Novo fungo galego: Clitocybe Auniosiana

Imos coñecer a un novo fungo que ata agora vivía pasando desapercibido fora do alcance de cestas e navallas nunha illa paradisíaca, Clytocibe Auniosiana (o epíteto Auniosiana ven dado polo antigo nome que os romanos daban á illa de Ons, Aunios). Con este nome de trabalinguas foi bautizado este novo cogomelo achado no marco incomparable da illa de Ons por Jaime Blanco Dios, dentro dos estudos que se están levando a cabo na actualidade sobre a flora de fungos deste espazo natural protexido que é o parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Jaime Blanco é integrante da Asociación Micolóxica Brincabois (Pontevedra) e un reputado micólogo galego (tedes un enlace a unha entrevista con él na voz Aquí), e por suposto non é novo nesto de atopar cogomelos descoñecidos ó mundo; de feito, e xa que estamos co xénero Clytocibe, Jaime Blanco xa aumentou esta "familia" en 2005 co achado doutra nova clytocibe: Clytocibe Alaricensis.

Esta nova especie fai a número oito no seu currículum de descobrementos.

Deixámosvos un enlace a unha entrevista a Jaime feita no Faro de Vigo con motivo deste novo achado:

Entrevista Jaime Blanco Dios Faro de Vigo


Veña Jaime, un saúdo dende Refungando, suma e segue!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails