Lingua de ovella moura, Sarcodon imbricatus


Galego: lingua de ovella moura, seta flor
Castelán: piel de corzo
Sinónimo: Hydnum imbricatum


Xa chegou o outono!! Ahora si, afilade a navalla, sacade a brúxula, preparade as botas, remendade pantalóns, limpade esa cesta que está dende o ano pasado no faiado, cargade a batería da cámara e cambiade a roupa interior que é festa. Hai que estar equipado co petate completo. Caen as follas e chove a reo... ó fin. Así que hoxe imos a ir con algo doadiño. Con este cogomelo de aspecto de non afeitarse nuha semana, imos a coñecer un dos fungos máis doados de atopar nos nosos montes, sobre todo preto da nosa costa, onde o seu hábitat, os piñeirais, é abundante. Se saides este outono ós cogomelos, seguro que habedes de atopar con algúns de estos exemplares, de bo tamano, case sempre en grupo numeroso, ás veces formando corros de bruxas, e moi chamativos pola súa "pelaxe" parda oscura que lle valen o descriptivo nome vulgar en castelán de "piel de corzo".

Este cogomelo ten tamén algunha oitra peculiaridade: o seu himenio non está composto nin por lamelas, nin por tubos (coma os do xénero Boletus), se non por unha sorte de aguillóns que van ser onde se produzan as esporas. Este diseño, esta solución adoptada por algúns fungos, non é tan abundante coma as lamelas ou tubos, pero ó longo da nosa relación co Reino Fungi acabaremos atopando con unhas cantas especies que os posúan. Así pois, imos meternos con un cogomelo con aguillóns que non destaca pola súa calidade gastronómica, se non máis ben pola súa abundancia nos nosos montes e que é bastante doado de recoñecer para os que comezades nesto da micoloxía. Estades na vosa casa, tomade asento e poñédevos cómodos, porque imos coñecer unha nova especie, Sarcodon imbricatus (fai click abaixo en ler máis)...


DESCRIPCIÓN
Sombreiro: 5-20 cm de diámetro por 2-3 cm de espesor. Primeiro convexo, máis tarde aplanado e moitas veces fundido no centro. Superficie densamente cuberta por escamas de disposición concéntrica e coa beira levantada. Cor gris parda que vólvese parda moura coa idade (a tonalidade da coloración varía moito coa humidade, volvéndose moito máis escura canto máis enchoupado está o sombreiro). Marxe encurvada, exedente e algo ondulada. Cutícula doadamente separable. No exemplar da imaxe da esquerda podedes ver o debuxo característico das grandes escamas que lle dan o aspecto dunha flor, e que tamén lle da nome.

Himenio: Formado por aguillóns doadamente separables, moi xuntos e decorrentes. Cor abrancazada de novo e ó madurar gris parda. Se facedes click na imaxe da dereita podedes ver perfectamente a trama de aguillóns do himenio deste exemplar, que non todo van a ser lamelas ou tubos.

Pé: 4-8 cm de alto por 1-3 cm de espesor. Central, macizo, curto e groso. De cor gris coa base gris parda e algo máis clara que o sombreiro.

Carne: Firme, tenaz, de cor branca sucia ou parda pálida. Olor lixeiramente aromáico, desagradable nos exemplares maduros e sabor amargo.

Hábitat: Crece en bosques de coníferas en grandes grupos, cas que forma micorrizas. Outono, moi frecuente e abundante. Para que vexades o apiñados e numerosos que poden chegar a aparecer, esta imaxe da esquerda pertence ó corro de bruxas que puidestes observar no anterior artigo, "O misterios dos corros de bruxa". Na imaxe se observa perfectamente a liña de cogomelos na que se pelexan polo sitio gran cantidade de exemplares.

Observacións: Sobre a súa comestibilidade hay ben que dicir. Dende logo non é tóxico nin moito menos. A cuestión é máis ben de sabor e, ainda que segundo as fontes as calificacións como comestible van entre malo e bo, no que todos coinciden e que son os exemplares máis novos os que habemos de recoller, pois os máis maduros teñen unha carne de cheiro demasiado desagradable e remarcado amargor, característico desta especie. Moi adecuado para secar e conservar en vinagre ou aceite, sempre coa precaución de retirar aguillóns e cutícula. Se di que o sabor millora co secado e perde amargor.

Podería confundirse con Sarcodon scabrosum, de olor fariñento, a base do pé vólvese azul verdosa e medra sempre en bosques de frondosas. Se temos en conta estes detalles, non debería haber confusións, sobre todo se nos fixamos ben na coloración da base do pé.

Ata aquí por hoxe. Eso, si, moralexa: lembrade, sempre para a identificación haberemos de sacar o exemplar completo; como vedes neste caso, pode conter importatísima informacion para a súa identificación. Nos despedimos de vos mentres pola ventana a chuvia cae incesante, o vento zoa e os loureiros se axitan como un bakaladeiro de festa ás sete da mañá. Un tempo cojonudo.

¡Vémonos pronto!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails