Novo fungo galego: Clitocybe Auniosiana

Imos coñecer a un novo fungo que ata agora vivía pasando desapercibido fora do alcance de cestas e navallas nunha illa paradisíaca, Clytocibe Auniosiana (o epíteto Auniosiana ven dado polo antigo nome que os romanos daban á illa de Ons, Aunios). Con este nome de trabalinguas foi bautizado este novo cogomelo achado no marco incomparable da illa de Ons por Jaime Blanco Dios, dentro dos estudos que se están levando a cabo na actualidade sobre a flora de fungos deste espazo natural protexido que é o parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Jaime Blanco é integrante da Asociación Micolóxica Brincabois (Pontevedra) e un reputado micólogo galego (tedes un enlace a unha entrevista con él na voz Aquí), e por suposto non é novo nesto de atopar cogomelos descoñecidos ó mundo; de feito, e xa que estamos co xénero Clytocibe, Jaime Blanco xa aumentou esta "familia" en 2005 co achado doutra nova clytocibe: Clytocibe Alaricensis.

Esta nova especie fai a número oito no seu currículum de descobrementos.

Deixámosvos un enlace a unha entrevista a Jaime feita no Faro de Vigo con motivo deste novo achado:

Entrevista Jaime Blanco Dios Faro de Vigo


Veña Jaime, un saúdo dende Refungando, suma e segue! Ler máis...

Lactarius... Deliciosus?

Se preguntamos que cogomelo sale na imaxe que abre este artigo, apostaría a que a maioría dos presentes diría sen pensalo moito: "Coño, un níscalo de toda a vida!" A verdade é que ten toda a pinta: exuda látex laranxa ó corte, tons alaranxados, as lamelas con tonos verdosos cando o cogomelo xa é algo maior... Pero nada mais lonxe da verdade. Estamos ante un clásico dos nosos montes que afecionados de toda a vida seguen recolectando coma se fose Lactarius Deliciosus (o auténtico níscalo) pero que en realidade se trata dun primo irmán menos saboroso e apreciado: Lactarius Quieticolor .

Se queredes coñecer tódolos segredos para distinguir ambas especies, só tedes que pinchar abaixo en "Leer Máis" e botar un ollo á descripción detaiada de Lactarius Quieticolor!



DESCRIPCIÓN

Sombreiro: 3-10 cm de diámetro. Ó principio convexo, despois plano convexo e por último deprimido ou umbilicado. Xeralmente presenta tons apagados pardo laranxa, agrisado pardos ou laranxa avermellados, con zonas máis escuras e verdeando ó rozamento nas feridas. Cutícula seca, pouco viscosa coa humidade, recuberta dunha pruina branca nos exemplares novos. Marxe encurvada, logo plana decurvada, delgada, flexuosa e ás veces lobulada (máis frecuente no Lactarius Deliciosus).

Lamelas: Decorrentes, delgadas, estreitas e apertadas. De cor laranxa pálida, verdean ó rozamento ou nas feridas. Aresta enteira e concolor.

Pé: 3-6 x 1-2 cm. Cilíndrico, cheo, axiña oco, raramente escrobiculado e concolor ao sombreiro pero máis apagado. As escrobículas son esas características depresións circulares de coloración máis intensa co resto do pé que presentan case sempre os Deliciosus e máis esporádicamente, Quieticolor. O da foto da dereita carece de elas. Podédelas ver ben máis adiante na imaxe de Deliciosus.

Carne: Compacta, dura e fráxil. Abrancazada e alaranxada cara a beira. Látex alaranxado que se volve da cor do viño tinto ao cabo duns minutos e verdoso co tempo. Polo contrario, o látex de Lactarius Deliciosus permanece laranxa e inmutable no tempo. Olor lixeiramente acidulado e sabor acre en cru.

Hábitat: en todo tipo de terreos de bosques de coníferas, principalmente piñeiros. Outono. En solitario ou de forma gregaria (na imaxe do lado podedes ver que a veces de forma moi gregaria). Moi común en Galicia. Aquí na nosa zona do Barbanza, a falta de estudo amplo sobre o tema, eu diría que a cousa entre Quieticolor e Deliciosus pode andar ó fifty-fifty. Aproximadamente o 50% dos "níscalos" que levades á casa son en realidade Lactarius Quieticolor.





Observacións:
A confusión con Lactarius Deliciosus (na imaxe da dereita, dous exemplares novos) é máis que posible pero non entrana ningún tipo de risco; Lactarius Quieticolor é igualmente comestible aínda que o seu sabor non é tan intenso e apreciado coma o de Deliciosus. Facendo recopilación dos rasgos distintivos máis importantes, temos que Lactarius Deliciosus é lixeiramente maior e co pé mais groso, presenta tons alaranxados máis vivos, o seu látex é inmutable laranxa vívido e aparece co pé escrobiculado con frecuencia, como podedes ver na imaxe da dereita.

Despois desta descripción xa tes na cabesa excusas suficiente para que a próxima vez que te atopes con algún "níscalo" o examines con algo de minuciosidade. As imaxes que acompañan este artigo de Lactarius Quieticolor foron tomadas o 19 deste mes, así que xa o podedes atopar no monte. Todavía non nos atopamos con Lactarius Deliciosus ainda que este verán e de forma anecdótica algún temos visto. Haberá que estar atentos ó monte nestas próximas datas.

Boa sorte cos níscalos e bo proveito!
Ler máis...

Video: Cultivando Cogomelos

Hola rapaces! Cas primeiras chuvias importantes de septembro, como os cogomelos, aparecen os "posts" na páxina de Refungando. Imos subir un video dun programa da televisión portuguesa (si, en portugués, pero é fácil de seguirlle o fío) no que tratan o tema do cultivo dos cogomelos e nos amosan as dúas técnicas das que xa falamos aquí (sacos productores e "pellets"). Non é que aporten nada novo ó xa dito nos nosos artigos pero non deixa de ser interesante poder ver no video distintos tipos de sacos productores ou a técnica para inocular os troncos con micelio. Como exemplo de curiosidade, Luís Alves, o experto invitado, nos amosa uns sacos productores "mini" (da empresa portuguesa MicoGrower), moi ben pensados e acabados, perfectos para ter na nosa cociña sen molestar á parienta, ni por hixiene nen por estética e que serían unha moi boa opción para iniciarse nisto do cultivo na casa; desgraciadamente despois de investigar un pouco demos con que a empresa que os distribue todavía non o fai fóra de Portugal, unha pena. A ver se botamos man do secretario da asociación (Telmo, we miss you!), que agora mesmo está por esas terras... Polo de pronto aquí en España só o poderedes atopar nos establecementos do Corte Inglés de Madrid.

En fin, non vos dou máis a barrila que sei que vos gustan os videos. A practicar portugués lo!

Ler máis...

A procura do cogomelo

"A procura do Cogomelo". Con este suxerente nome, Turgalicia á nosa disposición un programa micolóxico-turístico-formativo que nos ofrece un interesantísimo paquete para pasar unha fin de semana de septembro a novembro por tan só 100 € por persoa.

O paquete en cuestión inclue duas noites (venres e sábado) de estancia nun establecemento rural de Galicia, co almorzo incluído, un cursiño de iniciación á micoloxía con saídas interpretativas ao monte e un xantar campestre. Como o oides, case nada. O cursillo e saida ó monte sería o sábado.

Con esta iniciativa se nos ofrece a posibilidade de mesturar un fin de semana de natureza e relax nunha casa de turismo rural con unha aproximación ó mundo dos cogomelos, unha oportunidade que estou seguro moitos non ides deixar pasar. Toda a información para facer reservas e maís detalles no enlace de abaixo á páxina do programa!!

Enlace á páxina de Turgalicia: A por o Cogomelo!

Ler máis...

Cogomelos na túa casa!

Tiñamos unha conta pendente dende o artigo de "Cogomelos no teu xardín", no que xa vos adiantabamos que habíamos de falar da nosa experiencia cos sacos productores de cogomelos, neste caso, de Pleurotus Ostreatus, o archicoñecido cogomelo das bandexas do super. Estes sacos permítennos cultivar na nosa propia casa e sen demasiado esforzo varias especies de cogomelos comestibles, entre elas algunhas moi interesantes do xénero Pleurotus (como Ostreatus, Eryngii, Djamor ou Citrinopileatus).
Á dereita tedes o saco productor ós catro días de recibilo, mentres o deixamos incubar un tempo para que o micelio se estenda polo sustrato. O saco, cuns buratiños para que respire o fungo, non contén máis que un montón de palla e oitros restos vexetais compactados e humedecidos e nos que o micelio de Pleurotus Ostreatus xa se esta desenrolando antes de chegar á nosa casa. Podedes observar na imaxe como o micelio do fungo, esas finas hifas, tingue de blanco o saco en moi pouco tempo. O noso amiguiño xa está medrando...

Teremos o saco así entre dez e vinte días, sen nengún coidado especial mais que o mantelo nun lugar quentiño (ó redor dos 20º, algo complicado en inverno sen botar man de calefaccións), sen grandes variacións de luz ou temperatura que poidan estresar ó noso invitado, e limpo. Esta é a clave do éxito ou non do noso saco, máis que os nosos coidados que han der ser mínimos; a estabilidade das condicións nas que o manteñamos. O tema da limpeza tampouco é para tomar a broma como puiden comprobar. O lugar escollido para pasar eses primeiros días foi un faiado, lugar óptimo para o desenrolo doutro fungo coñecidísimo por todos que é o mofo. A pesares de que o micelio medraba día a día con rapidez, pola cara do saco que daba á parede (o que fixo que tardara un poco máis da conta en detectalo) comezou a medrar este fungo ata case ocupar ó final o 40% da superficie do saco. Solución: coitelo desinfectado con alcohol e proceder a raspar toda a zona "infectada" procurando non deixar nin un só resto. O resultado foi unha gran pérdida de superficie do saco (na que logo recuperaría un pouco o fungo) pero conseguimos salvar a nosa producción. Así que, ollo dónde deixades o saco!

Preme en no seguinte enlace para seguir lendo o artigo:


Despois de estes primeiros días chega a hora de trasladar o noso saco productor a un lugar aireado e luminoso (pero que a luz directa do sol non incida directamente no saco, isto non volo vai a agradecer o micelio). Ós poucos días se todo vai ben comezaredes a apreciar en diversos puntos uns pequenos abultamentos, os primordios, os embrións dos futuros cogomelos. A partir de aquí comeza a "vida" dos cogomelos e poderedes disfrutar dun importante beneficio do cultivo na casa (aparte do obvio gastronómico): disfrutar in situ de todo o proceso de fructificación dos cogomelos co espectáculo que iso conleva. Sabemos que os cogomelos medran rápido, pero observalo na túa casa é algo que non ten precio. Ó largo do día os cogomelos medran ante nós de maneira visible e apreciable: o cogomelo ou primordio que deixemos pola mañá ó levantarnos non terá nada que ver co que deixemos á noitiña ese mesmo día; o crecemento é sorprendentemente rápido. Na primeira imaxe podedes ver un destes primordios; na da dereita podedes ver algúns primordios xa máis desenrolados, cun aspecto coralino, no que xa podemos chegar a atisbar os futuros cogomelos.

En menos de 24 horas os sombreiros do cogomelo comezan a formarse, oscurecéndose os extremos das protuberancias dos primordios; comezamos a distinguir os primeiros cogomelos tomando forma. Nesta fase procuraremos que o saco manteña sempre a humidade, ben cun pulverizador, ou sumerxindo directamente o saco en auga morna; debemos manter a humidade no sustrato.
Pouco a pouco e en varios puntos do noso saco á vez, iremos observando coma se van formando os primeiros racimos de cogomelos e como cas horas, non deixan de medrar. A producción dun destes sacos é bastante abundante, dependendo tamén do tamano do mesmo pero con un de 8 kg como o que nos empregamos, vaivos custar dar abasto cos cogomelos.

Fixádevos a cantidade de cogomelos na imaxe da dereita; claro que non todos eles se desenrolarán de todo, pero o racimo promete...

Un detalle: nalgunhas fotografías veredes que o saco está roto, iso é debido á "operación" de limpeza de mofo da que falamos. Cando comezan a sair os primordios deberemos facer uns buratos no saco de plástico do tamano dunha moeda de 50 céntimos, mais ou menos, para que os cogomelos poidan medrar; no noso caso a veces non foi necesario pois parte do contido do saco xa estaba ó aire.

Podedes esperar ter se todo vai ben unhas catro colleitas aproximadamente, cun descanso para o fungo duns 10 días entre cada unha de elas. Culinariamente falando, ainda que só sea pola frescura (do saco á tixola), no ten comparación co Pleurotus mercado no supermercado (de feito houbo xente á que lle levei uns cantos e non souberon de que cogomelo se trataba; estabo moi bo, eso sí). Abaixo podedes observar imaxes de diversas fructificacións de cogomelos en diversos estadios; a última de elas case a punto de recollida, que recomendan que se faga antes de que o cogomelo estenda o seu sombreiro e espore.











Claro que algunha das colleitas deixámola chegar ata o final, simplemente por ver os cogomelos medrar adultos, algo que vos recomendo non só por observar a Ostreatus en todas as súas fases de crecemento, se non porque con un pouco de sorte poderedes contemplar un fenómeno fermoso e curioso a partes iguais: os cogomelos esporando. E cuestión de estar no momento xusto diante do saco. Se recordades o último video que subimos aparecían Pleurotus Djamor (as de color rosa) esporando ó final do video; puxémolo adrede para que souberades do que falábamos. Pois ese fermoso espectáculo, cunha nebliña fumarenta rodeando os cogomelos, as esporas flotando nesas correntes de aire imperceptibles para nós, tiven a ocasión de contemplalo na casa ("Ouuuu yeah!", que diría Duffman). Un fermosísimo espectáculo, de veras. Aquela mañá pasín a botarlle un ollo ós cogomelos e humedecelos un pocuco; os primeiros raios do sol entraban pola ventá e henchían de luz a habitación, facendo as esporas moito mais visibles. Hei de recoñecer que tardín uns segundos en darme conta do que pasaba: no primeiro momento creín que se me queimaba algo no piso! Logo caín da proverbial burra, e me sentei a carón dos cogomelos, em primeira fila, rodeado por aquela nube espesa de esporas que flotaba na habitación emanando do saco. Este momento, moi difícil de poder apreciar na propia natureza compensaba con creces a compra do saco (sen menospreciar por suposto, o bos que estaban os amigos Ostreatus).

Por último déixovos outro par de imaxes cos cogomelos máis crecidiños e para que vos fagades unha idea da producción do saco (tede en conta a pérdida de superficie nunha cara da que falamos). Se vos animades, non deixedes de mandarnos as vosas fotos, a ver como vos vai a colleita; nós, de momento, xa nos estamos plantexando probar doutra vez con Pleurotus Citrinopileatus...

Un cogomélico saúdo a todos dende Refungando!


Ler máis...

Video Time Lapse: Cogomelos medrando e esporando

Antes de nada quería agradecervos a todos, tanto ós que nos animades na rúa coma os que nos visitades aquí, polo voso apoio e alento, e desexarvos un levadeiro e breve síndrome postvacacional (ahora lle chaman así ás poucas janas de traballar) e boas e fructíferas vacacións ós que todavía chorades por elas. Dito o cal, e como sei que a moitos de vos vos gustan os videos "time lapse" de cogomelos en crecemento, imos compartir con vos outro destes videos máxicos que nos permite ver entre outras a Pleurotus Djamor (o pleutorus de cor rosa) medrando ou o espectáculo dos cogomelos esporando (¿imaxinádesvos contamplar iso mesmo sentados na casa? Pois nada é imposible... xa falaremos disto noutro artigo que temos pendiente!). Desfrutádeo coma sempre.

Vémonos refungando polo monte adiante!

Ler máis...
Related Posts with Thumbnails