A Costa da Morte se enche de vida cas súas X Xornadas Micolóxicas

As X Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte xa están quecendo motores. Xa cheira a Clathrus archeri. Os días 31 de outubro e 1 de novembro teredes oitra oportunidade máis, e xa van unhas cantas, de empaparvos de saber micolóxico da man dos membros da Asociación Micolóxica Pan de Raposo en Cee (as conferencias celebraranse no edificio da Escola de Música).

Este ano se van a a tocar dous grupos de cogomelos ben diferentes e menos frecuentemente protagonistas de charlas, sobre todo iniciáticas, de cogomelos: os gasteromicetos (grupo que contén os archicoñecidos e incomprendidos peidos de lobo) e os ascomicetos (para que vos fagades unha idea, aquí se atopan xéneros tan interesantes coma o cordyceps, helvella, morchella ou peziza).

A exposición que montan os amigos de Cee tamén promete ser algo espectacular e memorable, según nos aseguran fontes fidedignas. Comprobarémolo cos nosos propios ollos.

Para información máis detaiada de tódas as actividades programadas e horarios, vos deixamos a continuación o programa destas xornadas, facede click na imaxe da dereita para agrandala.

Xa tedes oitra cita ineludibele na axenda micolóxica deste outono... e non será a última. Mañá, máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails