Unha vez máis o catálogo de fungos coñecidos se ve ampliado co descobremento dunha nova especie do perigoso xénero Cortinarius. Así se sucederon os acontecementosa e así volo contamos en Refungando, pelo arriba, pelo abaixo...
Este verán aparecía a nova: unha muller de Michigan (EEUU) de 53 anos tivo que ser ingresada no hospital a consecuencia do consumo de cogomelos. Tres días despois da inxesta, a afecionada amosou trastornos gastrointestinais e, nove días despois, os seus riles dixeron "ata aquí chegamos": tuvo que ser ingresada para facerlle unha hemodiálisis. A paciente presentaba os síntomas típicos do "síndrome orellánico", producido por algúns cortinarius que conteñen orellanina, un veleno mortal.
Un dos cogomelos responsables da intoxicación foi sometido a un estudo de ADN, cuio resultado desvelou que a especie era moi próxima a Cortinarius orellanus (na imaxe; non hai dispoñibles fotografías da nova especie), pero diferente. Os autores do estudo nomearon este novo cogomelo como C. orelslanosus.
En canto teñamos máis información e imaxes do novo cogomelo, actualizaremos a entrada. E moito coidado cos cortinarius, un xénero doado de recoñecer porque o velo parcial, que noitros cogomelos forma o anel, neste xénero forma unha especie de cortina que lembra unha tea de araña, cubrindo as lamelas ó principio e máis tarde o pé. E en Galicia, habelos hailos.
Novo cogomelo atopado en Michigan: Cortinarius orelslanosus
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario