Video do crecemento de Amanita Muscaria

Nese fermoso e interesante vídeo seremos testigos da evolución desta seta hasta completar o seu ciclo. Podemos ver perfectamente como o veo que cubre o himenóforo (neste caso, as lamelas) se rompe co crecemento do sombreiro e forma pouco a pouco o anel característico. Este proceso é común a todas as setas con anel (macrolepiotas, agaricus, ou algún boleto coma Suillus luteus...).


Ler máis...

Fungo de fungos: Hypomyces Lateritius


Van xa tres tempoadas que me levo atopando con este curioso fungo cada ano, pero non foi ata ben pouco que dín ca solución ás miñas dúbidas acerca del. O caso e que de cando en cando me atopaba (fai un par de semanas sen ir máis lonxe) con algún lactarius deliciosus (níscalo) que non se axeitaba á descripción tipo da especie. Aparecía sempre entre outros níscalos, pero a súa forma era moito máis irregular e "grotesca", co sombreiro e pé adoptando caprichosas deformidades; o máis curioso era que non tiña lamelas, ou estas estaban atrofiadas de maneira que o himenio recordaba vagamente a cantharellus cibarius (cantarelo), só que estaba cuberto por unha sorte de costra blanca de aspecto mofoso. Polo demáis, posuía todolos caracteres de lactarius deliciosus.
A cuestión era entón, ¿estaba ante algún tipo de lactarius que descoñecía, ou ben algún tipo de fungo parasitaba a lactarius deliciosus? A solución habíaseme de presentar ó encontrar por casualidade a foto dun destes níscalos nunha páxina micolóxica. Hypomyces Lateritius parasitaba aquel níscalo. Este fungo ataca o himenio do níscalo, provocando a desaparición das lamelas do fungo parasitado e creándolle irregularidades no crecemento, provocando que a carne tome una coloración blanquecina e unha consistencia máis dura, perdendo o seu aspecto máis típico.
A pesar do seu aspecto máis ben pouco apetitoso,
Hypomyces Lateritius é prácticamente inocuo para o fungo parasitado o que fai estes níscalos comestibles como calquera outro. De feito, en Cataluña se lle coñece ó níscalo parasitado como "nai do robellón" ou "robellona" e considérase que o sabor do níscalo se ve potenciado pola parasitación, facendo destes níscalos unha pequena xoia culinaria para os amantes dos lactarius (de feito, non só parasita lactarius deliciosus, senón outros membros da familia como lactarius sanguifluus).

Xa vos contaremos de primeira man que tal
está de sabrosa a cousa!
Ler máis...

Tarrelos Online!


Estamos de noraboa, Tarrelos, a revista anual da Federación Micolóxica Galega, xa se encontra á disposición de todo o mundo na red de redes. Aínda que por agora tan só está dispoñible o número do ano pasado (nº 8), xa se está a traballar para subir os números anteriores.
Reportaxes de alto nivel, cociña fúngica, calendario de actividades, especiales coma o de Macrolepiotas, ou Psylocibe semilanceata deste número fan esta revista punto informativo imprescindible para seteiros esixentes.

Para descargar en PDF ou ver online.

Pincha AQUI para ver Tarrelos! Ler máis...

Coñece o teu inimigo...

... e coñécete a ti mesmo; en cen batallas, xamáis serás derrotado.
(Sun Tzu, El Arte de la Guerra)


Vamos a presentar a un clásico no mundo dos fungos, unha das setas responsable de maior número de intoxicacións no mundo cada ano, unha amanita (unha de elas) que a todo afeccionado debe recoñecer. Como non, damas e cabaleiros, con todos vostedes, AMANITA PHALLOIDES (alias oronja verde, cacaforra, cicuta verde)!
Debemos ter en conta que nos atopamos ante unha seta moi tóxica, a inxestión de un só exemplar pode producir a morte du adulto e que é moi abundante por estos lares, polo que aprender a diferenciala é básico. A continuación deixamos unha descripción completa desta seta, que afortunadamente é bastante sinxela de diferenciar cun exame superficial.

Descripción
(parcialmente extraida do libro Cogomelos de Galicia de J.M.C. Marcote, M. Pose e J.M Traba):
  • Sombreiro: 6-15 cm de diámetro. Primeiro hemisférico, máis tarde cónico convexo e por último plano convexo. Cor verde oliva, verde amarelada. Cutícula separable, lisa e brillante, algo viscosa coa humidade e con finas fibrilas radiais escuras ou mouras. Ás veces presenta restos de veo en forma de placas máis ou menos grandes. Marxe incurvada, lisa e fina.
  • Lamelas: Libre, apertadas e ventrudas. Brancas e ás veces con reflexos verdosos. Aresta subflocosa e concolora.
  • : 8-20 x 1-2 cm. Cilíndrico, delgado, máis delgado cara arriba, liso e oco coa idade. Branco ou verde amarelado, sucado por sutís fibrilas dispostas en zig, zag. Base bulbosa rodeada por unha volva membranosa, ancha, en forma de saco e branca. Anel branco, amplo e fráxil, estriado pola parte superior.
  • Carne: Consistente, branca, amarelada baixo a cutícula. Primeiro inodora, máis tarde con olor a mel e na madurez bastante desagradable, sabor doce.
E recordade que ante a duda, sempre debemos rexeitar a seta. Ou ben lla levamos alguén que a poida identificar con seguridade ou lle sacades unha foto para posteriores discusións. Se a pesar de estas advertencias, facedes coma este individuo (pincha no enlace!), non poderedes decir que non estábades avisados! Despois andades pola porta das casas a pedir un fíjado novo... Ler máis...

Entrevista na Voz de Galicia a Jaime Blanco

Aquí tedes unha entrevista a Jaime Blanco, enxeñeiro agrónomo e presidente da Asociación Brincabois, de Pontevedra, na que analiza un pouco a situación cogomélica actual. Deixamos un extracto da entrevista no que aborda o tema do polémico binomio rastrillo-cantarelos...

"Lo que pasa es que es una especie de pequeño o mediano tamaño y la gente que la recoge para vender lo hace de la forma más fácil que es la utilización de rastrillos o utensilios semejantes, con lo que consiguen juntar buenas cantidades rápidamente. Pero no se dan cuenta que el método es muy agresivo y perjudicial a corto y largo plazo, porque con esos utensilios se destruye el micelio, esos hilillos blancos que están ocultos debajo de la tierra y que pueden llegar a morir, con lo cual se va a reducir la cantidad de setas año tras año."

O resto da entrevista, ahí vos vai!

>> Ler Entrevista Ler máis...

Benvidos a Refungando!!


Dende Ribeira, a Novena maravilla, para o mundo, a Asociación Micolóxica Refungando se presenta como resposta á necesidade de información dos numerosos afeccionados da comarca, que hasta agora nos atopábamos desamparados á hora de atopar un punto de formación e debate serio á hora de aumentar os nosos coñecementos neste apaixoante mundo que son os fungos e a natureza. O crecente número de afeccionados, a continua merma dos nosos bosques e a recollida abusiva e destructiva, fruto da ignorancia ou a avaricia, fan necesaria así mesmo unha plataforma de formación e educación que senten as bases para unha xeración de seteiros respetuosos ca natureza e o propio mundo fúngico.

Dende esta páxina web, todavía en construcción, informaremos de todas as actividades da asociación, das novidades que se den no mundo da micoloxía e, na medida do posible, tentaremos que se convirta nunha referencia máis para os aficionados da Novena á hora de solventar calquera dúbida fúngica.

Ante a inmininte constitución da Asociación, manterémovos informados dos pasos a seguir para a inscripción de socios!! Estade atentos pitufos! Ler máis...
Related Posts with Thumbnails