Imáxenes de Langermmania Gigantea dende Celanova

Recentemente, un amigo micólogo de Celanova se puxo en contacto con nós; a través dunha das súas páxinas web que me facilitaba puiden observar unhas fotos de Langermannia Gigantea que me deixaron realmente abraiado. Como nos conta o noso amigo Alejandro Mínguez, na zona de celanova é relativamente frecuente atoparse con exemplares de bos tamanos. Como testemuñas, chamamos a declarar ás fotos que nos enviou o compañeiro! (Podedes facer click nas fotos para amplialas)




Na primeira delas, Alejandro pousa con un demo de algo máis de 8 kg (algo maior incluso que a do video!, que non chegaba ós 8 kg), tomada no 95, se mal non lembro. O oitro exemplar xa ten un tamano máis "normaliño" (á dereita, abaixo podédelo ver en detalle).




Vouvos a deixar ademais os enlaces a dous blogs de Alejandro, nos que poderedes atopar variada e interesante información aparte de fermosas e curiosas imaxes relacionadas co mundo dos cogomelos. Pasen e vexan...



Ler máis...

Unha de Gasterales: Pisolithus Arhizus

Sinónimo: Pisolithus Tinctorus

"Menudo enxendro!", estaredes pensando. Bueno, está claro que unha das características de este cogomelo non é a beleza das súas formas e cores. Que lle imos facer. Nestas datas é frecuente atoparse con algún deles e dende Refungando volo achegamos á vosa casa. Pisolithus Arhizus pertence ós gasterales, un grupo de cogomelos sen lamelas e de formas moi variadas (esféricas, estreladas, falales...) que engloba tamén ós coñecidos popularmente como "peidos de lobo". Se ben a maioría dos gasterales son sapófritos, neste caso o fungo micorriza con pinos e eucaliptos entre oitros; de feito está a ser utilizado para "inocular" plantacións de piñeiros debido a esta característica que, como vimos no video de Mr. Morgan, axuda a un maior e máis rápido crecemento na especie ca que establece a micorriza.

Ademáis, coñecendo este cogomelo aprenderemos novos conceptos, xa que os parámetros ós que estamos acostumado ó falar de cogomelos non son aplicables ós gasterales: pé, sombreiro ou lamelas non existen nestes curiosos cogomelos, así que habemos de ampliar o noso vocabulario para describilos apropiadamente como veremos na descripción máis abaixo.

Sen maís, se seguides con nós, imos a atacarlle á imprescindible descripción e desfrutar das imaxes deste curioso e fermoso, a o seu xeito, cogomelo...


DESCRIPCIÓN

Corpo Frutífero: 10-20 cm de altura. De forma moi variada, de novo globoso ou piriforme (con forma de pera, sen ser en "fino"), alongándose na madurez e tomando aspecto de columna ou simulando trozos de troncos deformes e retortos (na foto tedes un exemplo, un exemplar en plenitude, cando a parte superior ainda non comezou a "desintegrarse" excesivamente). Peridio (cando nos referimos ós gasterales, o peridio é a membrana que recobre a gleba, que é o corpo carnoso que contén as esporas do cogomelo) moi delgado, simple, seco, ao principio duro e despois fráxil, de cor café con leite ou ocrácea, ao madurar parda feluxenta e recuberto dunha capa de pó micelial.


Gleba:
Moi compartimentada e con aspecto areloado. Ao corte vense tres zonas superpostas ben diferenciadas, a inferior con peridios inmaturos de cor amarela xofre, a mediana máis grosa, seca e de cor marrón moura, e cara ao ápice vaise descompoñendo nunha masa pulverulenta de cor parda (na imaxe da esquerda podédelo ver perfectamente no corte transversal dun exemplar novo). O olor e sabor son manifestamente especiados e fortes.

Hábitat: En solos areosos, támaras, entulleiras e terrapléns. Individuos illados (maiormente) ou pequenos grupos. É moi frecuente de atopar nos nosos montes, aquí, na Novena, e en toda Galicia, inda que é fácil que nos pase desapercibida polo seu aspecto.

Observacións: dende antigo se leva utilizando como tinte natural de tons marrón-ocre. Na cociña úsase tamén como colorante e "especia" de salsas e guisos cando é novo.
Cando é moi novo como na fotografía da dereita (a súa morfoloxía é moi cambiante ó longo do seu ciclo de vida), pódese confundir con outros membros dos gasterales coma Scleroderma Citrinum ou Scleroderma Polyrhizum (dous tipos de "peido de lobo", denominación popular que engloba a un variado número de especies) .

Ler máis...

¿Comen as troitas cogomelos?

Pois parece ser que no río Rogue, en Oregón, a lo menos poderían se quixeran. Nunha proba máis de que o mundo dos fungos nunca deixa de sorprendernos, membros da Universidade de Oregón (pinchade para ir á páxina) anunciaban a principios do pasado ano o descubrimento dun fungo que ten como hábitat as frías correntes dos rápidos do mencionado río. Aínda que poidera parecer accidental nun primeiro momento (unha crecida do río, ou inundacións pasadas poderían haber cuberto de auga o cogomelo, ou ser éste saprófito e atoparse nun anaco de madeira arrastrado polo río... ), todo indica que a este cogomelo lle vai máis o submarinismo que ó defunto Cousteau, e que é este o seu hábitat, ou sexa, no leito do frío río baixo a auga, na que os investigadores poideron observar os carpóforos durante once semanas. As probas de ADN situaron a este novo fungo no xénero Psathyrella; o seu nome, como non podía se doitra maneira, Psathyrella Aquatica.

Ver para crer. Ata da gustiño mirar para a foto con esta calor infernal... A ver se volven as chuvias! Ler máis...

8 kilos de Peido! Maaarchando...

No vos deixedes asustar polo título. O caso é que fai xa algún tempo que nunha conversación por mor do artigo do cogomelo xigante Mexicano (pincha aquí se o perdestes), saiu o tema dun home de Palencia que se atopara con algún tipo de peido de lobo de proporcións astronómicas. Bueno, non tanto, pero case. Despois de moito bucear na rede atopamos este video no que o protagonista da película nos fala do seu achado. Na páxina de Público TV onde atopamos o video se identificaba a esta besta erróneamente como Lycoperdon Perlatum, pero o que ides a contemplar é un exemplar de Langermannia Gigantea (ou Bovista Gigantea e Lycoperdon Giganteum que tamén se chama). O homiño paseaba por unha carballeira preto de Ziordia (Navarra) cando se atopou con este exemplar de 7,965 kg, oito kilos, vamos. Se ben estes cogomelos teñen de por sí un tamano considerable, estamos ante un peso pesado da especie; menos mal que non morde. Pois nada, a disfrutalo.

Mes de vacacións, mes de videos en Refungando...

Ler máis...

Video sobre os efectos das Micorrizas

A micorriza, a asociación simbiótica entre fungo (mico) e as raíces dunha planta (rizhos) producen efectos beneficioso en ambos organismos. Aínda que o tema das micorrizas da para un artigo enteiro, que todo virá, a explicación de Fred Morgan, propietario da empresa Morgan Tree Service, sobre os efectos nas árbores é unha interesante aproximación inicial ó tema da micorrización. O video está na língua de Shakespeare, pero como no documental sobre Cordyceps, deixamos a traducción (máis ou menos, podedes botarnos unha man) debaixo para que sigades a exposición de Mr. Morgan.

Aína que o seu discurso vai dirixido máis ben á xente con grandes xardíns ó lado da casa, con grandes árbores, nas aforas das cidades
(é ó que se adica a súa empresa, tratar árbores, rexenerar solos...) podemos fácilmente imaxinar os efectos das micorrizas nunha plantación de piñeiros (Lactarius Deliciosus forma micorrizas con eles) ou castiñeiros (pois por exemplo, Boletus Aereus) aquí na nosa terra e darnos conta ó mesmo tempo do importantísima que é esta relación simbiótica no desenrolo e crecemento dos nosos bosques na natureza. Non vos perdades o momento en que compara as fotografías de dous pinos, con, e sin micorrizar!





"Bos días, son Fred Morgan, levo ó frente de Morgan Tree Service dende fai 34 anos e esta mañá vinme ó bosque para mostrarvos unha cousa en particular. Aquí fora, as follas permanecen no chan, ninguén as recolle, púdrense e forman unha capa superior de humus orgánico que incrementa o crecemento das plantas nesta zona.
Quero mostrarvos algo, recollín unha mostra da zona aquí xusto detrás de min, e como podedes ver, temos aquí a raíz mixturada con uns pequenos e delgados filamentos chamados micorrizas e que medran de forma natural por todo o lugar. [...]
Desafortunadamente [...] (teu chan?) probablemente non se asemellará a este de aquí, e non encontrarás raíces con peliños como estas, o chan superficial desapareceu fai tempo antes de que construisen a tua casa e a terra está compactada.

Deixádeme amosarvos unha fotografía que teño aquí que mostra as diferentes formas de responder das plantas con e sin micorrización. Aa planta que ven na esquerda é un pino, unha conífera, crecendo sen micorrización no chan. A da dereita é a misma planta, da misma idade, almacenada da misma forma e por idéntico período de tempo e vemos que medra máis rápido e é máis grande e vigorosa debido á presencia da micorrización.
Afortunadamente ainda que no teu chan non exista micorrización debido á competencia da herba ou outros factores podemos traela de volta unha vez ó ano. O chan con presencia de micorrizas [...] e os sistemas de raíces micorrizados poden chegar a ter unha capacidade de absorción de ata o 700% máis que se non estivesen micorrizados. Así que é unha boa cousa traer de volta a micorrización ó teu chan suburbano non natural polo menos unha vez ó ano."
Ler máis...

Cogomelos de Galicia no Ateneo Valle-Inclán!!!


Refungando se alía desta vez co Ateneo Valle-Inclán de Ribeira (a parte de enrriba do Bar Plaza donde se dan charlas e que está chea de libros, para os desubicados) para poñer a disposición de todos un exemplar da nova edición do libro de referencia "Cogomelos de Galicia" (click aquí para saber máis desta obra). Un manual actualizado, exhaustivo e limitado á nosa comunidade, imprescindible, en resumo, e que dende Refungando doamos a esta "irreductible aldea gala" da cultura e o coñecemento na Novena que é o Ateneo comandado dende a sombra por "Asuracentuchix" (unha aperta dende aquí ó galo máis galo).
Con esta iniciativa, calquera de vos, de dentro ou de fóra, se pode achegar ata alí para clarificar algunha dúbida (destas que xurden entre cañas, por exemplo), facer algunha consulta ó vir dunha xornada campestre, ou simplemente achegarse ó sempre sorprendente Reino Fungi a través das súas fermosas imaxes e completas descripcións. Non perdades a ocasión de achegarvos a botarlle un ollo!!

Dende Refungando vos mandamos un estival saúdo a todos os que nos seguides. ¿Está ben, ou non está ben este micolóxico verán que levamos? ¿Qué decides vos? Esperamos as vosas fotos!
Ler máis...

V Encontro Internacional de Micoloxía do Arco Atlántico

Este Outubro hai unha interesantísima cita difícil de deixar pasar para moitos micólogos, unha cita que este ano nos toca en terras galegas; unha oportunidade como ningunha oitra aprender, intercambiar ideas, poñerse ó tanto das últimas investigacións e pasarse en definitiva catro días inmerso dunha maneira ou oitra entre cogomelos. Charlas e conferencias, exposicións, música (si si, non leestes mal), saídas ó monte... Trátase do V Encontro Internacional de Micoloxía do Arco Atlántico, que se celebrará do 9 ó 12 de Outubro en Ferrol. A Asociación Micolóxica Viriato de Ferrol, se encarga este ano da organización deste evento que se celebrará no recinto ferial e de congresos de Ferrol (FIMO).

Aquí tedes o enlace á páxina web con toda a información (inscripción, programación, horarios, hoteis, ...); dende Refungando temos en mente acudir asi que, ¡vémonos alí!

Enlace á Páxina: http://encontromicoloxia.blogspot.com/
Ler máis...
Related Posts with Thumbnails