Amanita phalloides en ·3D

Amanita phalloides... unha vez máis. Xa levavan tempo os amigos da Fungipedia sen amosarnos outro dos seu didácticos cogomelos en 3D e, desta vez, o cogomelo escollido non pode ser máis adecuado.

Ca chea de intoxicacións que este outono houbo por consumo deste cogomelo, non estrá de máis botar unha ollada ó modelo interactivo en 3D que desta vez se traballaron en Funguipedia, impecable coma sempre.

Collede o voso manual de campo preferido, botade un ollo á descripción, e tentade ver todas as características comentadas no modelo en 3D. Unha forma de practicar vocabulario micolóxico e quedarvos ca descripcción de este cogomelo imprescindible de recoñecer a tres leguas.

Só un pequeno comentario máis. O anel que se ve neste exemplar está pasado, por iso se ve con ese aspecto e cor. Nun exemplar máis novo, o anel é branco, membranoso e fráxil, ainda que persistente.

Lembrade que tedes que ter instalado o entorno de Java para poder correr a aplicación interactiva dende a súa páxina web; agora xa podedes facer click AQUÍ para fedellar nela o que gustedes...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails