Benvidos a Refungando!!


Dende Ribeira, a Novena maravilla, para o mundo, a Asociación Micolóxica Refungando se presenta como resposta á necesidade de información dos numerosos afeccionados da comarca, que hasta agora nos atopábamos desamparados á hora de atopar un punto de formación e debate serio á hora de aumentar os nosos coñecementos neste apaixoante mundo que son os fungos e a natureza. O crecente número de afeccionados, a continua merma dos nosos bosques e a recollida abusiva e destructiva, fruto da ignorancia ou a avaricia, fan necesaria así mesmo unha plataforma de formación e educación que senten as bases para unha xeración de seteiros respetuosos ca natureza e o propio mundo fúngico.

Dende esta páxina web, todavía en construcción, informaremos de todas as actividades da asociación, das novidades que se den no mundo da micoloxía e, na medida do posible, tentaremos que se convirta nunha referencia máis para os aficionados da Novena á hora de solventar calquera dúbida fúngica.

Ante a inmininte constitución da Asociación, manterémovos informados dos pasos a seguir para a inscripción de socios!! Estade atentos pitufos!

Related Posts with Thumbnails