Helvella Elastica

Si, seguimos a ter un inverno de frío que mete medo, pero os nosos subterráneos amigos sempre atopan a maneira de sair adiante. O pasado fin de semana, Alejandro Mínguez atopaba unhas "Trompetas dos Mortos" en Celanova (terra que tamén ha de estar quentiña), acontecemento do que se fai eco no seu blog de A Nosa Terra e que podedes ler AQUÍ.

Nós, namentres, se ben non temos a sorte de atoparnos manxares como Craterellus Cornucopioides, si que nos atopamos sinxelas belezas coma a da imaxe da esquerda, unha Helvella Elastica, (antigamente Leptopodia Elastica) coa súa característica forma de sela de montar.

Así que agarrade as rendas, que imos a coñecer un pouco máis de esta curiosa especie que nos volve a lembrar a cantidade tremenda de formas e cores da que fan gala os ascomicetos (ós que pertence) en particular e os cogomelos en xeral. Imos botar unha ollada á descripción macroscópica deste "froito" de fungo, pincha en "ler máis".


DESCRIPCIÓN

Corpo Fructífero: 4-8 cm de altura. O receptáculo está formado por dous lóbulos. De novo está totalmente enrolado sobre a parte superior do pé (ver imaxe á esquerda) e logo ábrese mantendo as marxes incurvadas co himenio dirixido o exterior, tomando a típica forma de sela. Cor abrancazada, logo parda gris ou parda ocrácea na superficie superior, ou himenio, e abrancazada na superficie inferior ou estéril. Superficie seca e aveludada. Pé branco, moi esvelto, engrosado na base, liso ou cun único e longo suco lonxitudinal, elástico, glabro (sen peliños, non aveludado, o contrario de tomentoso) e axiña oco.

Carne: Elástica e gomosa. De olor e sabor inapreciables. Síntese.

Hábitat:
Crece en bosques frescos de ribeira e tamén en bosques de folla. En rupos máis ou menos numerosos. Verán e outono (aínda que as imaxes son de exemplares fotografados a finais de Xaneiro!). Frecuente en toda Galicia, aínda que non tanto na nosa zona, onde aínda que se atopa, é de forma anecdótica.

Observacións: o xénero Helvella (pequena legume ou verdura en latín) é facilmente recoñecible pola forma tan característica e pouco frecuente en oitros xéneros. A forma de sela de montar a cabalo fai moi fácil recoñecelas cando nos atopamos con algunha ainda que non sempre terán a forma tan clara como a da foto que abre o artigo; Helvella Elastica varía moito tanto en cor como en forma e, de existir algunha confusión, probablemente se daría con outra especie do mesmo xénero. Helvella Atra, por exemplo, se parece bastante morfolóxicamente, pero é máis pequena e dunha cor moura que nunca atoparemos en Helvella Elastica. Helvella Lacunosa tamén é fácil de distinguir polo seu pé cheo de sucos lonxitudinalmente.

Helvella Elastica é tóxica en crú, como todas as Helvellas, e comestible de pouco ou ningún interese despois de ben cocida, así que ide olvidándovos de pegarvos boas enchentas. Este cogomelo ten máis interese dende o punto de vista mediciñal: en 2005 un grupo de científicos coreanos comprobou a efectividade do extracto de 67 cogomelos distintos para facilitar a fribrolise, isto é, a disolución de trombos provocados pola coagulación sanguínea; Helvella elástica foi un dos 7 cogomelos que se mostraron eficaces nesta tarefa.
Ler máis...

O humor de Davila: Valiosas ensinanzas

Ano novo, novas esperanzas, e novos baldes de bos propósitos. Propóñovos un: facer coma o sabio pai da viñeta de Davila e arramplar con canto eucalipto se vos cruce por diante e poidades arrancar cas mans. Exercitas o lombo e brazos e limpas o monte de malas herbas. Eso é salud e non o colchón de LoMonaco. E ademáis da un gustiño... Eso sí, se ademáis plantades un carballo ou un castiñeiro xa é o acabose. Ler máis...

Encaramado á pedra: Fuligo Septica

Esa masa amarela que cubre a parte superior desta rocha é o protagonista desta entrada, e non, non é un fungo, a lo menos dun tempo a esta parte. Se tivestes a oportunidade de ler o artigo sobre o Stemonites (facede click para ir a él) xa sabedes que os Mixomicetos, debido ás súas peculiaridades biolóxicas, aínda que antigamente se estudaban encadrados no Reino Fungi, hoxe en día conforman un mundo aparte. Esto non quita que sigan a ser obxecto de estudo por parte dos micólogos, por suposto. Recordemos as súas características básicas a grosso modo: se alimentan por fagocitose e o seu "corpo", en lugar de estar formado por micelio coma nos fungos, está composto por unha masa protoplasmática mucilaxinosa chamada plasmodio e que se move polo substrato (xeralmente madeira en descomposición, pero a estes vailles de todo). En Fuligo Septica este movemento é perceptible porque o plasmodio vai deixando un rastro nacarado chamado hipotalo (na imaxe non se aprecia demasiado ben, pero fixádevos que nos límites da mancha amarela se aprecian unha sorte de mucosidade seca blanquecina que se perde no fondo desenfocado) similar ó que deixan lesmas e caracois. Pareceume moi curioso velo ahí encaramado á pedra; semella que anda a mirar para donde ir: "Hey, aquel tronco podre dalí abaixo ten unha pinta exquisita! Fungo o último!". En fin, antes de que se nos vaia a cabesa, imos ver unha lixeira descripción deste chamativo ex-fungo...

DESCRIPCIÓN

Corpo Fructífero: 4-15 cm de lonxitude (diámetro é máis exacto) por 1-3 cm de espesor. Masa mucilaxinosa de forma moi variable, que se adapta ao substrato sobre o que está unida directamente. Xeralmente de cor amarela viva, máis tarde vólvese sólida, formando unha cotra de cor parda cunha membrana moi fráxil e fina que envolve a masa esporal.

Hábitat: medra sobre madeira morta, herbas e outros restos vexetais (no noso caso, o musgo que recorre a pedra) como, follas, poliñas, etc. Primavera e outono. Moi frecuente.

Bueno rapaces, como non hai dous sen tres, veremos no futuro máis mixomicetos, esos pequenos e curiosos mocos que ás veces atopamos pululando polos tocóns e ramas podres.
Xa sabedes que se tedes algunha inquietude acerca dalgún cogomelo en particular, só tedes que refungar e pedilo. Un saúdo a todos! Ler máis...

Os fungos do Home do Xeo

Si, efectivamente, o tipo da foto non ten moi boa cara, pero eche o que ten pasarse 5.000 anos conxelado nun glaciar; non é bo para o cutis. Algúns xa o coñeceredes, trátase de Ötzi, e oitros coñecerédelo neste artigo que hoxe transcribimos dende a revista da Federación Galega de Micoloxía deste ano pasado 2009, Tarrelos. Nel, o amigo Xosé María Costa Lago nos falará deste antigo micólogo dos Alpes, e os fungos que os científicos que o estudaron atoparon entre a súa equipaxe. Así que co permiso do autor, ó que de paso lle enviamos un fúnxico saúdo, dende Refungando vos invitamos a esta interesantísima viaxe pola historia e a micoloxía. Pasen e lean...

Os Fungos do Home do Xeo (Fotografía dos cogomelos: José Manuel Castro Marcote)

"La Yesca que se usa para quemar o se usa para moxas se le baña en una disolución de nitro concentrada; pero no se ha de aplicar ésta cuando es la yesca destinada a cohibir las hemorragias, en cuyo caso conviene que sea muy fofa y tomentosa, para que mejor absorba la sangre y comprimiendo los tejidos, determine su oclusión..."

Juan Texidor y Cos, "Flora farmacéutica de España y Portugal" (1871)


No verán de 1991, quente de máis, aos glaciares dos Alpes deulles por cuspir cadáveres de alpinistas, algúns deles retidos durante decenios no ventre conxelado da montaña. Perpo o sexto e último desta macabra lista amosouse de contado coma un cadáver glacial atípico. Aquela momia reseca de varón, atopada accidentalmente por unha parella de sendeiristas de Nuremberg, convertiriase en pouco tempo nun extraordinario achádego arqueolóxico que causaría un grande rebumbio na comunidade científica internacional.
Nada menos que a momia dun home prehistórico de 5.200 anos de antigüidade con toda a súa impedimenta. Nunca tal se vira. (Pincha abaixo para seguir lendo!)


Os fungos de Ötzi

O homo tirolensis do Hauslabjoch, prmeira etiquetas de moitas que lle puxeron ao defunto, é mundialmente coñecido co cariñoso alcume de Ötzi, pois apareceu no Ötzal (literalmente val de Ötz, topónimo que remite a pastos, a transhumancia) a 3.599 metros de altitude, moi preto das fronteiras de Italia con Austria. Espalladas ao redor do corpo estaban as súas pertenzas. Da longa lista de obxectos que portaba Ötzi hai dous que teñen un grande valor etnolóxico. Trátase de dous fungos, dous poliporos identificados como a esca (Fomes Fomentarius) e a cipocha das bidueiras (Piptoporus Betulinus). Deles falaremos neste artigo.

Fomes Fomentarius (L.: Fr.) J.J. Kicks

Cunha peculiar forma de pezuño de cabalo, o F. Fomentarius é un fungo de grande tamano que pode acadar os 50 cm de ancho e os 20 de espesor. Ten unha codia grosa e dura orlada de protuberancias concéntricas. Especie perenne, déixase ver en calquera estación sobre madeiros de frondosas, especialmente faias. Coa súa carne de cor leonada prepárase a esca, produto imprescindible noutros tempos para prender o lume.
Probablemente é o fungo coñecido usado polo home dende hai máis tempo, con rexistros arqueolóxicos que datan do Mesolítico, nos que aparece moitas veces asociado a restos de sílex.
Sabemos que os lexionarios romanos utilizaban acendedores de esca, e dela falan autores como Plinio o Vello, Santo Isidoro ou Celio Aureliano. Temos tamén datos etnográficos e nomes populares en distintas linguas (esca, bolet d'esca, hongo yesquero, tinder fungus,...) que nos falan dun uso non tan afastado no tempo. No caso de Ötzi os anacos de esca (na imaxe da dereita) estaban no interior dunha bolsa de coiro que contiña ademáis pedernal, un buril, unha cuncha e pequenos restos de pirita. O que Ötzi levaba nesa bolsa atada á cintura non era outra cousa que un completo "kit" para prender lume.
A preparación tradicional da esca consitía en retirar a trama do fungo, remollala en auga quente xunto con cinzas, golpeala logo cun mazo e poñela de novo a remollo, esta vez nunha solución de nitrato potásico, bo oxidante. O producto resultante é unha esca excelente, doado de prender cunha soa faisca e manterse acesa sen lapas durante moito tempo. Outro fungos utilizados para estes fins son o Phellinus Ignarius, a falsa esca, non tan boa para prender o lume pero si para conservalo nas lareiras, pois arde con moita lentitude, e o Laetiporus Portentosus, utilizado non nosos días polos aborixes australianos.

Pero o F. Fomentarius tivo outros usos. Coa esca fabricábanse as moxas, unha especie de compresas utilizadas na cauterización das feridas e das que xa nos fala Hipócrates na súa extensa obra. O tratmento consitía en aplicalo sobre a parte afectada, prenderlle lume e deixar que se fora consumindo ata converterse en cinzas. Sen engadirlle á trama sal de nitro facíanse gasas hidrófilas, que se aplicaban en pequenas feridas para cortar as hemorraxias xa que pola súa textura porosa e a súa riqueza en taninos resultaban un bo absorvente e desinfectante. Os dentistas secaban con estas gasas as cavidades resultantes da extracción dun dente ou dunha moa e os pedicuros utilizábanas para separar as unllas encarnadas. Os habitantes da rexión alemá de Franconia, sen embargo, conseguiron transformar a esca nun feltro mol e flexible co que facían chapeus, embelecían vestidos e manteis e manufacturaban moedeiros.

Piptoporus Betulinus (Bull.:Fr) P.Karst

Polo seu hábitat sobre bidueiros, a súa forma de ril, a carne branca e a capa de tubos separable da trama, P. Betulinus é unha especie doada de identificar. Non o tivo tan doado o micólogo Reinhold Pöder, do Departamento de Microbioloxía da Universidade de Innsbruck á hora de identificar o segundo dos fungos que levaba con si Ötzi, xa que se trataba de dúas mostras de carpóforos estériles e as características macro e microscópicas necesarias para unha boa identificación xa desapareceran. Despois dun arduo traballo as posibilidades quedaron reducidas a dúas: Fomitopsis Officinalis e Piptoporus Betulinus. Unha análese radiocromatográfica despexou finalmente a dúbida a prol deste último.

Os fungos, que apareceron ensartados en finas tiras de coiro (á esquerda), constitúen un achádego importantísimo, pois entre as carcterísticas de P. Betulinus está a fabricación de substancias antibióticas denominadas ácido poliporénico A, B e C, eficaces para combater moitas microbacterias, entre elas o bacilo da tuberculose, así como pusuir propiedades antiinflamatorias. Se temos en conta a hipótese de que Ötzi puido ter sido un xamán, a presenza destes fungos podería responder a un posible uso curativo-espiritual e formarían parte da súa caixa de urxencias para a viaxe.

Cando escoitamos falar de fungos medicinais, véñennos á mente nomes tan exóticos como Maitake (Grifola Frondosa) ou Reischi (Ganoderma Lucidum), este último cunha tradición milenaria na medicina botánica chinesa. Pero a vella Europa non é allea atales usos. Xa no S. I d.C. o médico greogo Dioscórides escribiu sobre as propiedades curativas dos fungos que nacen nas árbores poñendo especial énfase no antes citado Fomitopsis Officinalis, cun nome específico que arrencende á trastenda de botica e que foi considerado na antiga Roma como unha sorte de remedio universal. En Rusia e Finlandia fan un té co esclerocio do Inonotus Obliquus, coñecido popularmente como chaga, como remedio para a gastrite, as úlceras e a tuberculose dos ósos.
O herborista David Winston sostén que é un fungo medicinal máis efectivo contra o cancro, xa que xontén Inotodiol, de demostradas propiedades antitumorais. E os Khanty, un pobo que vive no oeste de Siberia, fan un curiosso uso etnomedicinal co Phellinus Nigricans: despois de queimar o fungo mesturan as cinzas con tabaco e náscano para tratar a carie e a dor de moa.
Conclusións

Non foi a montaña a que matou a Ötzi. Hoxe sabemos que morreu asasinado a golpes e frechazos a mans dos seus veciños, probablemente membros dun clan rival. A montaña deu acubillo ao seu corpo e logo devolveuno máis de 5.000 anos despois para que souberamos como vivían os tiroleses do Neolítico Superior.
O estudo da súa equipaxe demostra que Ötzi era un home moi ben adaptado ao seu medio, cun amplo coñecemento dos recursos naturais. No caso que nos ocupa, o achádego dos dous fungos indica unha sofisticada relación co mundo micolóxico, xa que saber das propiedades medicinais dun fungo implica un grao de coñecemento máis profundo ca saber simplemente se un cogomelo é comestible ou non.

Por outra banda, os poliporos en xeral son considerados case sempre dende un punto de vista negativo pola súa habilidade para aprodecer rápidamente a madeira non só dos bosques senón tamén dos nosos parques e xardíns e mesmo das nosas vivendas, barcos, cercados, postes de telégrafos ou travesas do ferrocarril. Sen embargo, como vimos neste artigo, teñen tamén aspectos moi positivos. Nin héroes nin viláns, os poliporos son deses fungos que poden contribuir á mellora da nosa calidade de vida.
Ler máis...

Video: Lepista Nuda Vs Cortinarius Purpurescens

Hola fungógilos! Hoxe imos ver un video no que se explican as principais características macroscópicas dun cogomelo bastante frecuente e abundante nestas datas: Lepista Nuda. O vídeo pertence a un fragmento da serie documental "El mundo de las setas" e nel se refiren á Lepista Nuda como Rhodopaxillus Nudus, pero non hai problema, estamos a falar da misma cousa; non é máis que un sinónimo. No vídeo aprenderemos tamén a distinguila dun cogomelo que pode dar lugar a confusións, Cortinarius Purpurescens. Marchando...

Ler máis...

Oitro falecido por consumo de Tricholoma Equestre

A noticia saltaba á prensa Francesa a mediados de Decembro pasado. Un home pertencente ó distrito francés de Haute Garonne, no sur de Francia preto dos Pirineos, faleceu como consecuencia do consumo excesivo de Tricholoma Equestre. Nunca está de mal recordar o tema da toxicidade deste cogomelo, sobre todo, porque este ano foi moi abundante pola nosa zona e foi igualmente frecuente atoparse con moitos exemplares cortados. Ademáis, nas exposicións organizadas por Refungando nos atopamos algunhas persoas, consumidoras de toda a vida de este cogomelo, que se sorprendían ó enterarse da súa toxicidade. A cousa está clara: séguese consumindo, maiormente por amplo descoñecemento das últimas novas acerca deste cogomelo. Recordamos que xa tratamos este tema en refungando noitro artigo (facede click para botarlle un ollo).
Volvendo á noticia, parece ser que este home consumiu unha media de 150 gr (medidos co cogomelo antes de cociñar) de Equestre durante varios días seguidos. Síntomas: aparecen entre as 24 e 72 horas despois da última comida, e se manifestan con unha fatiga muscular anormal, dor muscular principalmente nas cadeiras e nos hombros, e sudor sen febre; os trastornos dixestivos son leves ou inexistentes. En caso de notar esta sintomatoloxía xa sabedes dónde tedes que ir botando fume.

Nos últimos anos en Francia houbo xa doce casos de intoxicación por Rabdomiolisis (que é o que produce este cogomelo, unha dexeneración do tecido muscular) e tres deles con resultado de morte. Ahora hay que sumarlle este novo falecemento.

Aínda que a noticia parece confirmar a idea de que é o consumo reiterativo o que produce a intoxicación, recordade que o metabolismo de cada un de nós influe en como nos sentan os cogomelos, e que oitra persoa distinta, por exemplo, podería acabar intoxicada con moita menos cantidade. De tódalas maneiras algo sí é certo: non hay cogomelo suficientemente saboroso como para xogarnos o pelexo por él.

Vos diredes...

Ler máis...

Leotia Lubrica

Aínda que vai un frío estos días que caen os paxariños, dende Refungando vos animamos igualmente a subir ó monte, ben abrigados, eso sí, porque o monte sempre ten algo para nós, sexa a estación que sexa. Pode non ser a mellor época para atopar os cogomelos máis deliciosos, pero sempre haberá algo para regalar os sentidos na forma dos cogomelos máis fermosos e curiosos. Como o noso pequeno amigo de hoxe, un amante da humidade abundante, pequeno e escurridizo boina verde dos chans de ricas alfombras de musgo e brión que moitas veces pasa diante nosa sen decatarnos. Jardade as navallas, que non é velenoso, pero tampouco aporta nada á gastronomía fúnxica, como a maioría dos cogomelos. É un cogomelo para ver de preto e sorprenderse coa consistencia xelatinosa da súa carne. Un regaliño deste inverno que chega a vos gracias á colaboración do amigo e fotógrafo afecionado Ignacio Zaera, ó que xa lle mandaremos unha boa caixa de cogomelos se se segue portando así de ben, claro está.

Veña lo, imos botar un ollo coma sempre a descripción detallada deste cogomelo, sempre co "Cogomelos de Galicia" coma referencia; ¿xa o pedistedes ós reis? Pinchade abaixo lo...



Corpo frutífero: 2-5 cm de alto, formado por un sombreiro xelatinoso de 1 cm de diámetro, máis ou menos redondeado, lobulado, umbilicado no centro, coa marxe enrolada e algo viscosa. Cor amarela oliva que oscurece ó madurar (o que fai que xunto co seu pequeno tamano pasen moitas veces desapercibidos). Pé longo (a maior parte do pé, na imaxe da dereita, está tapada polo mantillo vexetal), separado do sombreiro por un suco, fistuloso, sucado lonxitudinalmente e furfuráceo (lixeiramente "escamado").

Carne: xelatinosa e amarela, sen olor nen sabor apreciables. Gardade a vaixela.

Hábitat: xeralmente cespolosa (que medra en ramilletes), en grupos numerosos. En bosques húmidos, prados anegados e zonas de brión (esa especie de musguiño groso e espeso como o da fotografía). Xeralmente en outono, aínda que preto da costa o podemos atopar ata ben entrado o inverno. Non é moi frecuente e é moi doado pasalo por alto polo que xa antes comentamos, a súa cor e o seu pequeno tamano.

Observacións: Leotia Lubrica pertence ó grupo dos ascomicetos (coma as Morchellas ou Pezizas, por citar alguns xéneros coñecidos), é unha especie saprófita e terrícola (non medra en madeira). O nome da especie, Lubrica (lubricada), fai referencia á consistencia xelatinosa característica deste cogomelo. Fácil de recoñecer sobre o terreo e, ainda que podería haber algunha confusión, sempre pode habela, sería moi raro confundirse, pois non posúe lamelas, nin nervaduras como os Cantharellus que si posuen as posibles confusións con Lubrica.

Así que xa sabedes, o monte segue activo, ainda que menos. Non deixedes pasar a oportunidade de subir un destos días e sorprendervos co que toque. Aquí esperamos as vosas fotos. Claro, Refungando.

Ler máis...

Mosaico Fúnxico de Endofitos


A fotografía de portada é a gañadora do segundo premio dos VII Premios Fotociencia 2009, que conceden o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), uns premios que pretenden achegar á sociedade estas complicadas cousas científicas.

Pero, ¿qué estamos a ver? Pois unha pequena mostra en cultivos de laboratorio das máis de 114 especies (preto do 10%, novas para a ciencia) de endofitos detectadas por María Salud Sánchez e Íñigo Zabaldecoa nun estudio sobre a gramíniea Dactylis Glomerata, moi común na península (tédela na imaxe á esquerda e estades ata as narices de vela).

¿Endo qué? Endofitos: un tipo de fungos que viven no interior de plantas, xeralmente en talos e follas, pero que lonxe de provocarlles mal algún, parece que lles botan unha boa man. Os endofitos confiren unha maior resistencia contra insectos, nemátodos (diminutos vermes) e bacterias; tamén parece ser que poderían axudar ás plantas producindo sustancias tóxicas que as fagan pouco apetecibles ós herbívoros.

Pois nada, a nosa noraboa ós gañadores pola fermosa composición da fotografía e os novos descubrimentos que nos axudan ademáis a achegarnos a este grupo de fungos tan curiosos, os endofitos! Ler máis...

Milagres da simbiose: Cladonia Floerkeana

Imos ver algo un pouco raro para comeza-lo ano, a ver que tal vos presta. Veremos como a micorriza non é o única forma de simbiose que practican os nosos amigos fungos e aprenderemos catro cousiñas deste curioso organismo. O que vedes na imaxe é un liquen (atopado no alto de Iroite, medrando sobre unha rocha), un organismo simbiótico no que unha alga e un fungo se asocian para o seu beneficio mutuo. Coma dous bos compañeiros de piso, ambos se apañan para botar unha man ó outro no que mellor saben facer: o fungo, se encarga de que non falte humidade e da protección contra a radiación solar, mentres que a alga aporta a súa capacidade fotosintética. Xuntos poden colonizar os espazos naturais máis adversos e vivir miles de anos. Para que vos fagades unha idea, en 2005, dúas especies de líquenes árticos foron expostos ás inclemencias do vacío do espacio nun experimento da Axencia Espacial Europea e... sobreviviron. Pero ocorre que aínda que soportan ecosistemas extremos, son moi sensibles á contaminación ambiental, e polo tanto son un bo indicativo á hora de analizar a saúde dun entorno; a cousa ponse complicada cando comezan a desaparecer estes bichiños.
A forma vexetativa do organismo simbionte coñécese co nome de talo, e pode ser de moitos tipos atendendo ó seu aspecto. No caso que nos ocupa, Cladonia Floerkeana, presenta un talo fruticuloso (que ten algo así coma aspecto de arbusto, máis ou menos; ramificado e normalmente cun só punto de unión co sustrato). O noso líquen forma unha costra verde pálido da que emerxen pequenas ramiñas de ó redor de 2 cm de lonxitude, de textura granulosa, ás veces ramificadas e rematadas con unha estructura globosa vermella chamada podecio e que contén as esporas. Un deseño realmente fermoso. ¿Non vos parece? Ler máis...
Related Posts with Thumbnails