Iniciación á Micoloxía en Zarracos da man de Alejandro Mínguez

Os afecionados, ou futuros afecionados, teñen este día 12 de novembro ás 20:00 unha cita cos cogomelos en Zarracos, concello de A Merca (Ourense). Alejandro Mínguez será o encargado nesta charla-coloquio de achegar o Reino Fungui a aqueles que se deixen caer por este fermoso paraxe da nosa xeografía.

A charla ten caracter iniciático e se centrará nas especies de cogomelos máis abundantes e característicos da zona da Merca. Unha interesante cita para neófitos na que se cumplirá unha vez máis o dito "non te acostarás sen saber unha cousa máis".

¡Non diredes que non vos avisamos! Este tipo de conferencias son unha oportunidade que non debedes deixar pasar se queredes iniciarvos no mundo da micoloxía máis alá do arramble sistemático de níscalos e boletos en cantidades industriais. Facendo click no cartel da esquerda tedes máis información sobre esta actividade.

Estade atentos estes días, pois seguiremos informando de canta actividade micolóxica se celebre na nosa comunidade; coma sempre, Refungando...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails