Fungos na Selva (Time Lapse)

Imos colgar un fragmento do documental "Planeta Tierra", que vos recomendo a todos; nestos tres minutos imos acompañar no seu crecemento a distintos tipos de cogomelos na selva tropical ó estilo do video Amanita Muscaria (Time Lapse) que puxemos nun post anterior mentres o narrador nos apunta interesante información acerca de estes habitantes dos nosos bosques. Ahí vos vai!



Como curiosidade, decirvos que o cogomelo que leva unha falda de encaixe de Camariñas é probablemente Dictyophora Duplicata, da familia Phallaceae (coma Phallus Impudicus ou Mutinus Caninus). Se identificades algunha, non dubidedes en deixar o voso comentario!
Ler máis...

Xa estan aquiiiii... Marasmius Oreades!

Galego: sendeiriña
Castelán: senderuela, carrerilla

Parafraseando á nena de Poltergeist: "Xa están aquíiiiii...". Despois destas chuvias, xa me estaba a tardar un dos nosos visitantes desta época, un excelente cogomelo, aromático como poucos, e un pouco descoñecido na zona. Estamos a falar de Marasmius Oreades. Aínda que hay xa unha semana que nos atopamos con dous exemplares de Boletus Pinophilus, deixaremos os boletales para máis adiante, por seren ademáis máis coñecidos entre os afecionados. Imos aló...

Amiga de pastos herbosos, xardíns e camiños (de ahí o nome de sendeiriña, de feito os sitios que conozco pola zona son sendos camiños) Marasmius Oreades é unha seta de pouco tamano, escasa carne (o pé ademaís non se cociña, é correoso e fibroso abondo) e un gran olor. Ideal para secar, o cal potencia o delicioso aroma de Marasmius e nos permite conservala longo tempo. Ahí vos vai unha detallada descripción, extraída e comentada, do libro "Cogomelos de Galicia"...


DESCRIPCIÓN

Sombreiro: 2-6 cm de diámetro. Convexo ao principio, logo algo campanulado, máis tarde estendido e case sempre cun lixeiro mamelón no centro (aspecto como de magdalena). Cor ocre a carne-apardazada, máis pálida cara á marxe en tempo seco. Superficia lisa, mate e higrófana (esta é unha característica importante e fai referencia a que a cor do sombreiro cambia segundo o grao de humidade do mesmo; fixádevos como esta característica se aprecia perfectamente na foto da esquerda) . Marxe delgada, non estriada e algo acanalada.

Lamelas: grosas, espaciadas, libres, máis ou menos separadas do pé e con lamélulas (as lamelas pequenas que non chegan hasta o pé, ben visibles na foto de abaixo). Abrancazadas e despois cor crema, algo máis claras co sombreiro. Aresta fimbriada e máis escura.

Pé: 4-6 X 0,3-0,6 cm. Cilíndrico, cheo, elástico e tenaz, de difícil rotura á torsión (ollo!, característica clave á hora de identificala). Concolor ao sombreiro ou máis claro. Superficie lisa e brillante, con restos miceliares na base.

Carne: Delgada e de consistencia elástica. Abrancazada ou ocre pálida. Olor aromático característico, ciánico ou de améndoas amargas, e sabor doce.

Hábitat: Crece formando círculos ou ringleiras, en prados e pasteiros, nos claros herbosos dos bosques, á beira dos camiños e incluso nos xardíns. Está con nós de primavera a outono.

Confusións:
é un cogomelo difícil de confundir se temos presentes al lamelas, anchas espaciadas e cor crema, o olor agradable e o feito de qué o pé é de difícil rotura se o tentamos retorcer no seu eixo lonxitudinal, una característica que o diferencia de outras setas pequenas que nos poderían levar a confusión como Inocybes ou Clytocybes. En fin, se tedes alguén de man que vola poda identificar, millor que millor. Precausión amigo conductor!
Ler máis...

México Lindo!

Seguro que algúns estades acostumados a ver fotos de algún afecionado posando cun boleto de grandes dimensións na man. Algúns haberedes pousado. Pero o que seguro que non vístedes nunca é un demonio como o que ten na man o amigo este, ándele!

Non, non está feito con Photoshop, así que si, podedes asustarvos de verdade. O bicho en cuestión foi atopado en Chiapas e chámase Macrocybe Titans, 70 cm e 20 kilos, para que vos fagades unha idea, o cal deixa ós Boletus Edulis máis chulos coma auténticas cagallas.

Déixovos AQUÍ o enlace ó artigo completo...

Doutra banda, quería compartir con vos un artigo moi interesante que atopín hai un tempo e que ten que ver con todo esto de México e os fungos. No artigo a autora relata a excursión que fai na Serra Norte de Oaxaca, en México, a máis de 3.000 metros de altura e dónde, da man dun guía local experto en fungos, nos da un repaso das especies que atopan, os usos rituales e medicinais dos fungos en México e reflexa ademais o profundo coñecemente e respeto que as xentes do lugar teñen sobre os fungos. Un interesante artigo a modo de curiosidade que vos recomendo e que foi o que me levou a descubrir ó adramán que sosten o individuo da foto de arriba.

Disfrutádeo AQUÍ!

Ler máis...

Presentando Cantharellus Cibarius

Castelán: Rebozuelo, cabrilla
Galego: Cantarelo/a, pan de cabra

Un dos cogomelos máis fácilmente identificables para o seteiro principiante e sin dúbida Cantharellus Cibarius. Por iso, por ser un dos cogomelos máis apreciados e sabrosos, e porque segue estando por estas datas presente nos nosos montes, imos a adicarlle unhas liñas a un dos cogomelos preferidos de todos.

Existen oitros membros da familia Cantharellaceae interesantes na nosa comunidade (Cantharellus Lutescens, Craterellus Cornucopioides) e variantes de cibarius (var. bicolor, var. ferruginascens...), todos eles bos comestibles, pero centrarémonos no cibarius por ser o máis coñecido e dos máis abundantes. Os demáis merecen xa de por sí sós un artigo aparte (que chegará!).

Pincha no seguinte enlace para ver o artigo completo...


DESCRIPCIÓN

Sombreiro: 2-10 cm de diámetro. Primeiro convexo, máis tarde plano convexo e por último deprimido, algunhas veces con forma de embudo. Presenta unha ampla gama de tons amarelos que van do xema de ovo aou amarelo alaranxada ou amarelo pálido, incluso existen variantes moi pálidas, case brancas ou brancas. Cutícula doadamente separable, lisa e seca. Marxe delgada, frecuentemente ondulada e incurvada de nova.

Himenio: Formada por pregamentos decorrentes (aspecto de veas, en lugar de lamelas; podedes facer click na imaxe do lado para velas en detalle), marcados, grosos e sinuosos que se bifurcan en direccións aleatorias. De cor idéntica á cutícula.

Pé: 2-8 X 1-2 cm. Cilíndrico, cheo, liso, ás veces curto e robusto e outras delgado e esvelto, puntiagudo na base. Parece unha continuación do propio sombreiro co que comparte coloración.

Carne: Compacta, grosa e fibrosa, abrancazada ou amarelada, avermellando nas feridas. Raramente é atacada por lesmas e case nunca se averma (xa podían aprender os boletos!).
Olor a albaricoque e sabor doce.

Hábitat: entre a carniza e a follaxe de bosque de frondosas e coníferas. En todas as estacións se se dan boas condicións aunque é máis frecuente durante outono.

Confusións: a confusión máis común de este cogomelo (se non temos en conta as súas variantes) dase quizáis con Hygrophoropsis Aurantiaca (ó que se lle atribuen propiedades laxantes). A confusión é comprensible polo parecido a simple vista, ata que recollemos un destes cogomelos en reparamos en que este ten lamelas ademáis de ter unha carne máis frouxa, menos compacta ca de Cibarius. É polo tanto unha confusión fácil de evitar con examinar o himenio do cogomelo. Deixamos unha imaxe para que comparedes...
Ler máis...

Visitantes de Primavera

Chove. Despois de moito tempo sen caer máis que catro gotas perdidas que apenas mollaban as pedras, a chuvia deste fin de semana prométenos ó fin ter algunha esperanza de atoparnos con algúns fantásticos cogomelos de tempada. Inda que co cambio climático, que non existe según o primo de Rajoi, os últimos anos micolóxicos andaron un pouco tolos, cas temperaturas das últimas semanas e un pouco de humidade esperamos atoparnos con algunha cousa interesante (na foto, exemplares de Calocybe Gambosa, seta de San Jorge).

¿Qué podemos esperar entón? Para isto poñemos aquí un artigo en PDF extraido da revista "Sabor de Aragón", que se centra nas setas de primavera da rexión. Os cogomelos descritos podemos atopalos na nosa comunidade sen problema, agás quizáis Hygrophorus Marzoulos, que non é tan abundante aquí. Así ademáis, botamos en falta algun cogomelo como Marasmius Oreades, Cantharellus Cibarius (que últimamente nos acompaña case que todo o ano) ou, se a tempada é boa e se adianta un pouco, Russula Virescens, esa deliciosa amante da calor. De todas as formas, pola calidade do artigo e os consellos de cociña e conservación, merece a pena.

Veremos cómo se dan as cousas... entre mentres, e para que vos vaidades poñendo ó día, ahí vai o artigo prometido para descargar. Xa iremos comentando cómo vai a tempada! Ler máis...
Related Posts with Thumbnails