Marabillas do Reino Fungi: Cogomelos Luminiscentes

Mycena Lucentipes

A pesar do aspecto de cogomelo recolectado nas proximidades de Chernobil, a beleza das imaxes destes cogomelos na oscuridade non deixa de abraiarnos. O fenómeno, nunca mellor dito, que provoca esta luminosidade chámase bioluminiscencia, que non é máis que a capacidade dalgúns seres vivos para emitir luz como resultado de reaccións químicas.

Así que vamos a contar catro cousiñas destes cogomelos dos que aínda hoxe se estan a estudiar e a descubrir novas especies...


Existen uns 65 tipos de cogomelos bioluminiscentes, a maior parte dos cales se dan en zonas tropicales, aínda que algunhas especies se dan tamén en zonas templadas. Estes cogomelos brilan as 24 horas do día cunha luz amarelo verdosa cunha lonxitude de onda entre os 520-530 nanómetros, pero esta só é apreciable na oscuridade. O grao de bioluminiscencia varía entre especies en intensidade e localización; así nalgunhas só o sombreiro brilla, noitras son as lamelas ou o pé, e outras, como na imaxe superior, brilla todo o carpóforo. ¡Existen incluso especies nas que o cogomelo non brila, pero sí, e intensamento, o fai o micelio! Na imaxe de abaixo, un cogomelo descuberto non fai moito e o que pre tenden chamar Mycena Luxaeterna, brilla máis intensamente no pé que no sombreiro.

¿Mycena luxaeterna?

¿Porqué brillan os condenados?

Parece que se está a empezar a comprender todavía o mecanismo que empregan para relucir desa maneira, pero polo que se leva incvestigado non difiere demasiado do que empregan algunhas bacterias e animais, unha reacción que ten como resultado a emisión de luz en presencia de auga e oxíxeno.


Mycena Clorophos

O que sí que parece máis claro e o outro lado deste porqué. E dicir, ¿cal é a función deste brillo?
Pois ben, algunhas destas especies usan a luz para atraer insectos que axuden a dispersión das súas esporas, xa que ó darse en bosques tropicais moitos destos fungos, o vento non é de moita axuda baixo a cuberta de bosques tropicais e selvas. Oitros utilizarían a bioluminiscencia para atraer a depredadores para que os axuden a libralos doutros animais que se alimentan dos seus cogomelos. E oitros... ¿quen sabe?

Si o que te estás a preguntar agora mesmo é si podes velo cos teus propios ollos, a resposta e "quizáis...". Omphalotus Olearius, a seta de olivo, é biouminiscente e en condicións ideais de humidade as súas lamelas brillan. É un cogomelo que se pode atopar por aquí, a veces confundido co Cantharellus Cibarius e moi tóxico.

Omphalotus Olearius

Así que se tedes a sorte de dar con un e conseguides captar nunha imaxe este fenómeno, non dubidedes en eviarnos as vosas fotografías!

Omphalotus Olearius ON
Ler máis...

Wellcome Mr. Virescens!

Galego: Fungo dos Cregos
Castelán: Gorro Verde, Seta de Cura

Xa comentábamos ahí atrás que con un pouco de calor, e estas chuvias, non había tardar en aparecer a primeira Russula Virescens da tempada. Nos últimos días as temperaturas de máis de 20 graos e a humidade das chuvias pasadas obraron esta milagre de finais de primavera e verán. Seta de crego, seta de cura; coma no caso da Amanita Caesarea o nome popular fai referencia a exclusividade e estatus dos que antano se beneficiaban destes manxares por telos en alta estima. Así que podemos facernos unha idea das cualidades culinarias deste cogomelo, xa que non existen probas históricas nin documentos que atestigüen de cura algún que pasara fame, ou mal comera, e menos en terras galegas. A verdade e que é un cogomelo excelente na cociña, a mellor das Rússulas sen dúbida e a altura doutros cogomelos máis populares e coñecidos.

Pasamos a coñecela máis a fondo, pincha abaixo para leer máis...



Russula Virescens é pouco común en toda Galicia, e nestos lares por ende, sobre todo si temos en conta a comparación de número con outras russulas que se dan por aquí, sen embargo é abundante nos sitios que habita, crecendo frecuentemente en grupos numerosos.

Estamos ante unha supervivinte, amante da calor como poucas (ningunha???), que aparece no medio do verán despois de que caian catro gotas e nos días máis inverosímiles de calor duro, deste que doe. Virescens asoma, entre a terra reseca (de ahí que presente moitas veces o sombreiro roto, pois se parte ó crecer e romper o terreo pra sair), e medra soreprendentemente rápido (recoméndovos facer a proba e, si vos topades con algunha, sobre todo si é pequena, tentade volver o seguinte día). En tres días pode ter percorrido todo o seu ciclo dende que asoma entre a terra ata que alcanza o grao máximo de madurez.
Como non, como a maioría de cogomelos comestibles, é moi a miudo atacada de cedo por bichos, non tanto vermes como lesmas e caramechas, que soen dar boa conta de elas. Abaixo podedes ver dúas fotos da mesma Virescens. Na primeira apreciamos ben a forma do pé e as grietas no sombreiro froito da calor. Na segunda, a boa conta que del deron as lesmas.



¿Botamos unha ollada á descripción de Cogomelos de Galicia? Veña lo...

DESCRIPCIÓN

Sombreiro: 5-14 cm de diámetro. Primeiro hemisférico, máis tarde convexo e por último plano convexo e algo deprimido. De cor abrancazada, aínda que son máis comúns os tons verdes (e tamén cremas ou ocres), máis ou menos intensos, co centro máis escuro. Cutícula pouco separable, aveludada, seca e mate. Acostuma agretarse en pequenas placas (un rasgo moi carácterístico, case sempre de ese verdoso carácterístico de Virescens) deixando ver o fondo branco cremoso. Marxe incurvada, delgada, ondulada e lobulada.

Lamelas: Adnadas ou case libres, desiguais, estreitas, grosas, fráxiles e non moi apertadas. Brancas ou branco cremosas. Aresta enteira e concolor.

Pé: 2-10 x 1,5-5cm. Cilíndrico, atenuado na base, groso, irregular e un pouco rugoso, cheo e axiña oco. Branco puro e ás veces con manchas rosadas.

Carne: compacta, firme, pero na madurez fráxil e atacada polas larvas. De cor Branca. Olor afroitado e agradable. Sabor doce e para algúns como a noz.
Hábitat: Sobre solos areosos e secos de bosques de frondosas, rara baixo coníferas, e en lugares herbáceos e camiños de bosques. Verán e outono. En solitario ou gregaria. Pouco común.

Confusións: a cutícula escamada de tons verdes é unha carácterística que fai bastante identificable este cogomelo, ainda sí, en determinadas condicións como xa temos visto as cousas poden non estar moi claras; co cogomelo novo e as escamas aínda non marcadas, pódese confundir con outras especies de russulas con tons verdes tamén no sombreiro como Russula Aeruginea (sombreiro liso, sen cuartexar) ou Russula Heterophylla (co sombreiro surcado por fibrilas radias escuras), aínda que ambas son comestibles e a confusión non nos acarrexaría problemas. Máis rara (tería a cousa narices) sería a confusión con algunha amanita de tons tamén parecidos, como Phalloides sen ir máis lonxe, pero parécenos harto improbable. En todo caso, xa sabedes, precausión amigo conductor...

Ler máis...

Homo Porcinus

Ca chegada do bo tempo, como os lagartos, os exemplares de Homo Porcinus non perden o tempo e saen das súas madrigueiras prestos a acampar ou disfrutar dunha comida campestre. Os efectos deste tipo de porco no monte, coma o do paso doutro familiar, o xabarín, son sempre ben visibles. Ademáis, adaptándose rápidamente ós tempos que corren, o Homo Porcinus utiliza agora o plástico para embalar coma pantalla contra o vento envolvendo varios pinos próximos, deixando logo, cando emigra a terras máis baixas, a súa construcción para maravilla de todos...

Tentar comprender as mentes dos responsables das "maravillas" que podedes ver nas imaxes é sumerxirse nun mundo de ignorancia, estupidez e falla de sensibilidade sen límites. As fotografías foron tomadas na Curota, en varios lugares alonxados entre sí. Había máis que sacar, claro, pero era máis do mesmo. Merda.

Agora, á descorazonadora imaxe que un espera ó subir á Curota, antano verxel de piñeiráis, dun monte despoboado, as desfeitas de grandes talas, as queimas... hai que sumar a paisaxe dantesca dun monte cheo de desperdicios, bolsas de lixo, plásticos, etc...

Temos o que somos e somos o que temos. Dicir que isto me sorprende na nosa zona é coma sorprenderse aquí de que se che cague encima unha gaviota. Pasa. É unha das garruladas que un se acostuma a ver por estos lares. Un motivo de vergoña pra min coma ribeirense e pra todos coma pobo. Un toque de atención para todos porque pon de manifesto a profunda indiferencia que algo tan básico como levar o lixo do monte produce na xente en xeral. Unha inmensa labor que o Homo Porcinus non está disposto a levar a cabo. Indiferencia esta, por outra banda, herdanza da mesma profunda indiferencia que sempre cundiu aquí, incluso entre a xente de mar, de cara o coidado e respeto dos nosos mares.
Dito o cal, está claro que hay un mundo por diante que recorrer, xa non falando só deste caso en concreto, senon do Homo Galaicus en xeral, en canto ó respeto, coidado, e uso e disfrute dos nosos recursos e medio natural tan privilexiado que temos. Que sirvan estas imaxes para facernos reflexioar.

Un saúdo a todos (bueno, ós responsables da porcallada das fotos non, a eses que se os coman os lobos a próxima vez que suban ó monte, así fan aljo bo) Ler máis...

Cogomelos no teu Xardín

Hoxe queremos compartir con vos unha maneira de achegarse ós cogomelos maís de preto e que segue a filosofía da famosa frase feita de Mahoma e a dichosa montaña. Nos, como afecionados a este mundo, seguimos o principio de ir nós á montaña, pero, ¿e se podemos facer coma o profeta e traer a montaña ata a nós? Pois diso falamos amigos, de cultivar cogomelos, como as Lentinus Edodes (Shii-Take) en pleno apoxeo que podedes ver na imaxe da esquerda nun tronco inoculado.

E dirás, ¡oh, my god! ¿Podo eu facer iso? Yes, you can. Hoxe en día existen varias maneiras de cultivar cogomelos e disfrutar de todo o proceso na túa casa ó tempo que o número de especies dispoñibles cultivables é cada vez maior. Así que...

¿Que especies se poden cultivar?

Un pequeno apunte: hay algunhas especies de cogomelos que manteñen unha relación simbionte con unha especie vexetal en particular, árbores polo xeral, chamada micorriza. Esto supón que ámbolos dous organismos se benefician desta unión intercambiando nutrintes a través das raíces e o micelio, que están interconectados. Esta relación indivisible provoca que para o cultivo destas especies de fungos sexa indispensable a árbore asociada. Pertencen a este grupo os boletales, níscalos, as trufas, etc... Polo tanto non vamos a falar deste tipo de cultivos, senón dos de fungos saprófitos, que se desenvolven sobre materia orgánica en descomposición (madeira, humus...) o que fai máis sinxelo o seu cultivo.
As especies que se poden cultivar hoxe en día son numerosas, deixovos un listado de algunhas das máis interesantes:
  • Agaricus Bisporus (champiñón do supermercado de toda a vida)
  • Agrocybe Aegerita (a seta de chopo)
  • Pleurotus Ostreatus (seta de ostra)
  • Pleurotus Djamor
  • Pleurotus Cornucopiae
  • Pleurotus Eryngii (seta de cardo)
  • Coprinus Comatus
  • Lepista Nuda
  • Lentinus Edodes (Shii-take)
  • Volvariella Volvácea
  • Auricularia Auricula-Judae (Orella de Judas)

Segue lendo o artigo, pincha abaixo!


¿E cómo vai o choio lo?


Ben, existen varios métodos para o cultivo (sacos productores, pellets, micelio en gran...). Aquí imos falar dos pellets, o método que nós utilizamos para o noso primeiro cultivo. Os pellets son pequenas cuñas de madeira xa inoculada co micelio do fungo escollido. No noso caso, Pleurotus Eryngii, unha delicia que non se ve por estos lares, moi aromática, de carne compacta, bo tamano e excelente sabor. Na foto da dereita podedes ver a caixa dos pellets, que podedes atopar a través de internet en varias empresas. Contarémosvos un pouco por riba o proceso para que vos deades conta do fácil que montar a vosa propia plantación (ou funguición, millor dito!)

Na imaxe da esquerda, podedes ver perfectamente o micelio invadindo por completo os pellets como unha nube de algodón de azúcar (como en tódalas imaxes, podedes pinchar para ampliar).

Cos pellets no noso poder xa só nos fai falla a madeira. Nas instruccións que acompañaban ós pellets nos atopamos que nos pode servir madeira de carballo, haya, sauce, chopo ou eucalipto sempre que sexa fresca (debe haber menos dun mes dende que foi cortada). Decantámonos polo chopo. Tamén se nos recomenda un tronco de uns 50 cm X 15-20 cm de diámetro para unha cantidade de pellets como a que temos (20 unidades) ainda que o tronco utilizado supera un "pouco" estas medidas.

Faremos buratos duns 8-9 mm de diámetro e 3,5 xm de profundidade co taladro por toda a superficie co fin de que o fungo se extenda uniformemente polo tocón/tronco. Cuns guantes de látex ou desinfectando previamente as mans con alcohol, intruduciremos os pellets nos buratos, axudándonos dun martelo (tamén desinfectado, hay que ser coidadoso co micelio) e golpeando con coidado para encaixar a cuña e deixala a ras da superficie.

Xa só nos queda deixar o noso "criadeiro" incubando uns seis meses baixo un plástico, procurando que a madeira esté sempre húmida. Despois de ese período no cal o micelio debería haberse estendido pola madeira, enchouparémola ben sumerxíndoa nun bidón de auga e deixaremos logo o madeiro nun lugar sombrío e húmido. A partir de aquí debería producir cada vez que se enchoupase ben e durante un período de 5 a 8 anos, sempre segundo a empresa que comercializa os pellets.

Asi que, xa vos contaremos de aquí alá, agora só nos queda esperar e botar un ollo de cando en cando ó noso "amigo", procurando sobre todo que no verán que se manteña sempre húmido.

Oitro día prometemos amosarvos os sacos productores!
Ler máis...

Inauguramos nova sección: Macroscopía

Se vos fixades arriba nos elementos do menú agora hai unha nova incorporación. A sección Macroscopía tratará do estudo da morfoloxía dos cogomelos mediante a observación de caracteres apreciables a simple vista como formas, texturas, aspecto xeral, etc. Na propia sección atoparedes maís información e interesantes debuxos explicativos que esperamos vos sean de gran axuda.

Doutra banda en relación a unha cuestión que atoparedes na devandita sección, que é a distinción entre caracteres propios da especie estudada ou "accidentes", vou subir unhas fotos duns Boletus Pinophilus que sobreviviron a un destes cambios brutais de tempo de ahí atrás. Despois de moitos días de nubes e humidade, dun día para oitro atopámonos de cheo nun día de verán, co resultado que podedes observar nas imaxes que seguen. Todo isto para ilustrar como neste caso as condicións climatolóxicas afectan ó aspecto do cogomelo, dificultando ás veces a súa identificación.

Na primeira imaxe podedes ver un Boletus Pinophilus de hai un mes. O sombreiro padeceu a visita de lesmas e demáis, e facía un par de días que non chovía e con sol, así que o sombreiro aparece ca cutícula moi seca e cun color máis claro do normal, inda que conservando os tons granate-avermellados característicos de este cogomelo e apreciables tamén no pé.

As oitras tres fotos foron tomadas o mesmo día no mesmo lugar fará unha semana, e mostran diferentes estragos producidos polo cambio brusco de tempo.



Na segunda imaxe a superficie de cogomelo está totalmente cuarteada, con grandes fendas que nos deixan ver a carne blanca, pero ó estar o cogomelo cuberto entre a vexetación a decoloración no sombreito non é tan acusada como nas dúas seguintes imaxes.



Na terceira da serie á decoloración pola exposición directa ó sol hai que engadir que distintos animais "limparon" case que toda a superficie do sombreiro, quedando restos da cutícula decolorados nalgúns puntos. O aspecto esponxoso e amarelado da carne débese á exposición da mesma ós elementos. Debaixo segue sendo branca.



Por último, a derradeira imaxe mostra un Pinophilus novo, pero co sombreiro totalmente decolorado polo sol sen restos da cor "orixinal", aparecendo dun color crema pálido que nada ten que ver ca especie.




Nestes casos os "accidentes" son moi claros, pero non sempre é así. Unha decoloración lixeira, un anel desprendido, unha marxe estriada pola falta de humidade, unhas escamas lavadas, etc., pódennos levar a desafortunadas confusións... Ler máis...

Precaución con Amanita Rubescens

Galego: Amanita de viño
Castelán: Amanita rojiza, amanita vinosa


O outro día nos atopamos a primeira Rubescens da primavera, xa pasada, unha pena, e eso me fixo recordar un comentario acerca deste cogomelo de Germán nesta web. A verdade e que non é un cogomelo moi recolectado; bo para algúns, excelente para oitros, está marcado pola familia á que pertence: é unha Amanita. Para moitos con iso queda dito todo, a asociación ca toxicidade é inmediata... e non lles falta razón. Así que deixemos as cousas claras: Amanita Rubescens é tóxica... en crú (o igual que oitras Amanitas, ou outros cogomelos moi apreciados como Morchella Conica ou Morchella Esculenta).
Esta especie posúe hemolisinas, que destrúen os glóbulos vermellos, sustancias que se evaporan ca calor (a máis de 65º) e que poden provocarnos anemias severas. Polo tanto, as compoñentes toxicas se elimina cociñando ben os cogomelos. Máis perigoso que a súa toxicidade, que se pode evitar fácilmente, parécenos a súa posible confusión con oitras amanitas, especialmente con Amanita Pantherina, polo cal non recomendamos a súa recolección a seteiros neófitos neste mundo. É importante coñecer ben ámbalas dúas co fin de diferencialas con seguridade. Se ben dous exemplares tipo de ámbalas dúas especies son evidentemente diferenciables, en determiñadas condicións estes dous cogomelos poden confundirse fácilmente. A carácterística máis destacable son os tons avermellados da cor do viño tinto que lle valen o nome, e que presenta en sombreiro, pé e nas feridas da carne e lamelas. Vamos a dar unha descripción detallada, extraída como non do imprescindible manual que é Cogomelos de Galicia...


DESCRIPCIÓN

Sombreiro: 5-15 cm de diámetro, ás veces máis grande. Ao principio hemisférico, máis tarde convexo e por último estendido. Inicialmente pardo ocráceo, logo pardo avermellado e máis raramente parado amarelado ou grisáceo. Cutícula separable, fina, brillante e con placas pequenas grises ou rosadas. Marxe lisa, incurvada na madurez.

Lamelas: Libres, densas, brandas, brancas, avermelladas nas feridas ou coa idade (ó estilo dos Lactarius Deliciosus, por exemplo, que averdecen). Aresta lixeiramente subflocosa e concolora.

Pé: 8-5 X 1,5-2,5 cm. Cilíndrico, robusto, engrosado cara á base, pruinoso, cheo e oco ca idade. Grisáceo, branco ou rosa. Bulbo napiforme característico con volva marxinada, friable, e de cor vermella do viño tinto. Anela branco e pardo avermellado, estriado e decorado con pequenos restos do veo universal.

Carne: Espesa e abundante, branda, branca, avermellada baixo a cutícula e arroibándose lentament ó corte ou nas feridas. Sen olor particular e inicialmente de sabor doce, pero amarga pouco despois.

Hábitat: En sólos ácidos ou lixeiramente básicos de bosques de follas e de coníferas. Primavera, outono e inverno. En solitario ou en grupos moi numerosos. É moi frecuente na zona do Barbanza.

Confusións: A confusión con Amanita Pantherina, moi tóxica e potencialmente mortal, é posible é pois unha seta moi perigosa. A variedade de tons que presenta Amanita Rubescens fai que en determinadas ocasións presente tonalidades moi parecidas ás de Pantherina. A coloración de pantherina presenta diversas tonalidades de pardo, desde o pardo oliváceo ao pardo grisáceo ou moi claro. Amanita Pantherina nunca presentará sen embargo as coloracións e tons avermellados (como de viño tinto) que presenta Rubescens ás veces de forma moi sutil. As escamas de Pantherina son así mesmo brancas, mentres que Rubescens nos deleita con distintos tons que van do gris clariño ó rosado. O pé de Pantherina é branco, máis delgado e esvelto en contraste co pé robusto e manchado dos característicos tons viñosos sobre todo cerca da base do pé. Os tons tamén arroibados das lamelas e nas feridas da carne de Rubescens son tamén bos indicativos para diferenciar ambas especies. Outra cousa máis que as diferencia: o anel. Na Rubescens o anel presenta unha estrías verticais paralelas (coma o tecido dos calcetíns!) que lle da un aspecto fermoso de saia (ben visibles en ámbalas dúas fotos do artigo, se pinchades para agrandar).

Abaixo tendes dúas fotos para que comparedes características. Tentamos buscar imaxes nas que se apreciaran exemplares de ambas en diferentes estadios de desenvolvemento, e creo que o conseguimos, vos diredes! Á esquerda, Amanita Rubescens; á dereita, Amanita Pantherina...




VS
Poden existir oitras confusións, pero non tan graves, con Amanita Aspera ou Amanita Spissa, ainda que son máis raras de atopar. En todo caso, se no sodes capaces de recoñecer e identificar cada un dos rasgos distintivos de Rubescens, ante a máis mínima dúbida, deixádea no monte. O mellor que podedes facer se queredes aprender a recoñecer este cogomelo e ver in situ cada un destes rasgos de mans de alguén que a coñeza ben.

NOTA:
Existe unha variante de Amanita Rubescens, Amanita Rubescens var. Annulosulphurea. É moi semellante á especie tipo, pero esta é moito máis robusta, de maior tamano e ten o anel de cor branca mentres que Annulosulphurea teno amarelado. Atópase ás veces pola nosa zona. Tamén confundible con Pantherina e tóxica en crú.

Ler máis...
Related Posts with Thumbnails