Exposición Sorpresa: Cogomelos no Ateneo Valle-Inclán

Este sábado 7 de Novembro, Refungando organizou unha exposición de cogomelos sorpresa (non, os cogomelos non traían regalos no interior, a sorpresa era a exposición). O caso é que este sábado tiñamos que dar unha charla nun instituto de aquí ó ladiño, en Boiro, e por culpa deste tempo noso (ou dos alarmistas de Protección Civil, que todo pode ser), tivemos que botar abaixo a xornada, máis que nada porque ian participar nenos e se auguraban fortes ventos. Así que, compostos e sin moza, nos atopamos con un bo feixe de exemplares distintos que iamos amosar na nosa charla, e nos parecía un desperdicio deixar de amosar alguns daqueles fermosos cogomelos. Así que, co tempo en contra e media tarde e media mañá para organizalo todo, fixemos carteis, saimos ó monte, e pola mañá clasificamos e montamos a exposición no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira (para pouco asiduos, a parte de enriba do Bar Plaza). A cousa foi tan frenética e a presa que apenas tuvemos tempo de avisar a ninguén, así que disculpade se a cousa non se fixo con tempo; pero é que non o había.

Así as cousas, ó final do día, conseguimos que numerosos curiosos se pasaran por alí a contemplar as máis de corenta especies que conseguimos reunir e identificar (quedaron moitas máis sen pai) en tan corto espazo de tempo, e que nos pode dar unha idea da diversidade micolóxica tan rica que temos na nosa zona. A estrela da festa, como non, un exemplar de Amanita Caesarea que a primeira hora da tarde se uneu a exposición; fermoso e en perfecto estado, fixo as delicias dos visitantes que o contemplaban por vez primeira. Mirade á dereita que delicia de cogomelo.

Disculpade pola precipitación, todo foi por aproveitar. Haberá máis, e por suposto estaredes informados con tempo para desfrutar da nosa próxima exposición. O que xa non vos podemos asegurar é que a próxima vez vaiades ver unha Caesarea. Iso xa é máis complicado...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails