enche de vida fúnxica: as dunas. E alí estaremos para contárvolo.
Ler máis...

O humor fúnxico de Davila: A expansión do eucalipto

Coma sempre Davila quita punta e saca un sorriso de temas que moitas veces non teñen ninguna gracia. Coma neste caso, ca expansión imparable deste parásito dos nosos montes e cancro da nosa fermosa terra, afeada e enferma polas incontables plantacións que cada vez se van ampliando máis.

Esta especie foránea atopou en Galicia un lugar co clima ideal para desenvolverse con soltura e rapidez, o que o fai expandirse de maneira incontrolada polos nosos montes e parques naturáis (o das Fragas do Eume é de pena e unha vergoña para nós como galegos) desprazando monte autóctono ca diversidade biolóxica que o acompana no proceso. Todo en aras de gañar catro pesos rápido.

Nunca perdades ocasión de arrincar un brote desta praga cando o teñades a man (home, non vos metades nunha plantación privada a facer estragos, ó fin e ó cabo cada un fai co seu o que quere). O eucalipto bo é o que está arrincado ou en Australia. Deseucalipta Galicia. Iso si que fai rir.

Eucalipto go home! Ler máis...

Charla-Exposición en Salceda de Caselas

Algúns, os menos novos (que non vellos), lembraredes a frase aquela de "¡No se vayan todavía, aún hay más!", do mítico Super Ratón. Pois iso, se pensabades que a activididade divulgativa micolóxica en Galicia xa rematara... ¡non vos vaiades todavía, aínda hai máis!

E hai máis en Salceda de Caselas esta fin de semana, o sábado 3 de decembro, ca celebración da charla-exposición organizada pola Asociación de Veciños de San Xurxo de Salcedad e Caselas e na que Óscar Requejo nos falará de "Os fungos e os seus ecosistemas".  O acto celebrarase na cafetería  do Centro Cultural San Xurxo de Salceda a partir das 17:30.

Se pensades que coñecedes algo dos ecosistemas fúnxicos, pensádeo oitra vez e esperade a oir a Óscar. Vos sorprenderedes dos lugares que poden chegar a colonizar, cómo o seu hábitat está estreitamente ligado á súa alimentación e co retortos que poden chegar a ser á hora de buscarse un fogar.

Moi recomendable para completar coñecementos micolóxicos cun tema protagonista pouco tratado en conferencias e moi interesante como un apoio máis nas nosas identificacións. Unha das últimas oportunidades que aproveitar agora que o outono xa nos vai dicindo adeus.

¡E no olvidedes supervitaminizarvos e mineralizarvos!

Ler máis...

Fotografías gañadoras do XIII Concurso de Fotografía Enrique Valdés Bermejo

Sen dúbida se hai unha maneira ideal para captar a beleza dos cogomelos, esa é, despois dos propios ollos, a fotografía. Unha forma de reter no tempo a singular fermosura desa escea na que participan por igual a natureza e os cogomelos, ese momento especial nas nosas saídas ó monte que nos fai ficar abraiados.... e moito millor que a propia memoria ou o cesto de vimbio.  Hoxe queremos compartir con vos algúns deses momentos capturados no tempo.

Porque ó fin, o XIII Concurso de Fotografía Micolóxica Enrique Valdés Bermejo, organizado pola Asociación Micolóxica A Cantarela de Vilagarcía, xa  ten gañadores deste ano 2011.  Nesta edición as protagonistas foron un exemplar de Mycena seynesii e a súa compañeira de piso piña, dúas Morchelas esculenta var. vulgaris e unha noviña Amanita Rubescens. Fantásticas as imaxes, non te cansas de miralas. Pero xulgade vos mesmos (podedes facer click nas imaxes para velas a maior tamaño).

And the winner is... :
  • 1º Premio: Joaquín Sánchez Romero
  • 2º Premio: José Angel Mintegui Bilbao
  • 3º Premio: Ángel Paz Miguel
1º Premio
2º Premio
3º Premio






Ler máis...

O ser vivo máis grande do planeta (actualización)

Fructificación de Armillaria ostoyae.
Fotografía tomada en Ordes (A Coruña).




Xa hai un tempo que falábamos deste fungo, Armillaria ostoyae, de medidas astronómicas que habita no Parque Nacional Malheur, nas Blue Mountains de Oregon (EE.UU.). O acceso a un estudo asinado por Craig L. Schmitt, Patólogo Forestal e Michael L. Tatum, Silvicultor Forestal en 2008 nos ofrece novos e interesantes datos e imaxes acerca de este interesante organismo fúnxico. Ampliemos información...

O fungo en cuestión, coñecido como o Humongous Fungus (literalmente, fungo enorme) está formado por unha colonia clonal, ou sexa, un grupo de individuos cun ancestro común que se desenvolveron sen mediar reproducción sexual (de forma similar, por exemplo, a o que ocorre ó facer esquexes de prantas) e, polo tanto, son clons xenéticamente idénticos ó individuo orixinal.

Área afectada pola colonia clonal D.
No Parque Malheur existen cinco destas colonias, das cales a máis grande é a formada polo Humongous Fungus, a colonia clonal D. Esta colonia ocupa unha extensión de 965 hectáreas. Gracias a este documento puidemos localizar no GoogleEarth a área exacta que ocupa o fungo, e que podedes ver delimitada por unha liña vermella na imaxe da esquerda. Se a imaxe non é o suficientemente descriptiva, pensade que unha hectárea é aproximadamente a área que ocupa un campo de futbol.

Vista detalle colonia clonal D.
No mesmo documento nos atopamos tamén con interesantes aclaracións acerca da idade e peso do fungo. Por exemplo, no caso da idade, as estimacións foron feitas en función do tamano actual da colonia e a capacidade de crecemento anual do fungo, e que varía segundo os distintos estudos sobre o tema. Desta forma, cunha estimación de  21 cm/ano (basado no traballo de Van der Kamp, 1993), temos unha idade estimada de 1900 anos. Se nos basamos no traballo de Shaw e Roth, 1976, temos 85 cm/ano e 2200 anos de idade. E se finalmente atendemos ó estudo de Peet, 1996, obtemos o maior valor de 1m/ano e a incrible idade de 8650 anos.  As diferentes estimacións fan que segundo a fonte os datos que atopemos ó respecto varien tanto.

Vista da colonia clonal E.
Algo aparecido ocorre para o peso do noso vello amigo. Usando como punto de partida o traballo de en colonias máis pequenas en Michigan de Smith e outros (1993), o peso do fungo, incluindo na estimación micelio e rizomorfos, podería variar entre 7,567 e 35,000 toneladas.

Na imaxe da esquerda podedes ver o estado no que quedan as zonas infectadas por este voraz parásito de coníferas, neste caso a imaxe foi tomada na colonia clonal E. Se estades interesados en visitar vos mesmos o fogar do Humongous Fungus a través de GoogleEarth, estas son as coordenadas: 44º 28’ 34.21” N 118º - 29’ 5.17” W.

Bueno compañeiros, xa sabedes algo máis do organismo vivo máis grande do noso pequeno e fermoso pedrusco do sistema solar. O seu tamaño e idade, nos falan dun dos organismo máis exitosos e adaptados na principal competición que se celebra tódolos días na Terra: a supervivencia. Volveremos a falar nun futuro, por suposto, de Armillaria ostoyae. Pero esa é oitra historia...



Ler máis...

¿Non notas o arrecendo? ¡O novo Tarrelos xa está na rúa!

Portada Tarrelos Nº 13 (2011). Fotografía
de Julián Alonso, da Asociación Micolóxica Lucus
Un ano máis, o froito do traballo de micólogos de tódolos cornechos de Galicia da o seu froito na forma deste novo exemplar da revista da Federación Galega de Micoloxía, este valiosísimo documento micolóxico que é o Tarrelos.

Neste número 13 de 2011 da revista, continuamos ca terceira parte da serie de artigos Cantharallaceae no Noroeste da Península Ibérica, cuias anteriores entregas apareceron nos últimos números; aparece tamén a primeira cita para Galicia dun raro cogomelo hipoxeo: Gautieria trabutii (Chatin) Pat.; repasaremos a flora vascular do Parque Nacional das Illas Atánticas; asistiremos á crónica dunha intoxicación con final feliz (de milagre) e poderemos disfrutar dunhas cantas reflexións ó arredor da sobrosísima trufa branca de Serra Nevada. Sen olvidarnos, por suposto, das delicias culinarias na forma de artigo dedicado exclusivamente ó xénero amanita na cociña. Todo isto, e moito máis, neste novo número de Tarrelos que non te podes perder.

Índice
Premendo na imaxe da esquerda tedes o índice deste número detallado. Botade unn ollo e descubriredes todo o que vos espera nesta entrega.

 ¿A qué esperas para facerte co teu exemplar? Ó ridículo prezo de 3 €, cos que apenas te tomas dúas cañas e deixas algo de propina, podes conseguir este pequeno tesouro para engrosar a túa biblioteca micolóxica. Arreando que é xerundio. Escríbenos a refungando@gmail.com para encargar o teu exemplar (hai que apoquinar gastos de envío, of course) e faite un home de cogomelos en peito.
Ler máis...

Relación de intoxicacións producidas en España no 2010

 Imos seguir facendo hincapé no tema das intoxicacións. É a semana do terror micolóxico en Refungando e nos temos proposto facervos sentir, polo voso ben, as consecuencias duns coñecementos mal medidos e unha confianza esaxerada. Non podemos olvidar, nunca, que recoller cogomelos pode ser perxudicial para a saúde.

A recopilación de casos (non exhaustiva, hai casos que non aparecen, pero chegan para darnos conta do sinxelo que pode chegar a ser trabucarse e as consecuencias disto para ti, que nos lees, e para os que consumen os cogomelos que recolectas) ocorridos no ano 2010 foi levada a cabo polo Dr. Josep Piqueras, hematólogo e toxicólogo del Hospital de la Vall d'Hebrón de Barcelona e unha eminencia no noso país en canto a intoxicacións micolóxicas se refire.

En total son 26 casos, con 71 pacientes (4 falecidos e 3 trasplantados).  Para acceder ó listado facede click a continuación en ler máis...
Episodio 1 : 9 tailandeses de Olmillo (Soria) intoxicados por Amanita phalloides. Dos de ellos llegaron a estar en lista de espera para trasplante en el Hospital Río Ortega de Valladolid.

Episodio 2 : 4 miembros de una familia de Molina de Aragón, intoxicados por amanitinas. Uno de ellos sometido a un trasplante de hígado.
Amanita phalloides.

Episodio 3 : 4  personas en el Hospital de Cruces (Bilbao) intoxicadas por Amanita phalloides.

Episodio 4 : Un hombre de 87 años, Argelino de nacimiento, falleció posiblemente por Amanita phalloides en Galicia (Sanxenxo).

Episodio  5 : 3 personas. Tres personas intoxicadas por Entoloma lividum en el Hospital de Tudela.

Episodio 6 : 2 personas, matrimonio, en el Hospital de Balaguer (Lleida) con gastroenteritis por
Lepista (Clitocybe) nebularis.

Episodio 7 : Mujer de 65 años que comió setas (¿Amanita phalloides?).
Ingresada en la UCI del Hospital de Vall d’Hebron, al quinto día de la evolución estuvo al límite, con un Factor V del 15,1 %. La regla de que si el Factor V > 15% se salva y si Siquiera sea por una décima. La mujer se recuperó.

Episodio 8 : Dos hermanos adultos armenios y su sobrino intoxicados por amatoxinas (¿Amanita
phalloides?). Estuvieron en la UCI del Hospital de Vall d’Hebron. Se curaron los tres.

Episodio 9 : 4 intoxicados de El Torno (Ciudad Real). Uno falleció.
Intoxicación por Amatoxinas. Amanita phalloides?

Episodio 10 : 2 intoxicados en el Hospital de Mataró (Barcelona) con gastroenteritis. En los restos de setas cocinadas hallamos unos fragmentos de Tricholoma con escamas, compatible con pardinum
o filamentosum.

Episodio 11 :  2 personas. Un matrimonio, vistos en el Hospital de Vall d’Hebron. Gastroenteritis con
latencia prologada, sin rasgos coleriformes. Comieron setas, entre ellas dos pequeñas setas que salían de una volva (sic). Amatoxinas negativas (pasadas más de 48 horas. no excluyentes en ese momento). Por el ligero aumento de trasaminasas que presentaron creo que fue una intoxicación leve por Amanita phalloides.

Episodio 12 : Un hombre que tuvo un cuadro de gastroenteritis por intolerancia personal a setas que identificó su esposa (que comió y no tuvo síntomas) como Xerocomus badius. Presentó también
un cuadro (¿pseudo-gripal?) de dolores musculares.

Episodio 13 : 2 personas. De nuevo desde el hospital de Mataró. Con otros dos comensales que no presentaron síntomas, comieron setas el domingo 7 de noviembre. La madrugada del domingo al lunes una chica y su padre presentaron alguna deposición diarreica. Ella además refirió náuseas y vómitos y, sobre todo, un llamativo cuadro de hipotensión ortostática  y “mareo” (¿?) que fue cediendo paulatinamente con las horas.

Me enviaron setas sobrantes, que habían congelado par posteriores comidas. Eran trozos de diversos tipos de setas. Casi todo eran fragmentos de “peus de rata” (Ramaria sp.) Pero distinguimos también
Cantharellus tipo cibarius, fragmento de sombrero de setas con himenio en esponja (Boletus sp.¿?), Lactarius cf. deliciosus, posible Hygrophorus y un fragmento de pie de un típico Leccinum. Supongo que se correspondería con los restos de píleo de boletáceas. No sé muy bien como etiquetar este episodio.

Episodio 14 : Un hombre ingresado en el Hospital de Vall d’Hebron, al que vi el 16 de noviembre. Con cierto grado de alteración hepática, hacía seis días que había comido setas (¿Amanitas?). Lo
interpreto como una intoxicación leve en recuperación. Le pidieron amanitinas en orina que, como era de esperar en ese momento, fueron negativas.

Episodio 15 : 1 paciente. Interesante caso de intoxicación por setas. Un hombre que después de comer setas presentó -parece ser que en los días siguientes - un cuadro de gastroenteritis moderada,
por el que fue conducido al hospital de Verín (Ourense, Galicia). El paciente, pese a que le remontaron el equilibrio hídrico, fue presentando un progresivo deterioro de la función renal. Al 7º día aproximadamente presentó un discreto aumento de trasaminasas que motivo la alarma del médico responsable del paciente, el Dr. Ignacio Soto, que llamó al Instituto Nacional de Toxicología para preguntar sobre la posibilidad de hacer un análisis de amanitinas. Mis buenos amigos/amigas del Instituto le dijeron que lo hacían en el Hospital Clínico, pero le recomendaron que previamente me consultase a mí, en el Hospital Vall d’Hebron. El Dr. Soto me llamó y me expuso el caso y su miedo a
una intoxicación hepatotóxica. Le dije que aunque lo fuese las amanitinas serían negativas. Le pregunte por la creatinina. Había alcanzado un valor de 8, pero ese mismo día el paciente había comenzado a orinar y la creatinina estaba mejorando. Conclusión: pensé en otro tipo de intoxicación y le envíe información sobre el síndrome nefrotóxico por Amanita proxima. Le sugerí además que publicase este episodio, seguramente el primero en la comunidad Gallega, en alguna revista de medicina.

Episodio 16 : Un hombre de unos 60 años, gastrectomizado hace unos cinco años por un carcinoma gástrico, acudió a urgencias del Hospital de Vall d’Hebron por un cuadro de diarreas tras comer lo
que afirmaba que eran robellons sin duda alguna (Lactarius deliciosus).
Lo etiquetamos como una indigestión o intolerancia, relacionada con la anatomía de su aparato digestivo privado de buena parte del estómago.

Episodio 17 : Una mujer de Zafra, intoxicada por amatoxinas, Amanita phalloides, trasplantada de Hígado.

Episodio 18 : 2 personas. Matrimonio de Alcorcón que comió setas de Navalcarnero el sábado 19 de noviembre. Hubo un momento en que el marido estuvo ingresado en el Hospital Doce de Octubre de
Madrid pendiente de un posible trasplante. Nota posterior: El marido de este matrimonio presuntamente intoxicado por
Lepiota brunneoincarnata en Navalcarenero ha tenido que ser trasplantado también.

Episodio 19 : 1 paciente, vecino de Villasbuenas de Gata (Cáceres), intoxicado también el sábado 19 de noviembre. Hombre, de 78 años de edad, ha fallecido en la noche de este sábado 11/12/2010 (noticia del 12 de diciembre) en el Hospital San Pedro de Alcántara de Cáceres donde se encontraba ingresado desde el pasado día 20 de noviembre cuando ingresó en estado grave tras haber comido setas, entre las que se podría encontrar algún ejemplar venenoso. Ingresado en la UCI de San Pedro de Alcántara. Intoxicado por Amatoxinas: Se, explicó a Europa Press que "podría ser de la familia de las lepiotas ya que este grupo de setas incluye algunas que son muy tóxicas como la 'lepiota helveola' y la 'lepiota brunneo-incarnata' que "se parecen mucho y pueden confundirse
con otras comestibles muy comunes".

Episodio 20 (¿?): 1 persona, un vecino de Navalcarnero, fallecido por intoxicación por setas según un bando municipal del 21 de noviembre.

Episodio 21 : 1 persona: un hombre adulto con gastroenteritis leve en Tudela, por Lepista nebularis.

Episodio 22 : 1 persona. Se trata de una persona adulta que después de un cuadro de vómitos y diarreas tuvo que estar ingresada en clínica por un cuadro de insuficiencia renal leve. El caso fue conocido debido a que un familiar del intoxicado acudió al Museu Balear de Ciències Naturals de Sóller, con unas muestras de las setas que habían consumido. En una bolsa de plástico llevaba setas
"iguales a las que comimos", dijo.  Allá se distinguían perfectamente algunas Amanita ovoidea  así como Amanita proxima.

Episodio 23 : 19 personas, de una asociación gastronómica en Valencia, tuvieron un cuadro de gastroenteritis tras comer unas setas tóxicas del género Tricholoma. Curiosamente había sido comercializadas y en todo el proceso (recolector, envasador, transportista, mayorista en Valencia, minorista, comprador del restaurante y el cocinero, nadie advirtió que no se trataba de Tricholoma portentosum sino de una especie tóxica similar.

Episodio 24 : ¿Una persona? Una intoxicación en Granada por consumo de Tricholoma portentosum y algo que podría ser
T. focale. Síntomas gastrointestinales al parecer leves.

Episodio 25 : Un hombre de 70 años y su hijo de 31 años a los que las setas gastaron, tal vez una inocentada. Acudieron a urgencias del Hospital Vall d’Hebron el 28 de diciembre. Refieren haber comido setas recolectadas por ellos (níscalos) los días 26 y 27, ambos días para comer a mediodía. Con tratamiento conservador (dieta blanda y de protección gástrica) mejoraron de forma rápida y se les dio de alta. Se envió una muestra de orina del hijo al Clínico: amatoxinas negativas. Lactarius acres.

Episodio 26 : En noviembre , leve de tipo gastrointestinal, seta desconocida , localidad: La Cellera de Ter (Girona).
Ler máis...

Morre un home logo de consumir Lepiota subincarnata, catro persoas máis hospitalizadas

Lepiota brunneoincarnata, cortesía da Asociación Micolóxica Errotari
O home de Mataró, ingresado no Hospital Clinic de Barcelona, morreu este venres 18 de consumir exemplares de Lepiota subincarnata atopados nunha rotonda da vila. Catro persoas máis están tamén ingresadas polo consumo de Lepiota brunneoincarnata en Cataluña, aínda que evolucionan favorablemente dos síntomas. Os intoxicados son un pai e fillo de Mataró (o pai de 73 anos é o falecido), un hombe maior de Girona e un matrimonio de Begues. Unha sexta intoxicación tamén polo consumo do mesmo cogomelo se suma a estas cinco en Huesca.

 As lepiotas brunneoincarnata e subincarnata, moi parecidas, crecen en lugares herbosos, beiras de camiños, parques e xardíns. O seu pequeno tamano (ata 5m) fai difícil a confusión con macrolepiotas, pero xa sabedes que de todo hai na viña do señor e a confianza nesto dos cogomelos é moi mala conselleira. É maís sinxelo confundilo con algún agaricus de pequeno tamano ou con algunha especie do xénero tricholoma comestible, como Tricholoma atrosquamosum . Por iso hai que ser moi coidadoso á hora de recolectar especies destes xéneros e, ante a menor dúbida, rexeitalos. Ide ó seguro.

A intoxicación por estes cogomelos, de suave e afroitado arrecendo (e que lembra á mandarina, o cal pode facelo apetitoso nas nosas mans) presenta moitas similitudes ca de Amanita phalloides ca que comparten toxinas, en concreto amatoxinas: vómitos, diarreas ó comenzo, para logo rematar afectando ó fígado e riles puidendo chegar incluso a darse un fallo multiorgánico. Non é ningunha carallada, trátase dunha intoxicación moi grave.

Aquí en Galicia non son cogomelos moi comúns, pero habelos hailos, así que avisados estades. Non nos cansaremos de dicir, e non será porque este ano non o repetiramos media ducia de veces, que hai que ter moito coidado con coller "macrolepiotas" demasiado pequenas, que é un xénero con moitas similitudes entre as distintas especies, que hai que examinar ben os exemplares recolectados, idem cos agaricus... A ver se agora, con un pouco de medo no corpo, lle prestamos algo máis de atención ó que recollemos e nos facemos cun bo manual para que nos bote unha man, ou millor aínda, ter de man alguén que de verdade sepa do que fala cando o tema son os cogomelos.

Impresionante que a estas alturas a xente todavía non sexa consciente do perigo que entrana recoller cogomelos con demasiada "alegría".

E lembrade o dito: "Tódolos cogomelos son comestibles... a lo menos unha vez". Ler máis...

Cogomelos a través dos ollos dos nenos

Hay pouco que tiven a gran fortuna sorte de impartir unhas charlas no Ceip de Pedrouzos, en Brión a un grupo de nenos de entre seis e oito anos convidado polos seus profesores. Confésovos que ás veces para min é moito máis refrescante que falar para adultos é tratar con nenos, non só polo divertido das súas preguntas, senon porque non teñen medo a facelas e porque a súa curiosidade non ten límites.

O caso é que o pasei francamente ben e creo que fun quen de disfrutar tanto con eles como eles disfrutaron cos cogomelos. Espero de verdade ser o culpable de que nun futuro saia de Brión algún micólogo/a que con algo de sorte se lembre de aquel mozo de Ribeira que cando nenos lles foi falar de fungos e os seus cogomelos. Madeira había.


O que sí e seguro que eu non me vou a olvidar deles. Tampouco das tres nenas que, cando xa me ia marchar, se me achegaron e me regalaron cada unha un debuxo, a súa visión con ollos de neno do Reino Fungi que tanta ilusión me fixo. Elas mos regalarona min, e eu o quero compartir agora con todos vos. De Antía, Alissa e Diana, ahí quedan estas obras de arte micolóxico. Graciñas rapazas.

Dende aquí non quero despedirme sen agradecer tanto ós profesores, como ó persoal do Ceip de Pedrouzos polo trato recibido e como non, ós nenos, protagonistas desta historia. Sodes caralludos, mira que me fixestes rir, e iso cos tempos que corren, é todo un luxo. Unha forte aperta a todos. Ler máis...

O cogomelo dos ourizos

Sinónimo: Rutstroemia echinophila
Lanzia echinophila, fotografía de Xose María Costa Lago
Existen cogomelos que escollen os lugares máis inverosímiles como o seu fogar. Uns, moito máis esixentes e específicos que oitros, coma no caso de hoxe, feito ademáis que pode resultar ser un importante dato a ter en conta á hora da identificación, precisamente pola rareza do seu hábitat. Pensade que os hábitats específicos reducen moitísimo a lista de cogomelos candidatos para contrastar co noso especímen. 

Lanzia echinophila escolleu como lugar no que desenvolverse os ourizos das castañas. Nalgún momento da súa evolución, farto por pelexar por un anaco de ramiña ou toco de árbore no que medrar, se dixo: "¡qué carallo!, os ourizos das catañas están moito menos masificados, imos para alá". Este particular hábitat, xunto co seu pequeno tamaño, fan que non sexa un cogomelo moi sinxelo de avistar se non o buscamos activamente... e aínda así. De feito, as imaxes que hoxe ilustran o artigo, teñen algo de historia que contar ó respecto. A primeira delas, fermosísima de Xosé María Costa Lago,  tivo ocasión de vela o noso socio Anxo Vela Ces nunha charla este outono do primeiro. A Costa habialle costado o seu tempo atopar o cogomelo e tomar esta fotografía e a mostraba, como non podía ser menos vendo o resultado, encantado. Uns días despois un chaparrón do demo pillaba ó noso socio no medio do monte e o obrigaba a refuxiarse baixo... exacto, un castiñeiro. ¿E adiviñades que atopou Anxo mentres facía tempo para que escampase? Pois iso mesmo. Os cogomelos son caprichosos ata para mostrarse a quen os busca. Pero deixemos as historias de improbables coincidencias e disfrutemos das imaxes destes dous amigos e da descripción deste cogomelo habitante miúdo baixo as sombras dos castiñeiros. ¿Nos acompañades? ¡Imos aló!

DESCRIPCIÓN

Corpo frutífero: 2-8 mm de diámetro. Hemisférico, despois cupuliforme coa cara interna, himenio, lisa, de cor parda canela ou parda escura, mate, coa marxe un pouco máis clara e algo denticulada. Cara externa concolor ou algo máis clara. Pé curto da mesma cor e máis escuro na base.

Fotografía do socio Anxo Vela Ces
Hábitat: Ten un hábitat moi específico, pois sempre crece no interior (maticemos, é máis sinxelo que medre no interior pois está libre de espiñas, pero pode perfectamente aparecer na cara exterior se está libre de elas ou hai espacio como se aprecia nas dúas imaxes) dos ourizos secos das castañas de Castanea sativa (de castiñeiros, vamos). Aparecen sobre ourizos podres do ano anterior, aínda que tamén atopamos tamén referencias a exemplares atopados nas propias castañas, como nesta bela imaxe aquí, aínda que podería tratarse dalgunha especie próxima (investigaremos o tema). En pequenos grupos. Fináis de verán e outono, moi común, que non é o mismo que sinxelo de atopar.

Observacións: O xénero rutstroemia é un xénero cun número alto de especies todas elas saprófitas. Frutifican sobre restos vexetáis, escamas ou envolturas de froitos, pecíolos de follas eou restos de madeira. Debido ó altamente específico do hábitat, non debería haber lugar a confusión de ningún tipo.

Agora xa tedes un pequeno reto máis que engadir á vosa lista particular de pequenos retos micolóxicos. ¿Seredes quen de atopar a Lanzia echinophila? O tempo, uns cantos pinchazos nas mans e o bo ollo daranvos a resposta...
  Ler máis...

¿Cal é o pistoleiro cas esporas máis rápidas do Reino fungi?



Xa iba tocando algún video. Nesta ocasión temos que agradecer o "chivatazo" a Óscar Requejo, que foi quen nos enviou o sorprendentedocumento que ides a ver. 

O protagonista do video é, como non podía ser doutra maneira, un fungo e os seus cogomelos, ou un xénero de fungos máis ben: Pilobolus. Estos minúsculos cogomelos (2-5 mm) medran nos excrementos de distintos herbívoros e, de xeito parecido ó recentemente visto neste blog Cyathus striatus, presentan unha adaptación evolutiva para a dispersión das súas esporas que fan dos seus cogomelos os "lanzadores" máis rápidos da Terra. Si, si, da Terra.

Imos a comentar brevemente como funciona o ciclo reproductor deste cogomelo para poñernos en situación. Como veredes no video, pilobolus ten un longo pé fiamentoso cunha ampola no extremo que á súa vez presenta o esporanxio (saquiño que contén as esporas) no ápice, ca forma dunha pequena lentella oscura. A medida que o cogomelo madura, a "ampola" se vai enchendo de auga, aumentando a presión nesta, ata que finalmente o esporanxio sae despedido debido á presión liberada ó ceder a ampola. É neste momento cando este cogomelo se revela coma o perfecto lanzador dun equipo de baseball. Agora, co esporanxio lanzado ben lonxe da bosta entre a herba, só queda esperar que oitro animal consuma as esporas, que pasarán indemnes polo tracto dixestivo do animal para volver a ver a luz nos excrementos no seu momento. E volta a comezar.

O video pertence a unha serie documental da BBC de tres episodios chamada "Richard Hammond´s Invisible Worlds" (Os mundos invisibles de Richard Hammond) e na que o seu presentador nos achega a aspectos da natureza que pasan desapercibidos ó ollo humano utilizando para iso as últimas tecnoloxías en cámaras de alta velocidade, de infravermellos ou ultravioleta para amosarnos as marabillas que nos estamos a perder. Pois ben, no video, desafortunadamente sen subtitular aínda que non será problema, o que nos vai amosar desta vez Richard é a través dunha cámara de alta velocidade o lanzamento dos esporanxios de pilobolus. Para observalo ben, teremos que relentizar o proceso 10.000 veces, xa que a aceleración do esporanxio ó sair despedido e de unhas 20.0000 Gs, pasando de 0 a 20 millas por hora en apenas duas millonésimas de segundo. Tede en conta que os máis experimentados e entrenados pilotos de caza poden chegar a soportar preto das 10 Gs durante uns segundos antes de desmaiarse. A aceleración do esporanxio deste cogomelo é simplemente brutal.

Pero todo ten un porqué. Na súa escala de tamaño e peso, o aire se torna nun densísimo fluido que o cogomelo necesita atravesar para alonxarse o máximo posible do bosteiro e así aumentar as probabilidades de que oitro animal consuma as súas esporas. Ata dous metros pode chegar a lanzar o pequeno pilobolus o seu esporanxio.

E non acaban aquí as curiosidades deste fungo, non vaiades a pensar. Falamos antes de pilotos, e pilotos precisamente é o que en ocasións levan os esporanxios de pilobolus; ou máis ben pasaxeiros deberiamos dicir. Resulta que as larvas dalgúns nemátodos parásitos de herbívoros se suben ós esporanxios co fin de utilizar este medio de transporte como vehículo para tamén chegar eles ó tracto dixestivo dos seus anfitrións ó ser consumidos estes xunto co esporanxio polos animáis.

Seguro que a partir de agora mirades as bostas dunha maneira diferente porque... ¿quén nos iba a dicir que o lanzador máis rápido da Terra vive nun monte de merda? Pois así é, e así volo contamos.

Ler máis...

XIV Xornadas Micolóxicas en Bueu


¡Non se vaian todavía, que aínda hai máis! Non se acaban as actividades en Galicia agora que o tempo nos trae máis e máis variados cogomelos. A Asociación Micolóxico Naturalista Liboreiro de Bueu nos ofrece dende este martes 22 de novembro e ata o venres 25 un ciclo de charlas cos cogomelos como protagonistas e que terán lugar no Centro Social do Mar de Bueu nesas datas a partir das 20:00.

O menú deste ano ven así de interesante:
  • Día Martes 22: "Monumentos arbóreos da terra galega. Historia, cultura e natureza" (Carlos Rodríguez Dacal, botánico)

  • Día Mércores 23: "Iniciación á micoloxía: Características macroscópicas dos cogomelos" (Alejandro Mínguez González, micólogo)

  • Día Xoves 24: "O xénero amanita" (Xosé Manuel Castro Marcote, presidente da Asociación Micolóxico Naturista Pan de Raposo)

  • Día Venres 25: "Os cogomelos e o seu hábitat" (Antonio Rigueiro Rodríguez, da Universidade de Santiago de Compostela)
Xa estades a tardar en pasarvos por Bueu, ¡este outono todavía queda moito que aprender! Vémonos por ahí, coma sempre, refungando polo baixiño... Ler máis...

III Xornadas de Micogastronomía + Exposición de Cogomelos dende Lugo

Os afecionados ás boas bandulladas de cogomelos están de noraboa. A Sociedade Micolóxica Lucus comeza mañá (días 11 e 12) as súas III Xornadas Micograstonómicas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo nas que o máis selecto fogoneiros do nosa terra expertos en cociña con cogomelos exporán ante a concurrencia os seus segredos, incribles e saborosas receitas e todo o que un debe saber á hora de preparar estes manxares na nosa cociña. Os micogastrónomos que este ano visitarán a cidade das murallas serán...
  • Carlos González Vidal (Restaurante España)
  • Conchi Zúñiga (do recomendabilísimo Blog Cocinando Setas)
  • José Luis Tomé Ortega (Asociación Micolóxica Brincabois de Pontevedra; ollo con este, que o coñecemos pois xa nos visitou, que ten unha paixón pola cociña micolóxica tal e unha capacidade de transmitir sabores e texturas ca palabra, que é capaz de poñer o auditorio a salivar coma cans; aquí de feito o fixo e todavía se lembra a experiencia...)
  • Julián Alonso Díaz (Asociación Micolóxica Lucus)
  • Jesús Blanco Rey (Docente de formación de cociña e asesor de empresas de hostelería e restauración)
Ollo que a asistencia é gratuita pero previa inscripción. Podedes poñervos en contacto ca Asociación Micolóxica Lucus en xornadas@smlucus.org ou no teléfono 676750812.

Así mesmo, o día 27 deste mesmo mes se celebrará tamén a X Exposición de Cogomelos, no colexio Rosalía de Castro. Tedes toda a información necesaria premendo na imaxe dos cartéis do acto qeu acompañan este artigo.

Así que xa sabedes, esta fin de semana, libretiña e a tomar nota en Lugo das formas máis sorprendetes e deliciosas de preparar cogomelos da man dos millores chefs micolóxicos.

¡Veña que ferven as potas! Ler máis...

VII Xornadas Micolóxicas en Ribeira esta fin de semana

Uf, ata cas nosas xornadas chegamos mal e arrastras. Hai varios motivos, entre eles este outono que non acaba de chegar e que levou a pensar en retrasar as xornadas este ano. Ó final, aquí estamos con janas de pitufar.

En fin, un ano máis a Asociación Micolóxica Refungando e a Asociación Cultural Altofalante unen forzas para levar adiante o programa micolóxico de este ano no que contaremos entre outras cousas ca sabiduría micolóxica de Óscar Requejo ("A familia phallaceae en Galicia") e Puri Lorenzo ("O Xénero agaricus").

Tedes todo o programa premendo na imaxe do cartel deste ano. Gustarianos que fose máis amplo, pero sen axudas de ningún tipo, de debaixo das pedras é difícil sacar os chícharos. A crise e todo iso. Que vos vou a contar.

Aínda así, que non sexa por falta de janas de pasalo ben cos cogomelos. Veña, xa estades arreando que é xerundio. ¡Vémonos refungando na Novena! Ler máis...

XXII Xeiras Micolóxicas de Adenco

Son tempos duros de moito traballo para aqueles que pertencemos a algunha asociación micolóxica ou, como no caso do Grupo Ecoloxista ADENCO (Asociación para a Defensa da Natureza do Condado), nos adicamos a organizar en outono eventos de este tipo. Comento esto porque das "triples" xornadas que se marcan os amigos, xa nos perdemos as de Ponteareas, pero estes días non damos para máis. Desculpas compañeiros.

Dito o cal, todavía estades a tempo de mergullaros no mundo dos fungos e disfrutar das xornadas micolóxicas que se celebrarán en Ponteareas o 4, 5 e 6 de novembro e das de Arbo o 11, 12 e 13 deste mesmo mes.

A continuación vos deixamos os programas das dúas xornadas que se celebrarán este mes; tan so tedes que premer na imaxe correspondente.

Ler máis...

VI Actividades Micolóxicas de Pontevedra

E seguimos con máis e máis actividades nun mes no que non ides ter excusa para non achegarvos xunto algunha das asociacións micolóxicas da nosa comunidade e participar nas súas charlas e actividades. Algunha vos cae preto, seguro.

Neste caso son os compañeiros de Brincabois en Pontevedra os que aportan o seu gran de micelio ó outono micolóxico galego. Ollo que este ano cambian de ubicación para as charlas, que se celebrarán no Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra.

Aínda que xa pasaron dúas das charlas, este ano aínda estades a tempo de escoitar a un servidor falando deste noso blog hoxe ás 20:30 e mañá á mesma hora ó Arzak galego dos cogomelos José Luis Tomé introducíndonos no mundo dos boletus e a cociña.

Podedes botar un ollo ó resto de activdades, incluindo saídas, exposición de cogomelos e demostración de cociña micolóxica premendo no cartel das xornadas que acompaña esta entrada.

¡Vémonos refungando en Pontevedra! Ler máis...

Xa nas librerías "500 setas del litoral atlántico y Noroeste Peninsular": O sucesor de "Cogomelos de Galicia"

Fotografía da portada: Coprinopsis erythrocephala (JMC Marcote)

Cando J.M. Castro Marcote me contaba hai uns meses que unha segunda parte do coñecidísimo manual micolóxico "Cogomelos de Galicia" se estaba a cociñar, me metía un bicho no corpo que non parou de roer ata que tiven o novo traballo dos rapaces de Cee nas mans.

Se algo lle podiamos pedir ó primeiro "Cogomelos de Galicia", por aquilo de que por pedir que non quede, eran máis cogomelos. Máis, máis raros e, se podía ser, con algun apoio de fotografía microscópica para axudar nas identificacións. Dito e feito, eiquí o temos fresquiño.

O novo manual, que os máis observadores haberedes notado non leva o orixinal nome de "Cogomelos de Galicia 2", senon "500 setas del litoral atlántico y noroeste peninsular" (dos autores J.M. Castro Marcote, M. Pose e J.M. Traba) nos ofrece o anteriormente comentado e máis. Ás novas 500 fichas de cogomelos, acompañadas das mesmas fantásticas fotografías que o seu predecesor, hai que sumarlle unha ampla e interesantísima introducción (no "lugar" da parte adicada á macroscopía do primeiro libro) na que Xosé María Costa Lago nos leva da man nun percorrido etnomicolóxico a través da historia, usos e abusos dos cogomelos ata os nosos días. Para que vos fagades unha idea do completo do aporte, ahí vai un listado dos contidos etnomicolóxicos do novo manual micolóxico:
  • Usos alimentarios (dos cogomelos, se entende)
  • Usos medicinales
  • Usos rituales
  • Utilidades de los poliporos
  • Utilidades de los gasteromycetes
¿Parece completiño? É completiño. Gran aporte o do amigo Costa o aperitivo etnomicolóxico ó que ven logo.

¿E de cogomelos como anda? Pois como ben di o título do libro, temos entre mans 500 cogomelos máis que están ben, moi ben, fotografiados e descritos, algúns deles con apuntes de microscopía na forma de fotografías das esporas ou das estructuras microscópicas máis relevantes para a súa identificación. Se inclúen ademáis moitas especies representativas do ecosistema dunar galego, xunto con oitras especies da nosa comunidade veciña, Asturias (hmm, fabaaaadaaaa...), características de bosques alí máis representados que na nosa comunidade coma son os faiais. Especial mención ós ascomicetos, cunha nutrida representación neste manual que farán as delicias dos amantes dalgúns dos cogomelos máis extravagantes, coma eu mesmo.

Por certo, o novo manual sae en castelán, ainda que hai plans para que en breve tamén o faga en galego. Para a reedición do primeiro "Cogomelos de Galicia", que se cotiza como ouro en pano, haberá que esperar ó ano que ven.

En resumo, imprescindible. Xunto con primeiro volume, temos 1000 cogomelos perfectamente fotografiados e descritos para axudarnos nas nosas identificacións. Xa estades a tardar para ter esta pequena xoia entre as mans, o cal é valido tanto para os que vivimos en Galicia, como para os que estades fora.

Noraboa ós autores polo gran traballo, ¡e que sexan moitos máis! Ler máis...

III Outono Micolóxico NEGREIRA 2011

A Asociación Micolóxica Sendeiriña de Negreira xa ten todo o micelio listo para as súas xornadas micolóxicas deste ano (e tanto, como que as súas actividades comezaban onte; desculpade o retraso rapaces).

Así que, amigos micófilos de Negreira e arredores, tomade boa e micolóxica nota das actividades que poderedes disfrutar este ano e procurade facer bo o dito: "Nunca te deitarás sen coñecer un cogomelo máis". ¡¡Marchando unha de programa micolóxico!!!

EXPOSICIÓN NAS CASETAS DO COTÓN:
Domingo día 23 de outubro.

Casetas do Pazo do Cotón de 11:00 a 14:00

EXPOSICIÓN NOS CENTROS EDUCATIVOS:
Luns día 24 de Outubro.

SAÍDA MICOLÓXICA.
Sábado día 22 de outubro. Saída de diante do quiosco de Negreira ás 9:30. Consultar máis saídas micolóxicas no blog da Asociación.

CONFERENCIA
Venres 4 de novembro. Julián Alonso: "Propiedades medicinais dos cogomelos".

CONFERENCIA

Xoves 10 de novembro. Jaime Blanco Dios: "Principais cogomelos comestibles e velenosos".

LUNS MICOLÓXICOS:
Luns 17 e 24 de outubro. Asesoramento e identificación de especies aberto ó público. De 20:00 a 21:00 no Local da Asociación, na Casa de Cultura de Negreira.

ACTUALIZACIÓN:
"Aínda que intentamos ser optimistas, a realidade manda, e a realidade é que todo está tan seco que é imposible que para o próximo domingo atopemos algo que expoñer.

Polo tanto ADÍANSE AS DÚAS EXPOSICIÓNS DE SENDEIRIÑA, previstas para o domingo 23 e o luns 24. E adíase tamén a saída do sábado 22.

As novas datas, para as que esperamos poder contar coa axuda das altas instancias metereolóxicas son os días 13 e 14 de novembro co mesmo horario e lugares. A saída para a preparación da exposición será polo tanto o 12 de novembro." Ler máis...

Outono micolóxico en Vilagarcía

Seuimos ca axenda micolóxica deste outono para deixarvos sen excusas para, xa que este outono non parece que vaia a ser moi xeneroso en cogomelos, que a lo menos aprendades algo máis de eles. E unha das millores opcións para os que vos podades achegar son as completas xornadas que organizan os amigos da Agrupación Micolóxica A Cantarela de Vilagarcía.

Sen dúbida eiquí atoparedes a oferta máis variada de actividades micolóxicas do panorama galego, nun extenso menú para tódolos gustos e nivéis e rematado coma sempre na praza da Peixería de Vilagarcía ca Festa dos cogomelos (este ano, na súa XX edición), onde poderedes disfrutar das creacións gastronómicas dos participantes do concurso de cociña micolóxica ó tempo que vos poñedes tibios cos pratos que os amigos de A Cantarela teñen preparados para quecer os corpos, todo isto, por suposto, regadado cuns bos viños para quecer as mentes. En Vilagarcía nada se deixa ó azar, que son moitos anos dando o callo.

Sen máis, ahí vos deixamos o programa (na esquerda premendo na imaxe, ou no texto continuación) para que vaiades dando unha idea de tooodo o que vos teñen preparados os rapaces de Vilagarcía, que nunca é pouco.¡Xente ás leiras!

OUTONO MICOLÓXICO 2011

-Día 9 de octubre
Saida en autobús: Silleda-Forcarei.

- Día 23
Saida en autobús: Baños de Molgas (Ourense).

- Día 5 de novembro
Saida ó campo a coller xogomelos para a exposición.

- Día 6 de novembro
12.00h - Apertura das seguientes exposicións

  • Cogomelos frescos, láminas, paneis, libros
  • XIII Concurso de Fotografía Micolóxica “Enrique Valdés Bermejo”
  • XII Concurso de Debuxo Escolar
  • Maquetas sobre a naturaleza e oc cogomelos.

Conferencias, 20.30h

- Día 7
Puri Lorenzo Castro, do Lab. de Micoloxía da Univ. de Vigo:
Bioloxía de los hongos.

- Día 8
Jaime Blanco Dios, Pres. de la Asoc. Mic. "Brincabois" de Pontevedra, Enx. Agrónomo:
Setas comestibles y tóxicas. Diferenciación.

- Día 9
Ricardo Torrijos Suárez, membro da Ag. Mic. "A Cantarela", cociñeiro da Festa dos Cogomelos:
Cocinando setas.

- Día 10
José M. Castro Marcote, Pres. de la Asoc. Mic. Nat. "Pan de Raposo" de Cee, Coautor do libro "Cogomelos de Galicia":
Ascomicetes

- Día 11
Saúl de la Peña Lastra, Tec. Sup. de Salud Ambiental, Ing. Tec. Forestal:
Setas de campo comercializables.

Polas mañás haberá charlas no Auditorio, os días 7 e 8, para os colexios que o soliciten, a nivel de 6º curso de Primaria.

- Día 19
20,00h. ENTREGA DE PREMIOS:
- Entrega de premios del XIII Concurso de Fotografía “Enrique Valdés Bermejo”
- Entrega de premios del XII Concurso de Debuxo Escolar.
- Entre de premios del III Concurso de Escaparates.
- Entrega de trofeos ós colexios participantes na construcción de maquetas.
- Proxección en powerpoint do Outono Micolóxico 2010 e Salidas de Primavera 2011

22,00h.- Cea Micolóxica e entrega de obsequios ós colaboradores.

- Día 27
XX FESTA DOS COGOMELOS, de 11,00 a 15,30 h.
Serviranse distintas preparacións de cogomelos, acompañadas de viño Albariño.
- XXVIII Concurso de Cociña.
- IX Exposición de Cestas de Outono.

NOTA
- Tódolos luns de novembro e decembro, excepto festivos, haberá un servicio de determinación de setas na sociedade Liceo Casino, de 19,00 a 20,30h.

Ler máis...

As apariencias enganan: Tylopilus felleus

Sinónimo: Boletus felleus
Galego: Madeirudo fel, cogordo margurento
Castelán: Boleto amargo, camaleón

Con motivo dunha máis que posible confusión ocorrida entre uns achegados na que se involucraba este cogomelo, decidimos adicarlle algo de tempo para coñecelo a fondo e evitar incómodas receitas culinarias este verán outono. O caso é que Tylopilus felleus (felleus deriva do termo latín fel, que significa bilis, e fai referencia ó seu delicado e inesquecible sabor), que pasa bastante desapercibido nos manuáis eclipsado polos seus familiares máis apreciados, é un firme candidato a confundirnos á hora de levar á tixola. Ollo, non hai perigo para a saúde ningún, pero ímoslle facer un fraco favor ás nosas papilas gustativas; palabra de neno Xesús.

Asi que, ¿quen non vai querer coñecer este boletal de sinxela confusión e gusto de difícil olvido?
Veña, pasade, pode que hoxe tamén vos descubrades por qué aquel día que esperabades pegarvos unha boa homenaxe micolóxica os boletos sabían misteriosamente a raios e tronos...


DESCRIPCIÓN

Sombreiro: 5-12 cm de diámetro. Ó principio hemisférico, máis tarde convexo e por último estendido. Pardo agrisado máis ou menos escuro. Cutícula moi difícil de separar, aveludada ó envellecer, seca ou moi pouco viscosa. Marxe incurvada, excedente, grosa e sinuosa.

Tubos: Adherentes, longos, branco agrisados ó principio e rosados coa idade pola maduración das esporas (ollo a isto, é unha clave importante para evitar confusións). Poros pequenos, redondos e angulosos na madurez, da mesma cor que os tubos pero volvéndose marróns ó friccionamento ou á presión. A coloración dos tubos, casi impercetible de novo, será de gran axuda na súa identificación. Na imaxe da dereita se aprecia perfectamente esta sutil coloración que non aparece en ningún dos boletos comestibles máis buscados.

Pé: 7-14 x 2-4 cm. Cilíndrico, a miúdo longo, bulboso, abrancazado cara ó ápice e negrexando cara á base. Retículo groso, evidente e de cor marrón que negrexa xoa idade. Cando é xoven, o característico retículo oscuro non o é tanto e podería facilmente pensarse que está algo manchado; esto, unido ó marcado do retículo pode levarnos a pensar nun Boletus reticulatus se non observamos ben outros caracteres como os tubos. Nas imaxes da esquerda e arriba podedes observar este retículo con detalle.

Carne: Espesa, abrancazada e inmutable ó corte. Olor débil e sabor moi amargo. ¿Dixen moi amargo? É realmente incomestible.

Hábitat: En bosques de coníferas e ocasionalmente baixo frondosas. Primavera e outono. En solitario ou gregario. Raro. Os exemplares do artigo foron atopados baixo sobreiras, e na zona do Barbanza soe aparecer a fináis do verán, principios de outono.

Observacións: O xénero tylopilus conta con tan só unha especie en Europa, a aquí descrita. A necesidade de coñecer ben este cogomelo estriba na a facilidade con que se presta a confusións, sobre todo cando novo, con outros exemplares da familia boletaceae pertencentes, sobre todo, á especie Boletus reticulatus (tamén coñecido como Boletus aestivalis). Tamén podería confundirse con algún exemplar de Boletus edulis, a ollos de alguén con poucos coñecementos, pero o evidente retículo e a coloración do sombreiro sempre farán moito máis sinxela a confusión con reticulatus.

¿Cales son as claves para a súa identificación? Pois tan so fai falla fixarse un pouco, pero dúas principalmente como xa vimos na descripción: o escuro retículo ben marcado e as tonalidades rosadas de tubos e poros. Se nos exemplares que vos atopedes atopades estas dúas características, non debería haber fallo. Lembremos que nos boletos que poderiamos confundir con esta especie, os tubos e poros amarelecen ca idade. Iso si, estos dous caracteres son moito menos acentuados cando o cogomelo é novo, e ahí si e moi fácil confundirse. De todas formas, un pequeno anaco da súa carne na boca sacaranos de dúbidas.

Se logo de todo isto, este cogomelo chega igualmente á vosa cociña, no vos preocupedes. Ídesvos dar conta rapidiño. Dificilmente pasaredes do primeiro bocado...

Bueno, e agora... ¿chove este outono ou qué?
Ler máis...

O xogo dos parecidos razoables

Xa que este outono non parece chegar e o verán non parece quererse ir, e que ata o de agora a tempada nos trouxo máis ben poucas alegrías despois dun prometedor arranque, imos ver se sacamos un par de sorrisos a costa dos cogomelos e graciñas a ó humor do debuxante Alberto Montt. Humor fino, fino. Hala, rapaces, a escachar...

Ler máis...

A punto de caramelo as XXVI Xornadas Micolóxicas de Celanova

Xa ferve o micelio na ourensá Celanova anta a inminencia das veteranas xornadas que celebrarán este mes na vila e que non podían faltar á cita cos cogomelos á que acude puntual cada ano.

Este mes, do 24 ó 30 de outubro, a Asociación Micolóxica Cogomelos de Celanova nos trae dentro das súas XXVI xornadas (case nada) un amplo abanico de actividades relacionadas cos noso amigos os fungos e os seus froitos.

Un percorrido polo mundo dos fungos que comezará cunha serie de charlas os días 24, 25, 26 e 27 (na Aula da Cultura de Caixa Galicia en Celanova), pasando pola visita guiada á explotación de cogomelos de Pan do Demo o día 28, para rematar a faena o 29 cunha saída guiada ó monte, exposición de cogomelos e degustación culinaria no restauratnte a Torre (20 € por persoa, ver menú facendo click na imaxe máis abaixo).

Toda a información das charlas, poñentes e horarios que necesitades para ir facendo sitio nas vosas axendas, ó voso alcance premendo na imaxe que podedes ver na dereita.

Non vos queixaredes da oferta micolóxica, tanto por calidade como por variedade, así que limpade cestas, afiade navallas e enlucide as botas. ¡Hai moito que aprender en Celanova! Ler máis...
Related Posts with Thumbnails