Etnomicoloxía galega da man de Cristovo Ruiz Leivas

Coñecemos á etnomicoloxía como a rama de estudo que se ocupa de investigar as relacións das distintas culturas ó longo do tempo co mundo dos fungos e os cogomelos. Para isto podemos botar man da lingua e as manifestacións propias desta relacionadas con este mundo, as representacións artísticas, lendas, uso tradicionais dos cogomelos, etc. O autor do estudo que hoxe presentamos fixo unha exhaustiva inmersión na pobre (comparada con outras rexións) cultura micolóxica galega para recopilar gran cantidade de vellos ditos, refráns, nomes e saberes populares que compilou neste traballo que hoxe vos presentamos por cortesía de Don Cristovo en Refungando.

Cristovo Ruiz Leivas é un veterán micólogo galego afincado en Valdeorras con moito monte nos pés que nos respostaba así cando lle pedimos permiso para publicar o seu traballo: "Espalla boa semente, e nunca lle poñas cancelas."

Pois a iso imos, a espallar un traballo que recolle a esencia do saber micolóxico popular galego, cheo de curiosidades e pequenos "trucos"... se sabemos ler entre liñas nos antigos ditos. Non vos podedes perder este traballo que tamén podedes descargar en pdf dende aquí.

Fai click abaixo en ler máis para botar un ollo, ou dous...


Nota: dende a elaboración deste traballo, realizado a principios dos noventa, moitos nomes dos cogomelos cambiaron, sen embargo non debería haber ningún problema en atopalos novos, botando man, por exemplo, do Index fungorum.

Cadernos de Fraseoloxía Galega 4,2002,363-379

Fraseoloxía e terminoloxía dos cogomelos


Cristovo Ruiz Leivas Juan-A. Eiroa García-Garabal


I Juan-A. Eiroa García-Garabal é autor unicamente deste primeiro apartado de introdución: o groso do traballo (apartado 2.) é da autoría de Cristovo Ruíz Leivas.


1. Introdución

En España hai dúas zonas claramente micófagas (ou comedoras de fungos) que corresponden xeograficamente a Cataluña e o País Vasco. O resto do territorio é claramente micófobo (gran medo ós fungos) con pequenas excepcións. Galicia atopábase nestes últimos, aínda que nos derradeiros anos isto está a cambiar.


Cando nos preguntamos por que ese medo ancestral no noso país galego, tentamos explicalo con hipóteses para as que non temos documentación: sería o medo por ver veciños morrer ou enfermar e isto orixinaría desprezo e falta de interese. Ou quizais unha prohibición relixiosa fose a causante. De calquera maneira, nos últimos anos Galicia incorporouse claramente á cultura dos fungos ou cogomelos e, de non querer saber nada, na actualidade parece existir un verdadeiro descubrimento non só no coñecemento por parte do pobo senón tamén por aqueles que se dedican a cociñalos, que son os verdadeiros beneficiados deste fenómeno. É a etnomicoloxía, termo acuñado por Gordon Wasson, banqueiro de New York dos anos cincuenta casado cunha dona rusa, ciencia que busca as raíces do uso de todo tipo de fungos nas distintas culturas, e que en Galicia nos proporciona poucos datos.

Se se revisan os diccionarios mais antigos (e eu mirei tódalas entradas da edición do Diccionario de diccionarios de Antón Santamarina na súa edición de 2001, que xunta 17 publicados con máis de 222. 000 entradas) non se atopan senón folla e media de termos que teñan relación con cogomelos e moitos deles repítense nun e noutro. Case non hai nomes galegos de setas. Non obstante, os nomes galegos de plantas, árbores, etc. ocupan moitas páxinas e non hai ningunha que escape á súa denominación no país, teña ou non interese para comer ou usar como cura tivo ou noutra cousa.

Preguntei por moitos lugares da Galicia do interior e case só saben dicir que coñecían os fungos como pan de sapo, pan de culebra ou de cobra, pan de raposo e cando un pregunta se os comen, prodúcelles un evidente asombro e algunha muller aínda se persigna. Se isto o facemos na Galicia da costa, aínda menos: alí si que non dirán nin res. Por outra parte desde que no último tercio do século XIX empezaron a introducirse os eucaliptos, que producen unha menor fructificación de fungos, aínda peor.

Unicamente na metade sur da provincia de Ourense ofrecen algúns datos e aquí xa se poden atopar nomes de cogomelos con distintas variantes. Non sei se nesta parte da nosa terra puido ter influencia a proximidade de Castela, onde, a pesar de ser tamén en gran parte micofóbica, xa exisúa desde antes do XVII inxestión de dous fungos claramente coñecidos. Un, que recollian nos páramos na primavera e no outono, a seta de cardo (Pleurotus eringiJ); e outra, que apañaban na primavera nos prados das montañas, sobre todo nas provincias de León, Palencia e Burgos, que é a seta de San Xurxo (Calocybe gambosa).


Ademais, debeu ter algunha influencia desde a Idade Media o Camiño de Santiago, pois era natural que os peregrinos que viñan a Compostela trouxeran coñecementos tamén no tema que nos ocupa. Non hai máis que ve-lo libro Viaggio in Ponente a S. Giacomo di Galitia, e Finis Terrae, per Francia, e Spagna (1673) de Domenico Laffi [ Publicou a traducción galega Leandro García Bugarín no libro de GARRIDO, Gustavo A (ed.): Aventureiros e CUl10S0S. Relatos de viaxeiros esttanxeiros por Galicia. Séculos xv-xx (Galaxia, Vigo 1994). Tamén hai traducción castelá de Clemente Crespo Caamaño (Viaje a poniente / Domenico Laffi Bolonés. Sildavia, Santiago de Compostela 1991)], que nos conta no século XVII como na provincia de Burgos, ó pasa-los Montes de Oca, e na de León preto de Sahagún, colle uns fungos que logo lle preparan no mesón onde dormen, e di deles que eran grandes coma boinas, e estaban moi saborosos.

É lóxico pensar que a xente, vendo que estes estranxeiros os comian, matinase en por que non os ían comer eles. Aínda que Laffi non di que collera cogomelos en Galicia, era presumible pola época na que veu que os collese como fixera en Castela.


Neste último ano dedicouse o Día das Letras Galegas ó frade Martín Sarmiento, que aínda que naceu en Vilafranca do Bierzo, viviu os seus anos mozos na provincia de Pontevedra. Nel tamén se atopan dúas referencias ós fungos, que fan destacar quizais a súa micofobia, ó mellor tamén obtida na nosa Galicia. Sobre unha carta que lle envía ó Duque de Medina Sidonia preguntándolle sobre duns fungos que saían moi abondosos no Escorial, dille


"estoy firme en que jamás comeré hongos, setas y cáscaras de ajo, ni morilles [unha variedade de fungos que se chaman colmenillas] ni tampoco mousserones [é a seta de San Xurxo] aunque sean de primavera, aunque los guise Apicio el cocinero romano o Eschapi, el cocinero del Concilio de Trento."

Despois de todas estas consideracións, cando un atopa alguén que foi capaz de recoller refráns e nomes de fungos na comarca de Valdeorras, coa dificultade que isto ten en Galicia, é lóxico sentir unha gran ledicia, que é a que eu sinto hoxe ó escribir estas liñas a modo de prólogo da publicación desta achega que fai o meu bo amigo Cristovo, que doutra maneira se perderían.

Para terminar, e isto vai para aqueles que collen fungos para xantar ¡moito coidadiño! que a única maneira de coñecer se un fungo é bo ou non, é coñece-las súas características botánicas e, se non, preguntar a quen sabe un pouco disto, como son os membros das Asociacións micolóxicas, das que hoxe hai moitas por toda Galicia, e van conseguindo que se vaia perdendo o medo a estes marabillosos seres da natureza, hoxe incluídos nun reino aparte, o dos Fungi. Lembremos: tódolos fungos se poden xantar pero algúns unha vez nada máis.

2. Micoloxía do oriente ourensán. Valdeorras, Trives e O Bolo. 1982- 1994

Usarei as seguintes abreviaturas: na primeira columna Com (comestible) e ¿? (dubidosa); na segunda Tóx (tóxico), T (tóxico), M (mortal), ¿-? (dubidosa); X marca os cogomelos que, aínda sendo comestibles, poden ser perigosos ou que poden ser comestibles como ovos pero non cando xa están abertos; finalmente, na última columna, V (Valdeorras), T (Trives), B (O Bolo).

Com Tóx NOME CIENTÍFICO NOME GALEGO ZONA



Fungo
  • O amigo dos fungos, envita a comelos non a collelos.
  • Dun erro faise un enterro.
  • Recordar e saber hai que ter, se fungos queres comer.
  • Se fungos queres comer, prudencia e experiencia tes que ter.
  • Fungos que non has de coller, déixaos crecer.
  • Fungo bo, pronto deixa de selo.
  • Cando queiras comer fungos, acórdate dos difuntos.
  • O fungo que che mereza dúbida, rexeitalo sin atariñar.
  • Cos fungos, nin dudar nin acertar, o saber tenchos que aconsellar.
  • O peor do erro é o enterro.
  • Cando fales de fungos, fala dos malos e non terás pleitos cos aconsellados.
  • Falar pouco e mal, se de fungos tes que parolar/falar.
  • Fungos regalados, con discreción tiralos.
  • Se queres morrer, a cegas fungos coller. Non envites a fungos, a parentes nin
  • amigos.
  • Vale máis fungo perdido que comido.
  • Non lle des a gato a probar, o que a ti te pode envenenar.
  • Máis vale o medo que poño, que o conocemento que tes.
  • O que recolle sin sementar, de fungos hase fartar.
  • Fungo / cugumelo taniscado, o que o fixo non o conta por estar amortaxado.
  • Non hai fungo bon nin malo, todos os fixo Deus para o seu traballo.
  • Carcaxía fungos cría, o vento os arrepía. Non hai fungo ruín que non asemelle a un bon.
  • Fungo taniscado, xa rexeitado.
  • Cando encontra fungos, o máis amigo engana.
  • Non hai fungo malo, se sabes pra qué usalo. Non aconselles de fungos no mes de difuntos.
  • Co fungo sanou ou estoupou, se non, antes o tirou.
  • Se queres o teu marido matar, dálle fungos a fartar.
  • A muller e o cugumelo, tu tes que escollelo.
  • O bon fungo o demo o leve e do malo se farte.
  • Cando o sete ira se abraña, algo apaña.
  • En tempo de fungos, os amigos non van ó monte xuntos.
  • Os fungos has de mirar e non sempre has acertar.
  • Inda non, xa pasou, contestáronlle ó que por fungos preguntou.
  • Duro é non ter que comer pero fartarse de fungos pra morrer.


Cogumelo

  • Veñan os cugumelos ó cesto, pero non mestos.
  • Comer o cugumelo con aprensión faiche dano aunque sexa bon
  • .Cogumelos murciados, xa rexeitados.
  • O que dá consellos de cugumelos, que os dea para non camelos.
  • Cugumelos calquera os atopa; os bos, o bon conocedor.
  • O que sabe buscar, cugumelos ha de atopar.
  • O que de cugumelos se farta, non lle ten medo á morte.
  • Os cugumelos moito hai que conocelos pra camelos. Non lle preguntes de onde vén, se no cesto trae cugumelos ou mel
  • .Moito tes que saber para cugumelos comer.






Corro de bruxas

  • Redromeira, lar da meiga e da bruxa feiticeira.




Cravo da nogueira

  • Cravos da nogueira dan cagaleira; os de choupo, boa xeira.




Fungo do engano

  • Fungo do engano, recórdano ó cabo do ano.




Mourón

  • A chuvia da semana da Ascensión cría no centeo mourón.




Ovo de bubela

  • De ovo de bubela a prato de feiticeira.




Ovo de pega

  • De ovo de pega a prato de meiga.




Pan do demo

  • Ó pan do demo e ó pan de broa non lle hai que facer carantoñas.




Morrón
  • Morrón no patacal a todo o pobo fai mal.

Com
Agaricus arvensis Bola de neve VBT


Agaricus augustus Bola de neve con lá


Agaricus bisporus Champiñón
Com
Agaricus bitoTC/uis Cogumelo das rapadoiras TB
Com
Agaricus campestris Fungo dos lameiros VBT


Agaricus macrosSporus Bola de neve dentada
Com
Agaricus silvaticus Bola de neve do bosque T

T Agaricus xanthoderma Bola de neve mareleante VBT
Com
Agrocybe aegerita Cogumelo dos choupos VBT
- - Agrocybe dura Fungo xesta T
Com
Albatrellus pescaprae Pesuño V
Com
Aleuria aurantia Cunco anaranxado VBT
Com
Amanita caesaria

Raíña

  • Raiña nacida ó pe dos camiños descobre a todos os seus veciños.
V
¿-? ¿-? Amanita cetrina Francesiña VBT
Com ¿-? Amanita crocea Cacaforra sin anel VT

T Amanita gemmata Cacaforra dourada VBT

T Amanita muscaria

Rebentabois. Brincabois. Atolamoscas

  • Fungo pintarraxado, atola as moscas e mais o gando.
VBT

T Amanita muscaria v. aureola Rebentabois. Brincabois T

M Amanita pantherina Cacaforra marxa VBT

M Amanita phalloides

Cacaforra da morte

  • Unha cacaforra no cesto fae perder o resto
  • .Quen erra coas cacaforras pronto lle chega a hora.
  • Cacaforra comida, nin herba nin manciña
VBT

M Amanita phalloides var. blanca Cacaforra branca V


Amanita rubescens Cacaforra viñosa

M Amanita verna Cacaforra branca T
Com ¿-? Armillariella mellea Palote da madeira VBT
-- -- Astraeus hygrometricus Estrela do tempo. Estrela nubeira VBT
-- -- Auricularia mesenterica Baxola VBT
-- -- Auriscalpium vulgare Irto das piñas VT
-- -- Bjerkandera adusta Orellón das cascas VBT
Com
Boletus aerius

Madeirudo.Cogordo.Andoa.Andoa castaña

  • Setembro mollado, cogordo no castaño.
  • Cogordo do carballiño, canto máis zoncho, máis fino.
VBT
Com
Boletus appendiculatus Madeirudo. Esqueiro. Bolouro VBT
Com
Boletus edules Madeirudo. Coe:ordo. Andoa. Alboxo VBT
Com ¿-? Boletus erythopus Madeirudo de pé vermello. Andoa roxa VBT


Boletus junquilleus Madeirudo das sobreiras
Com ¿-? Boletus luridus Madeirudo das sogras VBT
Com
Boletus pinophilus

Madeirudo

  • Polo souto a modiño ollear, se madeirudos queres atopar.
  • Fungo repoludo, ou cogordo ou madeirudo.
VBT
Com ¿-? Boletus queletti Madeirudo das sogras BT
Com
Boletus regius Madeirudo T
Com
Boletus reticulatus Madeirudo do vran. Cogordo. Pachán VBT
-- -- Boletus strobilaceus Andoa peluda T
Com ¿-? Boletus versicolor Madeirudo. Cogordo B
Com ¿-? Bovista plumbea Fungo do sapo. Peido de lobo VBT
-- -- Calocera cornea Corno das cachopas VBT


Calocera viscosa Corno das cachopas
Com
Calvatia excipuliformis Falopo dos curandeiros V
Com
Calvatia utriformis

Fungato. Falopo dos curandeiros. Pan queixo

  • Pingoles, pingoles está pingando; fungoles, fungoles está fungando; se pingoles, pingoles non pingara, fungoles, fungales non fungaba. Esta é unha adiviña de nunca acabar, porque, se un responde que é a pinga de auga que cae nun fungo (Calvatia, Lycoperdon, Geastrum ou outros) e que provoca que este ceibe as esporas, que é a resposta correcta, o interlocutor pode dicir que non; e, se outro di que é o ourizo da castaña que lle cae enriba ó xabarín, tamén pode dicir que non; e, se di que é a pinga de graxa de cura-los chorizos que lle cae enriba ó gato, aínda pode esixir máis respostas alternativas.
VBT
Com
Camarophyllus niveos Pan de aligacha BT
Com
Cantharellus cibarius

Cacafina. Cacaviña. Pandecabra. Pan chica. Perrachica. Carne de pita

  • A cabra cega, as cacafinas come primeira.
  • A boa cacafina ata a cabra cega a encontra.
  • As cacafinas que comen as cabras, recollelas ás agachadas.
VBT
Com
Cantharellus cinereus

Cacafina. Panchica

  • Se ques ter bandullo de preñada, come panchica e castaña.
  • Panchicas e pan quente fan doer o ventre.
  • A castaña e a panchica fan estoupar a tripa.
VBT
Com
Cantharellus lutescens Pan chica. Trompeta amarela VBT
Com
Cantharellus tubaeformis Pan chica. Trompeta con pregues VBT


Chalciporus viviratus Madeirudo fel VBT
-- -- Chelvmenia fimicola Pencadas da bosta VBT


Chlorophyllum molybdites Choupín verdoso
Com
Chrogomphus rutilus Choupín babuxa VBT
Com ¿-? Clathrus ruber Ovo das meigas VBT
- - Clavaria fumosa Encrestada VBT


Clavariadelphus ligula Moca


Clavariadelphus pistillaris Moca. Xardolo
Com ¿-? Clavariadelphus trucatus Moca. Mazola. Xardolo VBT
- - Clavulina cineria Ciru cinsu VBT
Com
Clavulina rugosa Ciro VBT


Clitocybe alexandri Fungo con coroa
- - Clitocybe clavives Cravo dos piñeiros T
Com
Clitocybe geotropa Fungo funil Fungo fonil, nin pra ti nin pra min. VBT
Com
Clitocybe maxima Fune:o funil. Pomba VBT


Clitocybe nebularis Aborrallado
Com
Clitocybe odora Chorume. Choupín fiollo VBT
Com
Clitopilos prunulus Fariñeira VT
- - Collybia fusives Fuso dos castiñeiros VBT
Com ¿-? Coprinus atramentarius Fungo das sogras. Fungo das meigas. VBT
Com
Coprinus comatus Pucho de meie:as. Piocán. Matacandil VBT
- - Coprinus disseminatus Panligacha VBT
- - Coprinus domesticus Fungo dos pendellos VBT
- - Coprinus micaceus Pucho das cañotas VBT
- - Coprinus phlyctidosporus Pucho T
- - Coprinus picaceus Pucho de pega. Prato de meiga. Pega VBT
- - Coprobia granulata Penca da bosta. Lentella do esterco VBT


Cortinarius praestans Pel de castaña
Com
Cratarellus cornucopioides Trompeta dos mortos VBT
- - Crepidotus mollis Niñal. Oveiro. Dedaleira VBT
- - Crevidotus variabilis Roseta dos e:uizos VBT
- - Crucibulum laeve Niñal. Oveiro. Escriño VBT
- - Cvathus olla Niñal. Oveiro. Dedaleira VBT
- - Cvathus striatus Oveiro. Dedil VBT


Daedalea Quercina Fune:o lebirinto VT


Daldinia concentrica Ril V
- - Diatrvve disciformis Penca da faia T
Com
Discina perlata Cunco VT
- - Entoloma incanum Pe averdecado VBT

M Entoloma lividum Enganosa V
Com
Fistulina hepatica

Fígado. Lingua de boi. Asadura.

  • Este é un dos cogomelos que se comía e come en cru. Os cazadores, pastores e os desaparecidos carboeiros mondábana ecomíana en anacos pequenos e ben masticados cando tiñan sede.
  • Cando as caracochas empezan a pingar, os figados podes atopar. Cando os castiñeiros vellos dan as súas primeiras castañas é fácil atopar estes cogomelos.
VBT
- - Fames fomentarias Caripocha. Esca VBT
- - Fomitopsis pinicula Caripocha dos piñeiros VT
- - Fuligo cinario Moco dos cascarolos. Mucus das coscas VBT
- - Fuligo septico Ovas de sapo V


Fuserium sp (Choremia) Choremia
- - Ganoderma applanatum Caripocha. Esca VBT
- - Ganoderma lucidum Paipa VBT
- - Geastrum campestre Estreliña VBT
- - Geastrum nanum Estreliña. Estrela zanicouca V
- - Geastrum pectinatun Estreliña. Estrela con pescozo T
- - Geastrum quadrifidum Estreliña catro pés
- - Geastrum striatum Estreliña VBT
- - Geastrum triplex Estrela babeiro
Com
Gomphidios maculatus Choupín dos felgos VBT
- - Gymnopilos svectabilis Fungo mergurento dos tacóns VBT
Com X Gvromitra esculenta Bonete T
Com
Gyroporus cvanescens Andoa azul VT


Hapalopilus nidulans Bosta dos ramallos.
Com X Helvella acetabulum Cunco alorzo V


Helvella costifera. Cunco con costelas.
Com X He/vella crisva Orellón do inverno. Orella de gato VBT
- - Helvella fusco

Orellón (pI. orellós)

  • Orellós, cuncas e patorras, escáldaos pra que non morras. Isto quere dicir que xa se sabe de antigo que hai que tira-la primeira auga destes cogomelos, xa que en cru son tóxicos.
V
Com X Helvella lacunosa Orellón do outono. Orellón mouro VBT
Com X Helvella monachela

Orellón da raña.Puchos dos frades. Orelleiro

  • Abeiro con abidueiras enchen o canastral de orelleiros.
VBT
- - Helvella queletii Orellón das caleiras V


Helvella sulcata Orellón.


Hydnum repandum Lingua


Hydnum rufescens Lingua marela


Hygrophorosis aurentiaca Falsa cacafina. Falsa cacaviña VBT
Com
Hygrophorus limacinus Limago VBT
- - Inonotus dryadeus Chancro dos carballos VTB
- T Inonotus hispidus Chancro das mazaeras/pumaregas VTB
Com
Krombholziella negrescens Madeirudo dos coores VT


Krombholziella scabra Ala de mosca VTB
Com
Kuehneromyces mutabilis Pucho dos umeiros VT
- - Lactarius aurentiacus Latouro VTB
- - Lactarius chrysorrheus Latouro VTB
- - Lactarius cistophilus Leitarego do xaral. Leitarego das estevas V
? X Lactarius contraversus Leitarego dos choupos VTB
Com
Lactarius deliciosus

Fungo da muña. Carneira. Latouro.

  • Cásate con il, se che deixa o anel. Este cogomelo córtase polo pé e o corte debete-la forma dun anel. Se se coloca sobre aman este corte deixa o seu lac tes , un anelmarcado, sinal este de que é un lactarius deliciosus comestible.
  • En tempo e no mesmo lugar, fungos da muña has atopar.
  • Á beira do pino, o fungo da muña é veciño.
  • O que fungos da muña quere encontrar, cedo no piñeiro estará, pasiño a pasiño pisará e despaciño olleará.
  • Sombra de lateiro, fungos da muña no abeiro. É un acerto, pois á sombra de todo piñeiro novo é fácil atopa-lo devandito cogomelo. O curioso é que actualmente case ninguén usa en galego o termo"lateiro" . Candose consomen estes lactarius deliciosus a micción soe tomar unha cor avermellada, sinal de que os riles funcionan ben.
  • Ollo á mexada, se fungos da muña van na empanada. Dise por Valdeorras, curándose en saúde e para que ninguén se asuste ó ve-los ouriños.
VTB


Lactarius fuliginosus Latouro
- - Lactarius piperatus Pimenteiro VTB
- - Lactarius Quietus Leitarego VTB
Com
Lactarius salmomicolor Carneira T
Com
Lactarius samguifluis Carneira T


Lactarius subsericatus Latouro

T Lactarius torminosus Falsa carneira VTB
- - Lactarius villerreus Leitarego T

T Lactatius blumii Falso nízcaro. Falsa carneira VTB


Laetipotus sulphureus Carne de pita
Com
Langermannia gigantea Bomba T
Com
Lentinellus cochleatus Ostra anisada T
- - Leocorpus fragilis Ovo de sapo VTB
- - Leotia lubrica Limáchega. Lesma VTB
¿? ? Lepiota acutesquamosa Choupín fedento VTB

M Lepiota brunnio-incarnata

Fol de veleno

  • Choupín pequeno, fol de veneno.
VT
- - Lepiota clvpeolaria Pé azul. Nazarena. T


Leviota gracilenta Choupín lampizo
Com ¿-? Lepiota ignivolvata Choupín de montaña VT
Com
Levista inversa Funil das carballeiras VTB
Com
Lepista luscina Funil manchado T
Com
Levista nubulares Aborrallado VTB
Com
Lepista nuda Pé azul. Nazarena VTB
- - Licogala evidendrom Verruguenta VTB
Com X Leucoagaricus pudicus Choupín branco. Campocha VTB
Com
Leucopaxillus candidus Funil dos lameiros T
Com X Lvcoperdon foetidun Fungo do sapo. Bufo de vella VTB
- - Lycoperdon mammiforme

Fungacho. Peido de lobo.

  • Meniño encetado, auga da fonte e po deveido de lobo.
VTB
Com X Lvcoperdon molle Fungo dos manciñeiros. Fungo do sapo VTB
Com X Lvcoverdon verlatum Peido de lobo. Fungacho VTB
Com
Lvophvllum decastes Tortullo apiñado VT
Com
Macrolepiota mostoidea

Frade. Matacandís. Puchodosapo. Cogordo. Toupela.

  • Frade esmoleiro xa dixo misa e recorreu todo o sendeiro.
  • O frade non dixo misa.
VTB
Com
Macrolepiota excoriota Calaza. Cerrota. Coco melo. Cachote VTB
Com
Macrolepiota konradii

Choupiño lampo.Toupela. Cachote. Matacandís. Zarrota. Roco.

  • Zarrota zarroteira, dime onde está a túa compañeira.
  • Zarrota zarroteira, en que mollas están as túas compañeiras.
VTB
Com
Macrolepiota procera

Monxo. Frade. Roco. Palote. Choupín. Cogordo. Toupela. Zarrota.

  • É o fungo que máis nomes ten en galego (máis de cincuenta). É o cogomelo máis popular e máis buscado tanto en Valdeorras coma en Trives e no Bolo. Cando alguén o atopa canta: Choupín choupiñeiro, dime onde está o teu compañeiro ou Zarrota zarroteira, dime ónde está a túa compañeira. Taboada Chivite dá a seguinte variante: Choupin, choupiñeiro, onde eslá leu compañeiro? E explica que cogordón, choupin, couqueiro son "Selas que aparecen junlas H. (TABOADA CHIVITE, Xesús (2000): "Refraneiro galego" en Cadernos de Fraseoloxia Galega 2,2000,28).
  • Os palotes do rebusco teñen dobre gusto. Este dito refírese a que uns días despois das vendimas se permitía que quen quixera fose rebuscar as uvas que quedaban nas viñas e se, ademais das uvas, atopaban palotes as atisfacción era dobre.
  • Chourizos a espeto, choupís na tixola, viño no cubeto e pan de broa fan amigos a todas horas.
  • O que atopa un choupín, rebusca para encontrar outro.
  • Choupín, choupiñeiro, di do teu compañeiro; que che dou unha cadela pra que merques un sombreiro.
  • Choupín, choupiñeiro dime donde está o teu compañeiro.
VTB
Com
Macrolepiota rhacodes

Calaza. Cocomelo. Choupiño. Rouquiño. Choupín torgallo

  • Choupín torgallo, á tixola con beluga e allo. Esta é unha das moitas formas de preparalos.
VTB


Macrolepiota venenata

Choupín.

  • A macrolepiota venenata é coñecida por Santigoso, Soulecín e Vales, aínda que é escasa xa que non sae tódolos anos. Xa polo 1953 dicían: Sete nun pé, choupín malo é.


T Marasmius collinus Falsa sendeiriña VT
Com
Marasmius oreades

Sendeiriña. Cacavainas

  • As sendeiriñas son pequeniñas pero enchen
  • o cesto axiña.
VTB
- - Marivilus giganteus Caripocha xigante. Alborelle xigante VT
- - Melestiza miniata Lentella das conetas V
Com
Mitrophora hydrida Pontorra dedil V


Morchella conica var. Costata Pantorra. Fungo da coresma


Morchella conica var. deliciosa Pantorra. Fungo da corresma


Morchella conica var. distans Pantorra de pé longo
Com X Morchella deliciosa Pantorra. Seta do coresma. Cagarría VTB


Morchella deliciosa var. valdeorensis

Pantorra

  • As pantorras sonche de Valdeorras.
  • Con pantorras e pantrigo, o pastor quita a fame e o arrepío.
  • Sol e auga de abril, pantorra e caracol hanche sair.
V


Morchella hortensis Pantorra pelexa
Com X Morchella rotunda Pantorra. Seta da coresma. Cagarría T


Morchella valdeorrens is Pantorra. Seta da coresma. Cagarría
- - Mvcena sevnii Pucho das piñas VTB


Omvhalotus olearius. Cogumelo vacalume


Panaeolus papilionaceus Choupís dos cagallóns
- - Panaeolus semiovata Choupís dos cae:allóns VTB
- - Panaeolus sfhinctrinus Choupín da bula VTB


Panaeolus subbalteatus. Cogumelo dos esterqueiros
- - Panus rudis Chapeo de pana. Alborelle coiracho VTB
- - Paxillus atrotomentosus Alborelle de polainas VTB

M Paxillus involutus Orellagacha dos castiñeiros VTB
Com X Paxina acetabulum Cunco V
- - Paxina leucomelas Alferga VT
Com
Peckiella lateritia Carneira caleada. Caleada VTB
Com ¿-? Pez iza badia Cunco VTB
Com ¿-? Peziza badioconfusa Cunco T
- - Pez iza praetervisa Cunco das rozas VTB
- - Peziza revanda Cunco das corredoiras VTB
- - Pez iza varia Cunco V
- - Phaeolus schweinitzii Alborelle fonxe VTB
Com ¿-? Phallus hadriani Carallo de ovos rosas VTB
Com ¿-? Phallus impudicus

Carallo

  • Que carallo é, que fede que alcatrea.
VTB
- - Phelledon niger Lingua T


Phellinus negricans

Alborelle das carballeiras. Carrocha

  • Bencedeira con carrocha,en San Xuan trasnoita.
V,TB
- - Pholiota aurivella Fungo das choupeiras VT
- - Pholiota destruens Alborelle VT
- - Piptoporus betulinus Cipocha dos bidueiros. Bido de San Xoán VTB
Com ¿-? Pisolithus arhizus Patacas das meie:as VTB
Com
Pleurotus ostreatus Ostras dos negrillos. Alborelle VT
Com ¿-? Pleurotus ostreatus v. Colubinus Ostra VT
- - Plutius atromarginatus Alborelle dos piñeiros V


Psilocybe semilanceata. Fungo do demo.
- - Pyromema domesticum Costrado das queimas VTB
- - Resuvintcus silvanus Roseta VTB
- - Rhodotus palmatus Alborelle visgo. Visgo dos negrillos V
Com
Rhozovogon roseolos Feixo VTB
Com
Russula aurata Netorra raíña V
Com
Russula cvanoxanta Netorra das carballeiras VTB
Com i.- ? Russula delica Netorra terrosa dos soutos VTB

T Russula emetica Netorra proer VTB
- - Russula nigricans Netorra moura VT
- - Russula sanguinia Netorra sane:ue VTB
- - Russula sorodia

Netorra

  • Netorra do carballo, por ela o crego perdeo rosario.
  • Netorra acelme, que non cha coma o verme.
  • Os cregos e as lesmas das netorras fan festas.
  • Tremer, netorras: aí vos vén a negrura deles mas e curas.
VT
Com
Russula virescens Netorra dos cregos VTB
- - Rutstroemia echinophila Alborello dos ourizos VTB
- - Sarcodon colosseum Lingua xigante T
Com i.- ? Sarcodon imbricatus Lingua de boi mouro VTB
- - Sarcodon scabrosus Lingua marela T
Com ¿-? Sarcoscypha coccinea Fror dos garabullos VTB


Sarcosphaera coronaria Cunco
Com M Sarcosphaera crassa Cunco estrelado V
- - Schizophyllum commune Rosetas VTB
- - Scleroderma citrinum Feixo do demo VTB
- - Scleroderma polyrhizum Fungacho dos curandeiros VTB
- - Scleroderma verrucosum Baloca das meigas VTB
Com
Sparassis crispa Colifrol do monte T
- - Sphaerobolus stellatus Estralique das pinas VTB
- - Strobilomyces strobilaceos Madeirudo pina. Andoa peluda T
- - Stropharia semiglobata Ovos dos cagallos VTB
Com
Suillus bellinii Madeirudo da muña VTB
Com
Suillus bovinus Andoa miúda VTB
Com
Suillus collinitus Madeirudo amarelo VTB
- - Suillus flavidus Madeirudo de anel T
Com
Suillus granulatus Andoa de e:raos VT
Com
Suillus luteus Madeirudo con anel VT
- - Thelephora terrestris Roseta da terra VTB
- - Trametes gibbosa Alborelle VTB
- - Trametes hirsuta Alborelle peluda VTB
- - Trametes versicolor Alborelle de cores VTB
- - Tremella mesenterica Merexos das ramalleiras VTB
- - Tricholoma albobrunneum

Tortullo

  • Tortullo xabrón non é bon.
  • Tortullo, nin pola boca nin polo cu.
VT
Com - Tricholoma auratum Tortullo dos cabaleiros TB
Com - Tricholoma columbetta Tortullo branco VTB
Com - Tricholoma equestre Tortullo dos cabaleiros VTB
Com - Tricholoma orirubens Tortullo xaspeado V
Com - Tricholoma sulphureum Enxofre. Tortullo fedento VTB
Com - Tricholoma terreum Pel de rato VTB


Tricholoma ustaloides. Tortullo
- - Tricholoma viridifucatum Tortullo dos érbedos V
- - Tricholomopsis rutilans Alborelle VTB
- - Tylopilos felleus Madeirudo fel. Cogordo margurento TB
Com - Volvariella bombycina Ovo das meigas VTB
- - Volvaiella volvacea Cacaforra dos lindeiros VTB
Com - Xerocomus badius Madeirudo Castaño TB
- - Xylaria hypoxylon Mans en pena VTB
Ler máis...

¿Sabías que...

...o ultracoñecido e típico cogomelo de supermercado, Pleurotus ostreatus, inclue na súa dieta nemátodos (minúsculos vermes)? Pois así é amigos, que non só de madeira vive o fungo, e hai que darlle unha alegría ó micelio de cando en cando. Como sabedes, este fungo e parásito-saprófito, pero en presencia destes pequenos predadores, non dubida en sacar as súas armas e afilar o coitelo.

As hifas de P. Ostreatus son capaces desenvolver nestas condicións uns pequenos apéndices que segregan unha especie de gota, ou minúscula burbulla, que contén unha toxina (podedes ver claramente estas gotas e o micelio, na imaxe ó microscopio da dereita; click para ampliar). Ó moverse entre o micelio, os nemátodos intrusos rozan con estas gotas, que rompen e impregnan a pel do verme, penetrando a devandita toxina no seu corpo e paralizandoo en poucos segundos. Así é como ostreatus captura ás súas víctimas. Veleno, nin máis nin menos.

Unha vez o paralizado o nemátodo, o micelio produce unhas hifas que "buscan" ó paralizado e, unha vez localizado, penetran no seu corpo e a continuación é dixerido e absorbido dende dentro por esas mesmas hifas. Na imaxe da esquerda podedes ver outra imaxe microscópica dun nemátodo xa capturado e en proceso de dixestión. Se aprecian ben as hifas "buscadoras" que xa atoparon ó infeliz. Hai barrios polos que é millor non pasar.

Por suposto, P. ostreatus non é o único que se decanta por unha dieta variada e rica en proteinas. Existen outros xéneros, como Hohenbuehelia, que tamén capturan e consumen nemátodos. Pronto en Refungando falaremos dun xénero de fungos que contén sen dúbida ós cazadores e trampeiros máis inxeniosos do Reino Fungui. Pero esa é outra historia... Estade atentos!

P.D.: Nos vos vaiades a asustar e deixar de comer cogomelos de P. ostreatus pensando que ides quedar tesos diante do prato. Esta toxina só se produce no micelio!

Nota: Fotos de microscopía procedentes de "MycoAlbum CD-ROM: Introductory Mycology Laboratory Review"
Glb: iniciais de George L. Barron, autor das instantáneas
Ler máis...

Novo aporte á bibliografía micolóxica galega: "Nove ducias de cogomelos de Ourense"

Este 14 de xuño se presentaba en Ourense unha nova achega ó mundo da micoloxía galega da man dos celanoveses Ricardo Mínguez Abajo e Alejandro Mínguez González, pai e fillo respectivamente, dúas xeracións de micólogos galegos que comparten, aparte de xenes, a súa paixón polo mundo dos cogomelos e absolutamente todo o que o rodea.

¿Por qué "Nove ducias..."? Millor que os mesmos autores no lo conten neste extracto do prólogo do libro que ven a continuación. Que falen...

"Existen miles de especies e todos os anos aparecen novas variedades. Por situarnos nun territorio concreto, como é Ourense, consideramos oportuno empregar unha denominación de ampla tradición e arraigo popular, como é o emprego de ducias para referirse a cantidades. Nesta liña, decidimos recorrer á numeroloxía ofrecense estas nove ducias, é dicir, os cento oito cogomelos que consideramos máis frecuentes e interesantes da nosa terra. Non obstante, somos conscientes de que son moitos máis os que podemos atopar con facilidade nos montes, nos campos, nas fragas e en todos os hábitats que imos ir percorrendo no noso periplo por este reino á parte da natureza."

Así pois... ¿qué nos podemos atopar? Os autores dan un repaso á historia da micoloxía ourensá dos últimos lustros, nos describen hábitats e nos dan uns apuntes, acompañados de fermosas ilustracións, de macroscopía, sentando unhas bases para a identificación de cogomelos que todo afecionado debería ter. Despois, 108 fichas con detaiadas descripcións e curiosidades, completan este perfecto manual de campo para o iniciado, acompañado de fermosas e representativas imaxes de cada especie, facendo hincapé nos cogomelos máis coñecidos ou interesantes. Para rematar, algunhas suxerencias culinarias na forma de receitas, das que xa nos apuntamos a "Sopa de Marasmius oreades", da que temos oido marabillas.

NOTA PARA ASOCIACIÓNS: Nos informan os autores de que a Diputación de Ourense porá a disposición das asociacións micolóxicas un exemplar gratuito, así que si queredes, podedes solicitar un exemplar ata fin de existencias dirixíndovos por escrito ó Servicio de Publicacións da Deputacion de Ourense, Progreso 38, CP 32002, Ourense e dirixilo á atención de Ana Malingre. ¿A qué esperades? ¡Nós xa o temos encargado! Ler máis...

Primavera non stop: Amanita curtipes

Galego: Amanita de pé curto

Existen entre as amanitas varias especies que podemos atopar case que todo o ano, se as condicións o permiten. Se estades a aproveitar esta primavera para sair ó monte, coma uns servidores, seguro que vos estades a dar conta dunha cousa: podemos ver con facilidade unha grande cantidade de amanitas. Rubescens, spissa, gemmata, pantherina... Amanita curtipes é comestible, ainda que de escaso valor culinario, pero esta é a menor das razóns que temos para non aconsellarvos que a consumades: é unha amanita, e xa sabedes que nesta familia de cogomelos se atopan algúns dos máis tóxicos e perigosos para o micófago ousado. A posible, ainda que sexa improbable, confusión con algunha oitra amanita branca e primaveral, como Amanita verna, nos debería disuadir de andar a xogar con estos cogomelos. Se gustades, imos ver que podemos aprender para distinguir este cogomelo de porte robusto de outros similares do seu xénero, da man, como non, do imprescindible manual de referencia para o micófilo galego “Cogomelos de Galicia”. Pincha abaixo en leer máis...


DESCRIPCIÓN:

Sombreiro: 3-7 cm de diámetro. Ó principio globoso, máis tarde covexo e por último estendido e cunha lixeira depresión central. Cor branca, crema pálida ou crema rosada. Cutícula separable, lisa, cuberta poos restos de veo universal en forma de placas concoloras (podedes observalas na primeira imaxe, ainda que neste caso algo máis escuras debido á exposición ó sol). Marxe encurvada, plana na madurez, pouco ou nada estriada e adornada con restos do veo parcial (como se aprecia na imaxe da esquerda).

Lamelas: Adnadas a libres, pouco apertadas, ás veces ventrudas, primeiro abrancazadas, logo crema e na madurez e ó rozamento, crema rosadas. Lamélulas curtas. Aresta enteira ou finamente serrada e floculosa nos exemplares novos.

Pé: 3-6 x1-2 cm. Cilíndrico ou engrosado na base, duro, cheo e fistulosso na madurez. Superficie estriada de cor branca e na madurez crema ocrácea (coma o exemplar que temos hoxe con nós, ainda que esa coloración é tan sutil que tedes que fixarvos ben). Volva de cor crema, sacciforme (aspecto de saco), membranosa, persistente e envolvente, sepárase claramente do pé. Anel apical (na parte superior do pé) de cor branca, visible solo nalgúns exemplares novos, deixando, ás veces, na madurez restos pegados ó pé e á marxe do sombreiro

Carne: Firme, abrancazada, pero ao corte rosada e co tempo pardo rosada. Olor e sabor moi débiles.

Hábitat: En piñeirais dunares (ou próximos á costa) e bosque mediterráneo ácido. Primavera e outono. Solitaria ou en pequenos grupos. Rara.

Observacións: respecto á comestibilidade, está todo dito. Sorprendeunos atopar en internet testimonios de xente que había consumido este cogomelo sen ter a certeza de que se tratara de Amanita curtipes, tendo en conta do xénero que estamos a falar. Aquí mesmo nos atopamos con moita xente que consume macrolepiotas sen saber diferenciar unha procera doitros membros do xénero. Iso chámase xogar á ruleta rusa. Nunca nos cansaremos de dicir que, ante a máis mínima dúbida, debemos evitar o consumo dos cogomelos da cesta.
Precaución, como xa comentamos antes, cas amanitas brancas que fructifican nas mesmas épocas do ano. Así, deberemos ter en conta á hora de identificar a este cogomelo oitras especies de amanitas coma A. boudieri (escamas piramidais), A. gracicolor (outonal, volva non sacciforme, tamén escamas piramidais), A. stroboliformis (esc. piramidais), A. ovoidea (pé con esc. algodonosas procedentes do veo, moito maior tamano), e sobre todo, con A. verna como xa dixemos ou as formas brancas (que habelas hainas) de Amanita phalloides. Moito ollo.

Hasta aquí por hoxe. Seguiremos percorrendo montes primavera e verán, que ademáis promete ser unha tortura para guiris, chiringuitófilos e babatoallas. Nós, namentres, frotamos as mans. Xa sabedes por onde andamos... refungando, coma sempre.
Ler máis...

Novo e espectacular fungo nas antípodas!


Belísimo, case parece unha flor. O reino Fungui é unha caixa de sorpresas. E por se había algunha dúbida, aquí temos un novo e incriblemente fermoso cogomelo descuberto o pasado ano 2009 en Nova Caledonia (unha illa na polinesia francesa ó este de Australia). Esta illa, como moitas da zona, como Tasmania, posúe unha diversidade natural con un alto grao de endemismo (especies propias e específicas dos seus hábitats) e que proporciona continuas e novas aportacións ó coñecemento da biodiversidade do planeta. O Reino Fungui non é unha excepción. Para facernos unha idea do ritmo dos descobrementos, temos que darnos conta que das preto de 1000 especies de entolomas descritas ata o momento, en 2009 se citaron 24 en Nova Caledonia, incluindo nese número 11 novas especies. Actualmente existen xa 300 especies descritas endémicas desta illa.

Podoserpula miranda, así se chama a nova especie, foi descuberta por un equipo de investigadores francés do Laboratorio de Simbioses Tropicales, en colaboración co Museo de Historial Natural de París. É un fungo micorrízico, e se asocia con unha árbore, Arillastrum gummiferum, tamén endémica de Nova Caledonia.
Á esquerda, podedes facer click na imaxe para ampliala e disfrutar do espectáculo de varios exemplares xuntos en distinto grao de desenrolo.

Os carpóforos deste fungo teñen algunhas particularidades especiais, como xa haberedes observado:
  1. A súa coloración, o rosa; os pigmentos responsables de esta cor están pouco presentes no Reino Fungui, e menos ofrecéndonos uns tons tan vivos e rechamantes.
  2. A máis evidente, a súa morfoloxía. Estamos afeitos a atoparnos con curiosas malformacións no crecemento dos cogomelos que provocan que un medre sobre o sombreiro de outro. Curioso, máis non especialmente raro. Os sombreiros de Podoserpula miranda, ata seis, medran un enriba do outro con tamano decrecente é o redor dun mismo eixo, chegando acadar ata 10 cm de altura. Unha estructura cando menos orixinal, e que, supoñemos, servirá para dalgunha maneira para aumentar a eficiencia da dispersión de esporas, ainda que serán os científicos que as estudian quen nos terán que dar a resposta.
  3. Cheira a rábano e a súa carne ten unha textura fibroso algodonosa. Ainda que todavía se descoñece a súa comestibilidade, no se cree que sexa tóxica, xa que ningunha especie do seu xénero o é.
Haberá que estar atentos a novos descubrimentos dende as antípodas. De momento, vos deixamos con oitro destes novos fungos, co nome todavía provisional de Ileodictyon ganrnierii, e que lembra moito a Clathrus rubber. Na imaxe da esquerda podedes facer click para ver este cogomelo. Hoxe en Refungando, estamos que tiramos a casa pola ventana, dúas especies novas ó precio dunha. Non poderedes negar que é impresionante a beleza que nos chega dende o Pacífico. Non todo van ser eucaliptos.

Excursión a Nova Caledonia, XA. Ler máis...
Related Posts with Thumbnails