Tres14: Programa adicado ós fungos

O pasado 5 de decembro o programa divulgativo de segunda cadea de TVE, Tres14, lle adicaba os seus contido ó mundo dos fungos. Para aqueles que non nos enteramos, afortunadamente, internet nos da unha segunda oportunidade e dende aquí queremos facervos partícipes dela. O programa dura media horiña, durante a cal se tocan tódolos paus deste mundo (demasiado por riba para o noso gusto, pero media hora é media hora): etnomicoloxía, comestibilidade, propiedades gastronómicas, investigación, usos médicos, etc... Esta ultra-compresión en media hora fai que algunhas das afirmacións do programa non sexan todo o rigurosas que poderían, ou non estean de todo ben expostas(esa explicación do miceliooooo) pero é un video moi interesante para neófitos no que se tratan ademáis moitos temas que xa puidemos ver aquí en máis profundidade.

Non son frecuentes este tipo de programas na televisión, por algún motivo que se nos escapa parece que ver unha e oitra (e mil máis) veces a un león atrapar unha gacela thompson ten máis interese que o aburrido Reino Fungi (seguramente se os cogomelos perseguiran á xente polo monte coma os leóns disfrutariamos de máis documentáis sobre o tema) así que aproveitade o que hai, que é ben pouco. Facede click na imaxe ou AQUÍ para ver o programa.

Por certo, moitas imaxes do programa está fusiladas do documental "Know your mushrooms", que podedes atopar se rabuñades un pouco en internet e do que falaremos noitra ocasión.

P.D: Non vos perdades o video da Macrolepiota que usan de fondo mentres falan das características nutricionáis dos fungos, porque está a esporar e se aprecia moi ben!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails