Raios, tronos e... cogomelos!

Pois sí, parece que vai a haber que cambiar o dito. Fai uns días a noticia aparecía en National Geographic: os raios fan que a producción de carpóforos por parte do fungo se multiplique. Pois sí, como o ledes.

O saber popular dos cultivadores xaponeses recolle dende hai tempo o coñecemento de que as tormentas eléctricas favorecían as súas produccións de cogomelos, e desta maneira, eran sempre benvidas. Máis raios, máis cogomelos. E xa se sabe que cando o río soa…

Un grupo de científicos do norte de Xapón, seguramente inspirados no saber da súa xente, experimentou expoñendo durante catro anos un total de dez especies de cogomelos, das cales oito respostaron favorablemente, a esta novedosa “terapia eléctrica”. ¿Os resultados? Aplicando correntes eléctricas podemos chegar a doblar as produccións de cogomelos se as comparamos cos resultados obtidos do cultivo tradicional. Segundo os autores do estudo, os fungos que millor reaccionaron foron o shiitake (Lentinus edodes) e nameko (Pholiota nameko).

Evidentemente unha descarga directa equivalente a un raio calcinaría o fungo, así que estes científicos aplicaron ós troncos dos cultivos descargas de entre 50.000 e 100.000 voltios en ráfagas controladas da dez-millonésima parte dun segundo. Os efectos que producen nos fungos estas repentinas descargas son, nun primeiro momento, dunha diminuición das proteinas e enzimas secretadas polas súas hifas, para máis tarde producirse un súbito incremento.

Todavía se está a investigar o motivo deste incremento, ainda que Yuichi Sakamoto, investigador xefe do Centro de Investigación de Biotecnoloxía Iwate ten xa algunha idea: o fungo, ó decatarse da ameaza do raio, incrementa a súa capacidade reproductora, polo tanto a súa producción de cogomelos, en previsión de que este acabe morrendo debido ás descargas. En palabras do propio Sakamoto: “Eu creo que teñen a necesidade de rexenerarse antes de morrer, e cando senten o raio, automáticamente aceleran o seu crecemento”.

Os científicos xaponeses estan xa a pensar en sacar ó mercado nun futuro dispositivos de fácil uso para que os cultivadores os empreguen, xa que o equipo utilizado por eles nas investigacións era moi complicado e aparatoso. Ou sexa, que van facer un electrocutador de cogomelos portátil. ¿Qué opinarán os fungos disto?

Nunca nos cansaremos de dicir, que un nunca deixa un de sorprenderse cas habilidades dos membros do Reino Fungui. Dende Refungando seguiremos intentando abraiarvos ca beleza e complexidade deste descoñecido mundo, aquí... ou refungando polo monte adiante.

¡Un fúnxico saúdo a todos!

2 comentarios:

  1. Que stress para os pobres cogomelos!! é certo nunca de deitarás sen saber unha cousa máis.

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que si. Canto máis se estudan estes pequenos, parece que máis sorpresas nos teñen preparadas.

    Fíxate que ó final, para aumentar a producción de cogomelos dalgún fungo, todo se reduce a pegarlle un bo susto!!

    Un saúdo!!

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails