Asombroso exemplo de simbiose: Termitomyces Titanicus

Non, o da imaxe da esquerda non é a versión africana da Estatua da Liberdade. Se pensabades que despois do video de Cordyceps habiades visto de todo no Reino Fungui, agarrádevos ó teclado e atendede a esta incrible historia da relación simbiótica entre dous seres vivos tan diferentes como as termitas e os fungos. Como adianto vos diremos que se pensades que o primeiro ser vivo na terra en cultivar fungos fomos nós, estades trabucados. Xa había enxeñeiros forestais no reino animal cando nós andábamos a pedradas en taparrabos.

Arriba, un dos protagonistas de hoxe: Termitomyces Titanicus (traducido literalmente do latín ó galego, "fungo das termitas jrande de carallo"). Este adramán de cogomelo chega a medir ó redor dun metro de diámetro no sombreiro a atópase fundamentalmente en África Central e do Sur, e antes de que preguntedes, sí, cómese.

¿Queres aprender algo máis sobre estes cogomelos e a súa relación cas termitas? Pincha abaixo en Leer Máis...

Os fungos do xénero Termitomyces dependen totalmente das termitas para a súa supervivencia e reproducción. Existen varias especies de termitas que cultivan distintos tipos de Termitomyces, algunhas son capaces de cultivar varias; parece ser que tan só Macrotermes Natalensis é fiel a unha única especie de fungo.

Pro antes de nada, metámonos no esceario primeiro. Na esquerda podemos ver un esquema dun termiteiro de Macrotermes Natalensis, unha das termitas que cultivan este xénero de fungos. Serviranos para facernos unha idea da maneira na que as termitas construen o seu particular cultivo que non ten nada que envidiar ós mellores invernadoiros. Podemos ver que no centro do termiteiro, sobre un zócalo (B) sostido por pilares de arxila (PA) se asenta unha estructura complexa con forma de esponxa que correponde á zona de cultivo dos cogomelos (F) na interior do cal podemos ver a cámara da raiña (R). Os termiteiros son perfectas obras de enxeñería animal, unha superestructura perfectamente aireada e oxixenada a través dos inumerables túneles que comunican a superficie co interior, conservando dentro unha temperatura e humidade idóneas para o desenvolvemento dos fungos. A madrigueira das termitas e a "horta" ocupan casi a terceira parte dun termiteiro que pode chegar a medir ata tres metros e medio de alto.

As termitas cultivan o fungo propórcionandolle un sustrato adecuado: regurxitan restos de madeira e oitros tecidos vexetais que traen no seu estómago xunto cas esporas dos fungos consumidos. Sobre este rico sustrato vexetal, o micelio do fungo desenvólvese, pero non chega a fructificar (non saen cogomelos lo). ¿Que ocorre? Pois que como boas xardiñeiras, as termitas podan as hifas do micelio e controlan o crecemento e desenrolo do mesmo, inhibindo a formación de cogomelos. No seu lugar, nas hifas do micelio saen unhas pequenas esferas brancas cheas de esporas do tamano dunha cabeza de alfiler (coma se fosen peidos de lobo) e que as termitas empregan como fonte de alimento (ver imaxe dun horto de Macrotermes Bellicosus arriba a esquerda).

O curioso é que, se por calquera razón as termitas morresen ou abandoaran o termiteiro, o micelio, desprovisto dos primorosos coidados das termitas, crecería novamente salvaxe e daría lugar a cogomelos na superficie e redores do termiteiro abandoado. En definitiva, este é un cogomelo que só podemos ver cando se van as termitas e abandoan a leira. De non ser así, probablemente nunca teríamos noticia del.

Espero que vos gustara o cogomelo curioso de hoxe, e xa vos adianto que temos por ahí na manga oitro amiguiño que tamén ten tela que cortar... pero teredes que agardar un pouco!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails