Novo aporte á bibliografía micolóxica galega: "Nove ducias de cogomelos de Ourense"

Este 14 de xuño se presentaba en Ourense unha nova achega ó mundo da micoloxía galega da man dos celanoveses Ricardo Mínguez Abajo e Alejandro Mínguez González, pai e fillo respectivamente, dúas xeracións de micólogos galegos que comparten, aparte de xenes, a súa paixón polo mundo dos cogomelos e absolutamente todo o que o rodea.

¿Por qué "Nove ducias..."? Millor que os mesmos autores no lo conten neste extracto do prólogo do libro que ven a continuación. Que falen...

"Existen miles de especies e todos os anos aparecen novas variedades. Por situarnos nun territorio concreto, como é Ourense, consideramos oportuno empregar unha denominación de ampla tradición e arraigo popular, como é o emprego de ducias para referirse a cantidades. Nesta liña, decidimos recorrer á numeroloxía ofrecense estas nove ducias, é dicir, os cento oito cogomelos que consideramos máis frecuentes e interesantes da nosa terra. Non obstante, somos conscientes de que son moitos máis os que podemos atopar con facilidade nos montes, nos campos, nas fragas e en todos os hábitats que imos ir percorrendo no noso periplo por este reino á parte da natureza."

Así pois... ¿qué nos podemos atopar? Os autores dan un repaso á historia da micoloxía ourensá dos últimos lustros, nos describen hábitats e nos dan uns apuntes, acompañados de fermosas ilustracións, de macroscopía, sentando unhas bases para a identificación de cogomelos que todo afecionado debería ter. Despois, 108 fichas con detaiadas descripcións e curiosidades, completan este perfecto manual de campo para o iniciado, acompañado de fermosas e representativas imaxes de cada especie, facendo hincapé nos cogomelos máis coñecidos ou interesantes. Para rematar, algunhas suxerencias culinarias na forma de receitas, das que xa nos apuntamos a "Sopa de Marasmius oreades", da que temos oido marabillas.

NOTA PARA ASOCIACIÓNS: Nos informan os autores de que a Diputación de Ourense porá a disposición das asociacións micolóxicas un exemplar gratuito, así que si queredes, podedes solicitar un exemplar ata fin de existencias dirixíndovos por escrito ó Servicio de Publicacións da Deputacion de Ourense, Progreso 38, CP 32002, Ourense e dirixilo á atención de Ana Malingre. ¿A qué esperades? ¡Nós xa o temos encargado!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails