Habitante das polas: Exidia Truncata

Imos a coñecer neste artigo un cogomelo deses que tenden a pasar desapercibidos para o afecionado que ten dous edulis por pupilas, unha das moitas pequenas xoias do Reino Fungi; se nos presenta apenas coma unha minúscula mancha ou protuberancia nalgunha pola caida, ou un tocón podre ó que lle prestan algo de cor pero que, como podedes ver na imaxe que nos envía Xosé María Costa Lago, poden ser uns belísimos exemplares se nos achegamos o suficiente e lles prestamos atención. Exidia truncata pertence a este tipo de cogomelos xunto con oitros da familia Exidiaceae ainda que segundo a bibliografía consultada podemos atopala incluida na familia Tremellaceae (ex. Tremella mesenterica) ou Auriculariaceae (ex. Auricularia auricula-judae). Nós seguiremos a clasificación empregada en "Cogomelos de Galicia", por ser o noso manual de referencia, e incluiremos a Exidia truncata na familia Exidiaceae. Por certo, a palabra Exidia ven do grego exidion, sudar, e fai referencia á característica deste xénero formado por unha ducia de especies que posúe unhas protuberancias ou papilas que exudan un líquido mouro.

Imos a coñecer as principais características macroscópicas desta fermosa gominola das polas...


DESCRIPCIÓN

Corpo Fructífero: 1-4 cm de diámetro por 2-3 cm de altura. Forma redondeada ou de disco con apariencia de cono invertido, fixado ao substrato por un pequeno pé. Ao madurar e envellecer adquiren unha aparencia máis lobulada e plisada (os dous exemplares da imaxen son aínda novos). Superficie himenial de cor negra ou parda moura, brillante e con puntos glandulares. A superficie externa, estéril, é de cor negra, sempre mate e de aspecto granuloso (ahí tedes a man esquerda un bo aumento no que podedes apreciar tódolos detalles).

Carne: De cor moura, consistencia xelatinosa e branda en tempo húmido, converténdose nunha cotra coriácea en tempo seco para recuperar a forma anterior cando as condicións de humidade e temperatura o permiten. Sen olor nin sabor apreciables.

Hábitat:
Frutifica sobre polas mortas de frondosas, especialmente en madeira de carballo (como na imaxe). En pequenos grupos ou illada. Crece todo o ano, especialmente en outono e primavera. Frecuente.

Observacións: Repasemos algunha posibles confusións. Exidia truncata é moura, grosa e coa cara externa ben visible. Exidia glandulosa é da mesma cor e mesmo hábitat, máis delgada, moito máis plisada e a cara externa invisible por estar orientada cara a madeira. Bulgaria inquinans pode parecerse a exemplares illados de Exidia truncata, pero é un ascomiceto de esporada negra (frente á branca de truncata) e de consistencia máis firme.

Pois hasta aquí. Esperamos que a partir de agora lle prestedes máis atención ás ramiñas caidas, hábitat de moitas e moi fermosas especies de fungos; o mundo das polas.

Un saúdo dende Refungando! Abrijádevos ben antes de subir ó monte, que do frío morren os paxariños.
Ler máis...

Facendo lume con cogomelos...

En vista de que o frío non se quere ir nin a patadas, hoxe imos ver como quentarnos no monte ca axuda, como non podía ser doitra forma, dos cogomelos. No seguinte video, Ray Mears, un famoso presentador británico experto en supervivencia, campismo e oitras lerias, nos fai unha demostración no bosque escocés de como sair do paso e facer un lume sen axuda do chisqueiro, claro está. Cas mesmas ferramentas que o noso amigo Ötzi e a axuda de dúas especies de fungos, Fomes fomentarius (yesquero ou "horse´s hoof", pezuña de cabalo, en inglés) e Daldinia concentrica ("King´s Alfred Cake" que lle di, pasteliño do rei Alfred). Sen entrar a traducir todo o discurso de Ray, comentar coma curiosidade que o individuo nos fala dunha lenda que lles contaba o seu profesor de xeoloxía sobre o orixe da pirita que dí que a pirita é o sangue dos dinosaurios.
O noso amigo utiliza pedernal para golpear a pirita e provocar as charamuscas que acenderán a fibra do fungo yesquero, igualiño que Ötzi.

Sen máis, imos a disfrutar de este curioso e interesante documento gráfico: Lume con cogomelos, marchando...

Ler máis...

Cogomelos en 3D!

Parece que James Cameron eo seu "Avatar" está a crear escuela con esto do 3D, así que nin curtos nin preguiceiros os amigos de Fungipedia.es se puxeron mans á obra e crearon un primeiro exemplar virtual de Hygrophorus marzuolus que poderedes ver (tranquilos, non necesitaredes unhas gafas especiais de esas) e fuchicar nel na súa páxina web facendo click AQUÍ. Unha pasada.

A verdade é que a cousa promete, e pode chegar a ser unha ferramenta didáctica por unanha banda e de axuda á identificación doitra bastante útil, xa que nos permite ter unha idea bastante precisa do aspecto do cogomelo e "xogar" con él. Ademáis dispoñemos dunha escala para poder medir o carpóforo ou as súas partes que tamén pode sernos moi útil.

Pero xa postos a sacarlle punta á cousa, sí botamos de menos algo máis de resolución nas texturas do modelo 3D que nos impediría ver con claridade detalles importantes coma, por exemplo, o retículo do pé dun Boletus.

Botádelle un ollo que non ten desperdicio, e comentádenos que vos parece a cousa!! Ler máis...

God save the Queen!

Esta fotografía que hoxe compartimos con todos é un regalo do amigo micólogo Xosé María Costa Lago (autor do artigo "Os fungos do Home de Xeo") a Refungando. Amanita Caesarea non necesita presentación. O manxar dos césares. Para moitos a raíña indiscutible dos cogomelos, obxeto de desexo de todo afecionado, apreciadísimo comestible e complicada de atopar na nosa terra, o que fai o seu achado máis especial se cabe. Para mín, sen dúbida, un dos cogomelos máis fermosos que podemos atopar, e se nón botade unha ollada a esta magnífica fotografía dun exemplar novo, na que todavía podemos apreciar parte do veo xeral cubrindo o sombreiro e a volva característica desta especie con forma de saco. Podedes pinchar nela e ampliala. Para vos, sempre fermosísima: Amanita Caesarea.

Moitas gracias Costa!! Disfrutádea!!

P.D: Si, si, adicarémoslle un artigo enteiro ó seu tempo. Non vos preocupar...

Ler máis...

Un mixomiceto, enxeñeiro ferroviario!

(Foto de Physarum polycephalum, Wikipedia - Imaxes experimento, Science/AAAS)

Si, si, xa sabemos que o título da entrada pode soar un pouco raro, pero iso é o que hai. No último número da revista Science deste xaneiro de 2010, un grupo de científicos encabezados por Atsushi Tero, da Universidad de Hokkaido en Japón, daba a coñecer os resultados das súas investigacións con unha especie de mixomiceto en concreto: Physarum polycephalum.

Recordemos que os mixomicetos non son propiamente fungos, ainda que nun tempo se englobaron no Reino Fungi e se seguen a estudar dentro da micoloxía. Ademáis, realizan a súa alimentación por fagocitose (ó contrario dos fungos, que o fan por absorción) e o seu aparato vexetativo (o seu corpo) está formado por un plasmodio (ver artigo sobre mixomicetos AQUÍ). Todo isto, xunto coa característica que da nome a este mixomiceto (polycephalum significa "múltiples cabezas"), vainos axudar a entender que papel e de que maneira o xoga este fascinante organismo na organización de redes ferroviarias (ou xa postos, do que sexa).

Doutra banda, e antes de pasar a falar do experimento en sí, ¿cal é o problema de diseñar unha rede ferroviaria? Pois todo se trata de minimizar o número de enlaces (menor coste de construcción) e maximizar a interconectividade e eficiencia do transporte entre os distintos nodos, un problema que medra exponencialmente co número destes, e que se pode extrapolar a redes de comunicación de todo tipo (redes de ordenadores, de estradas, etc...). Ahora podedes darvos conta da dificultade que isto pode chegar a entranar, e da cantidade de horas e horas que os enxeñeiros da rede ferroviaria de Tokio e arredores (nada máis nin nada menos) se tiveron que pasar enchoupados en café para chegar ó actual modelo que esta a funcionar. Pois o noso amigo tardou un día en facer o mesmo deseño... e cobrou moito menos, seguro.

Se queredes saber como foi o conto, pinchade abaixo!

¿Cómo foi o experimento?
Moi ben, situémonos no recuadro A do grupo de imaxes de arriba, ¿que é o que temos aquí? Nunha superficie húmida na que podemos ver o mapa dos arrededores de Tokio e a súa famosa bahía, os investigadores colocaron 36 copos de avena nos puntos correspondentes ás distintas paradas/cidades nos arredores da gran metrópoli. A línea da costa está iluminada de forma que o noso amigo evitará "saír ó mar", pois non gusta moito da luz. No punto correspondente a Tokio, puxeron un exemplar de Physarum polycephalum... e a medrar!

Nun primeiro momento a célula única que compón o plasmodio, o corpo do bichiño, comeza a medrar e expandirse na procura de alimento e cando alcanza os primeiros copos, rodeaos e comeza a producir unha serie de tubos ou veas que son as encargadas de distribuir os nutrintes a todo o organismo (imaxe B). Co paso do tempo alguns destes canais seguen medrando e volvense máis grosos mentres oitros van desaparecendo e medran novos; o mixomiceto está creando unha rede de comunicación de nutrintes e refinandoa a medida que vai medrando e atopando novas fontes de alimento (imaxes C e D). Nas imaxes finais (E e F) vemos como o mixomiceto alcanzou xa tódolos copos e comeza o proceso de refinamento e axuste final: comezan a desaparecer a maioría de conexións e só as que permiten unha millor e maís eficiente distribución de nutrintes entre as distintas "cabezas" do Physarum se manteñen e reforzan na placa. Resultado: a rede final é prácticamente igual á rede ferroviaria real de Tokio, pulida, millorada e rediseñada moitas veces ó longo dos anos.

Os científicos ahora extrapolarán o comportamento deste organismo, a súa capacidade de autoorganización froito de millóns de anos de evolución, a un modelo matemático que reproduciría o seu comportamento (algo nada sinxelo) e que podería ser aplicable a calquera tipo de rede dinámica, non só redes de comunicacións, ou de ordenadores, senón que tamén nos podería axudar, por exemplo, a entender como se comportan e se extenden as redes de vasos sanguíneos que "alimentan" ós tumores. Os campos de aplicacións a este modelo matemático que aprendemos de Physarum polycephalum se abren diante de nós amplos e prometedores. ¿Qué nos deparará o futuro? ¿Que máis cousas nos poderán todavía ensinar estas sinxelas e á vez complicadísimas criaturas? ¿É posible que en Riveira necesitemos un de estes bichos para que organice coma dios manda o tráfico deste pobo? Dende Refungando estaremos atentos para contárvolo!
Ler máis...
Related Posts with Thumbnails