Xénero Boletus: Boletus Reticulatus

Sinónimo: Boletus Aestivalis
Galego: Madeirudo de Verán

Castelán: Boleto reticulado de verano


O xénero Boletus engloba algúns dos cogomelos máis buscados, apreciados e recolectados por os afecionados e se caracteriza por ter, os cogomelos deste xénero, o himenio formado por tubos, en lugar das acostumadas lamelas, que recobren a parte inferior do sombreiro. Ó igual que as lamelas, os tubos son bos caracteres á hora de diferenciar entre as distintas especies (pola forma dos poros, cor, tamano...) pero presentan unha maior variabilidade nas súas carácterísticas ó longo da vida do cogomelo; para que nos entendamos, os tubos soen cambiar moito de cor e tamano ca idade, polo que deberemos ter este particular en conta á hora da identificación.

¿Que teñen os boletos que son tan apreciados?
Situémonos antes de nada. Existen catro especies que xogan en primeira división, por así decilo: Boletus Edulis, Boletus Aestivalis, Boletus Pinophilus e Boletus Aereus. Existen oitros mebros do xénero tamén comestibles e que iremos vendo co tempo pero que non alcanzan o valor culinario destes catro. Cando falemos das escelencias dos Boletus refirirémonos a estes catro se non facemos explícita recferencia a oitras especies.
Hai varios factores que os sitúan á cabeza en canto ás preferencia dos micófagos: un sabor e aroma doce, suave, moi característico, moi agradable e unha carne abundante, moi abundante, e dunha textura amorosa ó padal. Ademáis alcanzan tamanos (e pesos) considerables para un cogomelo o que fai moi "rentable" a súa recolección. A súa calidade culinaria é tamén a súa condena; a sobreexplotación en rexións con moita máis tradición micolóxica que a nosa fan que escasee pola súa comercialización abusiva, de maneira que a presencia de empresas de fóra de Galicia que mercan aquí os boletos (e outras especies) aumenta cada ano extendéndose a presión recolectora. A lei da oferta e a demanda. Hai que destacar que os Boletus son fungos que forman micorrizas (a relación de simbiose cas raíces dalgunha planta), polo que non se pode cultivar de maneira industrial, o que fai que sufra moito máis debido á recolección. Eche o que hai. Poderoso caballero es Don Dinero...

Aínda que xa vimos algún boleto (Pinophilus, no artigo sobre macoscopía) imos abrir lume con oitro boleto da familia, Boletus Reticulatus, por estar agora mesmo inmersos na tempada deste cogomelo e porque, para os que xa coñecen algúns Boletus, non está de maís coñecer ben unha especie frecuentemente confundida co clásico de clásicos da familia, Boletus Edulis, aínda que a confusión non entrana riscos, relaxade o esfínter; ámbolos dous son excelentes e desexados cogomelos. Veña, imos botar unha ollada a descripción de Cogomelos de Galicia e comentala un pouco...



DESCRIPCIÓN

Sombreiro: 8-20 cm de diámetro. Primeiro hemisférico, máis tarde convexo e por último plano convexo. Marrón claro, ocre claro, ocre escuro, palloso en xeral e sempre uniforme. Superficie seca pero lubrificada coa humidade e agretada en placas cando o tempo é moi seco. Cutícula separable, lisa e finalmente aveludada (aterciopelada). Marxe incurvada, delgada, lisa e excedente.

Tubos: Libres, longos e facilmente separables. Brancos ó principio e máis tarde verde amarelados. Os poros son pequenos, redondeados, moi apertados e da mesma cor dos tubos (na foto da esquerda podedes ver un exemplar xa "adulto" e o aspecto que presentan os tubos cara o final do seu ciclo de vida).

: 8-20 x 3-8 cm. Robusto e ventruso, máis tarde cilíndrico e claviforme, pero sempre cheo e firme. Cor similar á do sombreiro pero máis clara. Retículo (característica remarcable do pé dalgunhas especies de boletus, que consiste nunha especie de redeciña que recorre a superficie do pé; ver foto da dereita) característico de mallas brancas e finalmente da mesma cor do pé.

Carne: moi abundante, esponxosa, débil e branca inmutable. Olor suave e agradable e sabor doce. Axiña se averma (e axiña quere dicir axiña, coma todolos boletos; o difícil é atopar un intacto), incluso os exemplares novos.

Hábitat: Medra en bosques de frondosas. Primavera e outono. Illado ou en grupos. Moi común en Galicia (por aquí, na Novena, é moi raro encontrarse con algún como deduciredes do feito de que este fungo micorrize con frondosas, pero habelos hailos).






Observacións: Diferénciase das oitras especies do grupo pola súa cutícula seca e aveludada, carne esponxosa, pé concolor e hábita sempre en frondosas. A confusión máis común é con Boletus Edulis (foto á esquerda), pero éste ten sempre a cutícula viscosa ou húmida, o sombreiro é moito máis escuro e a súa marxe presenta xeralmente unha decoloración respecto ó resto do sombreiro, ademáis a carne baixo a cutícula presenta tons rosados. Como xa comentamos, a confusión con Edulis non entrana riscos.

Oitra confusión menos probable sería con Tylopilus Felleus (á esquerda); este cogomelo ten os poros brancos cando é novo e rosados máis en diante polo que a confusión se daría con un exemplar xoven. Neste caso, o retículo, moito máis marcado e oscuro, case negro, será o que faga saltar as alarmas. A carne de Tylopilus Felleus é extremadamente amarga pero non tóxica así que, se vos confundides, darédesvos conta ó primeiro bocado!
Ler máis...

Omnipresente Amanita Gemmata

Sinónimo: Amanita Junquillea


Esta vez, imos a coñecer a un cogomelo moi popular, non polas súas cualidades gastronómicas, se non pola súa tenaz persistencio ó longo do ano nos nosos montes. Podemos apostar que a maioría de vos se ten atopado con Amanita Gemmata nalgunha ocasión; cada vez que o tempo é bondadoso cos cogomelos esta Amanita se apunta entre os primeiros que asoman no chan. Polo seu colorido é unha seta que chama a atención, fácilmente visible polos tons amarelos do seu sombreiro, e polo seu aspecto, comparable a unha Amanita Muscaria (de feito, posue a misma sustancia activa que Muscaria, o ácido iboténico, que se transforma en muscimol, a sustancia verdadeiramente psicoactiva, ó secarse; pero esa é oitra historia...) de sombreiro amarelo e sempre máis pequena que esta.

Así que por abundante, por fermosa, por amanita e por ser un clásico dos cogomelos aquí e en toda Galicia, imos botar un ollo á descripción, esta vez estreando a mellorada edición de Cogomelos de Galicia que compartimos con todos vos. Lume lo...



DESCRIPCIÓN

Sombreiro: 4-10 cm de diámetro. Primeiro hemisférico, máis tarde convexo e finalmente estendido e algo umbonado ou deprimido. Amarelo, ocre amarelado ou amarelo limón. Cutícula separable, mate viscosa e brillante coa humidade, lisa e con placas abrancazadas máis ou menos estensas que poden desaparecer co tempo ou coa chuvia (bastante frecuentemente, por certo). Marxe Plana, lisa ou debilmente acanalada.

Lamelas:
subadnadas ou libres, apertadas, anchas, delgadas, brandas e brancas. Aresta subflocosa e da mesma cor.

Pé: 6-10 x 0,6-1 cm. Cilíndrico, cheo, oco na madurez, fráxil, doadamente separable do sombreiro e con base bulbosa. Branco puro ou amarelo moi pálido. Volva branca en forma de saco curto e comprimido, circuncisa e moi fráxil (e polo tanto tamén tendente a desaparecer ou a ser dificilmente distinguible). Anel pouco desenvolvido de cor branca, membranoso e bastante fugaz (de feito, normalmente atoparedes tan só restos pegados ó pe e tan só nos exemplares máis novos observaredes o anel completamente formado).

Carne: Branda, fráxil, branca e amarelada baixo a cutícula. Sen olor nin sabor.

Hábitat: en solos ácidos e areosos, en todo tipo de bosques, preferentemente de coníferas. Todo o ano. En solitario, máis rara en pequenos grupos. Os exemplares maís robustos pódense achar baixo frondosas. Moi común.

Comestibilidade: mediocre, según algúns, e con certo grao de toxicidade según outros; en todo caso a recompensa non xustifica de ningún modo o risco de probalo; hai que recordar que os efectos dos cogomelos están moi condicionados en ocasións polo propio metabolismo do comensal, ou sexa, que cada persoa é un mundo. Non vos recomendamos os seu consumo!

Oservacións: pódese confundir con Amanita Citrina (difícil, pero é posible), de tamano similar, pero esta ten un color amarelo pálido ou citrino e escamas ocráceas, lamelas con aresta amarelada e volva marxinada. Habíanse dar condicións específicas para que se producira a confusión, se ben e certo que podemos atopar frecuentemente Gemmatas moi claras, cas pracas sucias pola terra que nos poden levar a ela.

E isto e todo amigos. Amanita Gemmata debería ser un cogomelo fácil de identificar e co que sen dúbida vos atoparedes, polo que non está mal examinalo a conciencia como exercicio para inroducirse no campo da identificación de caracteres macroscópicos (seguide a descripción e tentar identificar os caracteres comentados no cogomelo!).

Doutra banda, xa vos imos adiantando que en breves faremos unha parada no xénero boletus para coñecer alguns dos cogomelos emblemáticos do xénero.

Boas chuvias e un saudo a todos!
Ler máis...

Xente ás leiras: Nova edición de "Cogomelos de Galicia"!!

Coma as meigas e bruxos, os afecionados á micoloxía aquí en Galicia temos o noso grimorio, o noso libro de iniciación nestas oscuras artes, que é, como non, esta indispensable guía.

Recordo ó comezar neste mundo fai uns anos que a búsqueda dun manual que satisfixera as miñas necesidades como afecionado novel, me levara á botar un ollo por varias librerías a numerosos libros sobre o tema. Non sabía que buscaba pero si tiña claro o que quería e as carácterísticas que había ter: o primeiro, dado o grandísimo número de especies que existen, estaba claro que ó principio o máis interesante era acotar o número de especies ás que un se podía atopar no monte, isto é, necesitaba un libro orientado ós cogomelos que podemos atopar na nosa comunidade; segundo, as fotografías cas que me había atopado nos diferentes manuais eran ou moi pequenas, ou so aparecían dalgunhas especies, ou a calidade (de impresión ou da propia foto) deixaba moito que desexar... así que o manual que buscaba había de ter fotos grandes, boas e ben impresas, de tódolos cogomelos descritos a poder ser; terceiro, as descripcións, en moitos manuais, sobre todo se contemplan moitas especies, eran forzosamente escuetas (nalgúns rozando o morse) e tiña claro que para unha boa identificación, era para min imprescindible como iniciado que as descripcións foran amplas e detalladas, describindo con precisión os cogomelos en cuestión; por último se me facía imprescindible para ese manual ideal unha introducción que nos sumerxira neste mundo tocando tódolos temas básicos (clasificación, morfoloxía, toxicidade, macro e microscopía, hábitats, reproducción dos fungos, etc...) e que non fose tan só unha colección de fichas de cogomelos. Como xa haberedes adiviñado o libro que respondía a tódalas miñas plegarias existía, e era, por suposto, Cogomelos de Galicia, dos autores José Manuel Marcote, Manuel Pose Carracedo e José María Traba Velay, membros todos da Asociación Micolóxico-Naturista da Costa da Morte Pan de Raposo.

Cómo é Cogomelos de Galicia dito queda. Comentarvos que a maiores do falado e dunhas 500 fichas de cogomelos, o libro nos obsequia ó final cuns utilísimos consellos de conservación, unha sección de recetas que fará as delicias dalgúns e un completo glosario de termos que nos axudará co noso vocabulario micolóxico. Un completísimo manual tanto para os que comezan como para os que levan xa un tempo no allo e queren ampliar coñecementos e un bo libro de referencia.

¿Qué nos trae esta nova edición?

Estamos ante unha nova edición, revisada, actualizada e ampliada:
  • 47 fichas de especies novas e varios xéneros.
  • Nos apartados de observacións e fotografía mudaron a maioría dos textos.
  • Cada ficha vai acompañada de novas fotos, cunha maior calidade, que nos axudarán no labor de identificación das distintas especies de cogomelos descritas.
  • En canto a edición, ten unha maior calidade tanto na cor como na nitidez.
Bueno, xa estades avisados, agora mesmo estase a repartir polas librerías da nosa comunidade, así que se vos topades con el xa nos contaredes que vos parece.

Un saúdo a todos! Ler máis...

O Ciclo Vital dos Basidiomicetos

Poñámonos antes de nada en situación. Os Basidiomicetos engloban a aqueles fungos que producen as súas esporas (chamadas basidiosporas) nunha célula especializada chamada basidio e engloba á maioría de fungos que producen cogomelos con sombreiro. Os basidios, producen típicamente catro basidiosporas, dúas de cada signo (ou "sexo") e están situados no himenio do cogomelo, a parte fértil, xeralmente lamelas ou tubos. Vamos a facer un repaso ó ciclo de vida dun cogomelo e tentar comprender cómo se reproduce. A continuación tedes unha animación en flash que ilustra o proceso típico e que pasamos a explicar despois...




Diagramación y animación: Dra. Ana Maria Gonzalez y Dr. Orlando Popoff, Instituto de Botánica del Nordeste, Corrientes, Argentina

Nun primeiro momento temos o basidio (neste caso na superficie das lamelas desta Amanita Muscaria) con dous núcleos haploides (isto é, ca metade de cromosomas). Estes núcleos fusiónanse (nun proceso chamado cariogamia) nun núcleo diploide que, a continuación, se divide en dous por meiose unha primeira vez, e logo unha segunda, dando lugar a catro núcleos haploides, dous de cada signo ("sexo" non é moi aplicable tratandose de fungos).
Fórmanse entón os esterigmas, unhas excrecencias hacia as que "migran" estes núcleos; son os "soportes" das esporas ou basidioesporas.
Unha vez no ápice dos esterigmas estes núcleos son envoltos polo citoplasma e maduran, dando lugar ás esporas, dous de cada signo. Polo lugar de formación, no exterior do basidio, denomínanse a estas esporas exóxenas. Unha vez maduras, as esporas caen a terra por efecto da gravidade.
Unha vez no chan, se se dan as condicións idónes, a espora xerminará e formará unha célula dun só núcleo (monocariótica) que comezará a multiplicarse e dar lugar ás hifas (monocarióticas e dun mesmo signo ou carácter sexual) que conformarán o micelio primario. Cando dous micelios primarios de signos opostos se atopan, nas condicións axeitadas, poden fusionarse (isto é a plasmogamia, a fusión dos citoplasmas das células das hifas) dando lugar ó micelio secundario, con dous núcleos haploides. O crecemento e entrelazamento destas hifas do micelio secundario dará lugar a uns abultamentos ou nós, os primordios, que darán lugar co tempo a un novo cogomelo. E volta a empezar...

Bueno, esperamos que a explicación non fora moi espesa e que vos axudara a comprender un pouco máis o sorprendente mundo dos fungos. Vémonos no monte. Un saúdo a todos! Ler máis...
Related Posts with Thumbnails