¿Cal é o organismo vivo máis grande do planeta?

Se a pregunta que encabeza este artigo a fixeramos en calquer outro tipo de web, seguro que máis de un respostaría que a balea azul; outros que Bud Spencer... pero o caso é que isto é unha páxina por e para os cogomelos, así que xa coñecedes media resposta. Efectivamente todos os que acertadamente pensastes nun fungo como candidato a este posto de bicho máis grande, podedes darvos unha palmada no lombo. A noticia de este descobremento non é nova e salta á luz en Agosto do 2000. Agora salta a Refungando ó recordar esta historia nunha tertulia navideño-tabernaria. Ata entón, e dende 1992, un fungo descuberto ó sur do Monte Adams, no estado de Washington, e que ocupaba unha superficie de 600 hectáreas, un especímen de Armillaria Ostoyae, ostentaba o título. Pero en 2000, Catherine Parks, do Servicio Forestal de US, dou a coñecer un novo fungo preto de alí, no Parque Nacional Malheur, nas Blue Mountains (Oregón), no oeste de USA. A morte de gran número de árbores levou a especialista en patoloxía vexetal a facer un estudio en toda a área, unha vez que se descubriu que o que estaba atacando os árbores era, de novo, un especímen de Armillaria Ostoyae. Este fungo é un dos máis agresivos e voraces parásito-saprófitos de árbores, sobre todo coníferas; infecta a árbore e se alimenta de ela e, cando morre, se extende polo sistema de raíces formando rizomorfos negros (na imaxe da esquerda vedes o aspecto que teñen desenterrados) en busca de novas víctimas, saltando de árbore en árbore. Por iso hai que ter moito coidado incluso ó facer talas controladas, xa que podemos propiciar a expansión do fungo sen darnos conta ó talar individuos xa infectados.

¿Os números do noso amiguiño? De impresión. Ocupa unha superficie de aproximadamente unhas 900 hectáreas, se estima a súa idade en máis de 2400 anos (ainda que podería ser ata tres veces máis vello), e se calcula que o seu peso, se fose posible desenterrar todo o complexo micelial do fungo, sería dunhas 600 toneladas.

Pero... ¿cómo saben que todo o micelio pertence a un mismo individuo ou organismo? O ADN non minte, que diría Grissom de CSI. Tomando mostras do fungo en distintos árbores infectados por toda a zona e facendo comparacións de ADN entre éstas, se acotou a zona e tamano ocupado polo noso parásito amigo.

Se cree que pode haber fungos "maiores" todavía en zonas boscosas pouco estudadas. Así que haberá que estar atento a próximos publicacións que estamos seguros irán deixando estas marcas atrás. Nós, dende refungando, estaremos atentos a calqueira nova neste sentido.

Sen maís, esperando que tiverades un feliz Solsticio de Inverno, vémonos en Oregón; Refungando of course! Ler máis...

Volve a casa por Navidade: Cantharellus Lutescens

Sinónimo: Cantharellus Aurora, Cantharellus Xanthopus
Galego: Trompeta amarela, trompeta dourada
Castelán: Rebozuelo anaranjado

Estamos nunha época do ano na que o monte respira un pouco e se deixan de ver xentes con cestos (ou bolsas, ejem) por todas partes, pero isto non quere dicir que os nosos amigos marchen de vacacións. Baixan as temperaturas e iso non lle agrada demasiado ós fungos, aínda así, un bo puñado deles resisten as noites máis frías e enchen o monte dende decembro ata febreiro, segundo veña o inverno. O protagonista desta entrada é un clásico desta época, moi abundante na nosa zona, un delicioso cogomelo da familia Cantharellaceae e un versátil ingrediente na cociña. Estamos falando de Cantharellus Lutescens, ese cogomelo de pequenas dimensións que ocupa grandes extensións, fácil de recoñecer, e sen posibles confusións perigosas á vista. Preparade as texoiras, facede un sitiño na cesta que imos a coñecer de preto a este fillo do frío... A clickar abaixo con ese rato lo!!

DESCRIPCIÓN

Sombreiro: 2-6 cm de diámetro. Ó principio aplanado e finalmente con forma de embudo cun burato central que ás veces comunica con interior do pé. Cutícula cuberta de pequenas fibrilas de cor marrón máis ou menos escura (a humidade e o tempo inflúen moito no aspecto xeral a simple vista, arriba na imaxe húmidos e novos dun color marrón maís evidente, ó lado, en tempo frío e seco dun aspecto abrancuxado e de cores pouco vivas) sobre fondo amarelado. Todo o conxunto é moi flexible pero fráxil. Marxe encurvada, ondulada, moi fina e irregular.

Himenio: Formado por pregamentos decorrentes, moi pouco marcados e irregulares, ás veces lisos ou apenas perceptibles (ista é unha das diferencias clave á hora de diferencialo, por exemplo, de Cantharellus Tubaeformis como veremos logo). De cor amarelada ou amarela alaranxada e agrisada na madurez.

Pé: 3-9 x 0, 3-1,3 cm. Cilíndrico, ás veces comprimido ou lonxitudinalmente acanalado (sutilmente, fixádevos no pé do primeiro cogomelo arrancado, que parece coma fundido), liso, delgado, oco, recto ou curvado. Cor parecida á á do himenio ou máis amarelada, ás veces rosada.

Carne: Delgada e moi fráxil principalmente no sombreiro, máis dura e algo fibrosa no pé. Raramente se averma, como Cantharellus Cibarius. Olor afroitado forte e penetrante (que se intensifica se o desecamos) e sabor suave e algo doce.

Hábitat: medra en bosques de coníferas de terreos calcarios, máis raro baixo frondosas, en lugares frescos e ricos en brión. Desde o outono ata ben avanzado o inverno. Por aquí na costa soe tardar un pouco máis en chegar, normalmente en decembro, aínda que este ano se adiantou coma mes e medio. Un cogomelo clásico do inverno que aguanta o tempo máis frío. Case sempre en grupos moi numerosos, chegando a "tapizar" extensións de terreo bastante grandes en anos bos coma os dous últimos. Na imaxe podedes ver unha parte do chan ben colonizada, pero iso non é nada comparado cas cousas que se ven polo monte adiante. Moi común nos nosos piñeirais, sobre todo preto da costa.

Observacións: As posibles confusións non deberan entranar ningún risco ó recolectalo; Cantharellus Melanoxeros (qu é moi pouco frecuente) e case sempre Cantharellus Tubaeformis (na imaxe da esquerda) son primos moi cercanos e se parecen bastante a simple vista, sen embargo se van xuntos dentro da cesta misturados con Lutescens, ata o menos avezado notaría que algo raro pasa con eses cogomelos. Se parecen, pero non son. Tubaeformis ten uns pregamentos moi evidentes no himenio e é máis robusto e grande, con unhas tonalidades marrón-olivas no pé que o diferencian ben do Lutescens.
Na recolleita, este é un cogomelo que lle ocorre algo parecido ó de Marasmius Oreades. A estructura do seu pé, fráxil e fina, e o pouco arraigado que está no chan do monte, fai que cando pasamos a navalla, a menos que está moi afiada, arranquemos os cogomelos e danemos o mantillo sobre o que se asentan. Oitra vez, unhas texoiras a man poden ser providenciais, pois ó ser un cogomelo de carne tan escasa e pequeno, a súa recolección faise tediosa e traballosa.
Por último, e respecto ó seu valor culinario, creo que poucos porán en dúbida que Cantharellus Lutescens é un excelente compañeiro na cociña, aromático, doce, saboroso, que se presta a platos e postres de todo tipo ou incluso como ingrediente dun bo licor.

Como curiosidade, comentar que existe unha fermosa variedade albina de Cantharellus Lutescens, Cantharellus Lutescens f. Schizocroica pero moito máis difícil de atopar.

Agora só queda subir ó monte e non deixalo feito un cristo, algo moi común nos amantes deste cogomelo, polas dificultades que comentamos antes da recolección. Andade con coidadiño, sede previsores e levade unhas texoiras se tedes en mente recollelo!!
Ler máis...

Humor Fúnxico 100% galego da man de Davila

Como non todo van a ser penas e hipotecas nesta vida miserenta, e coa inestimable axuda do humorista gráfico galego Luis Davila, imos tentar dende Refungando intoxicarvos (de risa) de cando en cando con algunha das ocurrencias de este home sobre o mundo dos fungos. Ahí vos vai a primeira mostra do que falamos... Xa sabedes, a refungar sen parar cos que arrasan o monte!! Non descansamos nin no solsticio de inverno!!


P.D: Graciñas Luis, Dios cho paje que nós xa cho pajaremos ben con bos cogomelos! Ler máis...

Polizón no camión!


Ou deberíamos dicir: "polizóns no camión". Nunha mostra de adaptación ó medio dun fungo sorprendente, pola localización e polo fungo colonizador, imos ver como as gastan para viaxar sen pagar un peso os cogomelos protagonistas da historia de hoxe. Pero vaiamos por partes.  Esta historia  chéganos da man dun bo amigo que me envía unha foto ó móvil. Manda carallo me digo mentras chamo de volta, ¿iso é o que parece? "Por todo o camión", me di.  Nin corto nin perezoso me dirixo ó concesionario donde traballa, no taller do cal se atopa para unha posta a punto o camión en cuestión. Efectivamente, os baixos do camión estaban cheos de cogomelos, aquí e alá, dónde os pequenos buratos dalgún tornillo permitían as fructificacións do fungo sair e medrar buscando a luz e o aire. Na foto de arriba podedes ver un dos cogomelos aflorando moi preto do intermitente traseiro..  
 
Á dereita tedes unha vista lateral do camión na que se aprecian diferentes fructificacións sinaladas en verde.

Claro, a dúbida sobre qué cogomelo era o responsable estaba no aire, pero no taller algún tiña as súas sospeitas que logo confirmamos: Pleurotus Ostreatus, nada máis e nada menos. O cogomelo do supermercado que vemos sempre acompañando ó amigo champiñón; a seta de ostra. Pero, ¿cómo chegou ahí? E, ¿de qué se alimenta? A cuestión e que este fungo é saprófito (aínda que ás veces se comporte como parásito), aliméntase de materia orgánica vexetal, madeira principalmente, morta. Logo, debería haber unha plancha de madeira ou algo parecido entre o chan do camión, o material aillante e o chan do interior; como confirmou algún dos mecánicos, isto soe ser frecuente nestes camións, así que a cuestión do sustrato alimenticio estaba clara. 


Pero, ¿como chegou? O camión non se adicaba a transportar cogomelos, que sería o maís lóxico se queremos explicar a súa presencia, se non bolería industrial así que... ¿quen carallo sabe? O camión pudo estar preto doutro no momento dunha descarga de cogomelos ou habelos transportado nalgún outro momento de forma puntual. O que é seguro e que tivo que ser xa fai algún tempo, pois os cogomelos aparecían en ambas bandas do camión, o que indica que o fungo está xa estendido por toda a chapa de madeira do chan.

Deixamos un par de fotos máis para que vexades como se desenvolveron os cogomelos neste ambiente tan pouco favorable. Os furados polos que emerxían eran de apenas uns milímetros e ó intentar medrar hacia arriba os cogomelos quedaban co sombreiro plano e pegado ó fondo do camión. En fin, que está claro que cando non  queden homes  na terra, as cascudas e os fungos farán boas migas e se reirán a gusto de nós. 

Antes de irnos, quixera enviar un saúdo e unha aperta a Fran e ós currantes do taller. Vos xa sabedes quen sodes! Graciñas a todos. Refungando nos vemos... debaixo dos coches.

Próximamente... máis cogomelos medrando en lugares incribles; só en Refungando!!
Ler máis...

Resumo Xornadas na Novena

Xa pasou a romería. O primeiro, graciñas a todos os que nos visitástedes nalgún dos actos organizados, que tiveron gran alfuencia de público a pesar do inclemente tempo (a min encántame!) que nos tocou a partires do sábado ó mediodía. Graciñas tamén por suposto á Asociación Altofalante, que organizaron unha degustación nos muiños digna de degustar, tanto polo marco incomparable, como polos deliciosos pratos que puidemos catar. Dúas cousas me marcaron ben en Amendo, unha, o croque que levín contra unha das vigas de carballo, e oitra, esa incrible e quentiña sopa de cogomelos ca que se abreu lume alí dentro. Simplemente espectacular.

Como vedes arriba, na primeira charla da mañá, e a pesar de que o tempo non prometía, Alejandro Mínguez encheu o salón do CIELGA no Vilar. Había lejañas, bostezos, si, pero tamén peito para estar todos á súa hora (enviamos un saúdo especial ós "visitantes" de Noia; elas sí que lle botaron ganas!). Gracias tamén Alejandro, que cunha boda ese mesmo día aínda estirou a charla un pouquiño máis do pensado ante as dúbidas dos presentes.

Na recollida non houbo gran cantidadde de cogomelos comestibles, pero sí sorprendente variedade para finais de Novembro. E ata atopamos algunha cousiña interesante que chamou pola tarde atención de Jaime Blanco (para os que saístedes comigo, o home do pantalón vermello que doe mirar, aqueles cantarelos brancos que nos atopamos).

Pena de fotos do muiño, as presas e os bandullos baldeiros fixéronos deixar a cámara na casa, pero como andaba por alí un home da Voz de Galicia, a ver si son bós e nos mandan algunha para colgar, porque o lugar non ten desperdicio.

Pola tarde, treboada do demo. Aínda así, novamente, Jaime Blanco e os seus boletus volveron a encher, esta vez, a Aula Multimedia do concello. A pesar das continuas interrupcións por causa dos apagóns, Jaime dou un ameno e interesantísimo repaso á familia en cuestión, donde puidemos ademáis ver por vez primeira a Boletus Atlánticus, un boletus recentemente descuberto por Jaime e que resulta que é de Ajiño (polo que algúns xa adiantan a súa peligrosidade ;D ). En serio, todos aprendemos un pouco, ou un moito mellor dito, desta familia de cogomelos tan representativa e coñecida. Graciñas polos teus consellos, Jaime.

O domingo só nos quedaba xa a exposición. A verdade e que foi unha mañán de cans. Preto de 50 especies identificadas e unha presentación coidada, fixeron as delicias de nenos e maiores.

Por último, quería deixarvos a foto de, para min, o cogomelo máis fermoso da exposición. Phaeolus Schweinitzii, ese é o seu nome; este é un cogomelo con unha morfoloxía que cambia moito ó longo da súa vida. Este exemplar era mozo, enchoupado e marron escuro debido á auga o día anterior e deslumbrante e amarelo logo de perder tanta humidade o día da exposición. O pequeno toxo é unha mostra de como ó crecer este cogomelo incorpora á súa estructura vexetación diversa. Podedes facer click coma sempre para ampliar. As manchas máis escuras son debido ó sobeteo inevitable. Aquí vos queda a foto desta curiosa beleza como despedida hoxe.

Graciñas de novo a todolos amigos que nos acompañaron, de parte de todo Refungando, e sorte no monte!! Ler máis...

V Xornadas Micolóxicas en Ribeira

Hola rapaces!! Ó fin está todo preparado. O 28 e 29 de Novembro levaranse a cabo as V Xornadas Micolóxicas de Riveira organizadas conxuntamente pola Asociación micolóxica Refungando e a Asociación Cultural Alto Falante. A unión fai a forza, amigos.

Así que tí, que viches caer as torres do World Trade Center coma palés de lirio... ¿vas a perder este acontecemento?

O groso das actividades será o sábado, cunha charla de Iniciación á Micoloxía ás 9:30 (home, hai que madrujar, pois claro, menos cachivaches ó corpo o viernes noite) no edificio do CIELGA do Vilar, donde ó rematar saliremos a dar unha volta nunha saída guiada para recoller e aprender a identificar algúns cogomelos. A charla correrá a cargo de Alejandro Mínguez, amigo periodista e autor do libro "Cogomelos Mediciñais". Ás 13:30 nos muiños de Amendo (na aldea do Vilar), celebraremos unha degustación de cogomelos logo da charla e saída. Despois dunha dura mañá de monte, ¿que mellor que enche-lo bandullo a gusto cal arbusto e nun marco incomparable como é este?

As 19:30 celebraremos outra charla, un pouco máis avanzada, "O Xénero Boletus". O poñente será Jaime Blanco Dios, un dos máis reputados micólogos da nosa terra e recente descubridor dunha nova especie de cogomelo na illa de Ons: Clytocibe Auniosiana. Se pasades a miúdo por aquí xa oistes falar de él. Últimamente anda ás voltas cun novo cogomelo riveirense, así que aver se nos conta algo... Unha charla ineludible para os que xa saben un pouquiño máis.

O domingo, para rematar, cos cogomelos rcollidos na xornada anterior montarase unha exposición de cogomelos no Ateneo Valle-Inclán na que poderán os visitantes consultar calquera dúbida cos membros de Refungando que estarán a xornada alí. Unha magnífica forma de achegarse ós cogomelos e aprender a distinguir algunhas especies: téndoas diante.

Bueno, imos seguir preparando o tema. Estades avisados así que... Refungando nos vemos o fin de semana que ven! Ler máis...

Arume dos piñeiros: Clathrus Ruber

Hola amigos! ¿Disfrutando deste dilatado outono? Nós vaia que sí. De feito e como nos seguimos topando con este cogomelo tan curioso, fácil de distinguir, e que chama tanto a atención de afecionados e curiosos, imos a adicarlle a Clathrus Ruber un artigo en Refungando.

¿E lo de quen ven sendo?

Clathrus Ruber é un saprófito que pertence á familia Phallaceae, ou sexa, está emparentado con cogomelos do tipo de Phallus Impudicus ou con outro Clathrus, Archeri, que tamén habemos ver por aquí. Estes cogomelos teñen todos cousas en común, como que no seu primeiro estadio de desenrolo se presentan en forma de ovo (aquí podería haber certamente confusións), ou que despiden un cheiro nauseabundo, como moitos curiosos puideron comprobar na exposición de Refungando no Ateneo-Valle Inclán. Claro está, nada cheira a rata morta porque sí. E é que estes cogomelos desprecian a gravidade como método de dispersión de esporas e optan no seu lugar por atraer co seu doce arume moscas e oitros insectos que lles fan o traballo de espallar polo monte a súa descendencia.

No caso de este cogomelo, a imaxe fala por sí sola, pero imos achegarnos un pouco máis coma sempre e botar un ollo á descripción deste becho raro, que tamén pode ser curiosa, pois non temos nin pé, nin sombreiro, nin lamelas (pásanos coma con Pisolithus Arhizus). Pincha en Leer Máis pra aprender algunha cousiña de Clathrus Ruber...


DESCRIPCIÓN

Corpo Frutífero: 4-8 cm de diámetro. Globoso, semihipoxeo e cuns cordóns miceliares na base a modo de raíces blancas. Exoperidio branco (a piel de fora), cunha armazón ben marcada de surcos pentagonais que lembran un balón de fútbol (nos sempre lle chamamos o cerebriño de nenos, que tamén se parece). Peridio mucilaxinoso (podédelo ver na seguinte imaxe, na que comezou a romper o exoperidio e deixa ver esa capa de aspecto moquento que é o peridio), de 3-4 mm de espesor que rodea a gleba. Ó madurar ábrese polo ápice e emerxe unha masa vermello-alaranxada-rosácea (varía, xa sabedes, cogomelos...) con forma de rede ou gaiola esférica, permanecendo os restos do exoperidio na base (ver foto que abre o artigo) a modo de volva abrancazada e que soe acabar desaparecendo antes que a "gaiola".

Gleba: Atópase no interior da rede de consistencia xelatinosa e cor verdosa (se aprecia moi ben na primeira imaxe, na cara interior das celdas da gaiola). Emana un olor repugnante e nauseabundo para atraer as moscas, encargadas de esparexer as esporas.

Hábitat:
Frutifica en piñais areosos e terreos calcáreos (preto da costa). En grupos de varios individuos. Primavera e finais de outono. Frecuente de atopar.

Observacións: En estado maduro o noso cheirumento amigo é inconfundible. Tan só no estadio de ovo poderiamos confundilo co irmá de xénero, Clathrus Archeri, ou con algún membro do xénero Phallus. ¿É comestible? Bueno, en primeiro lugar decirvos que podedes atopar algún libro que o recomende como comestible de novo. E, bueno, comestible é (o exemplar adulto xa a ninguén lle pasa pola cabeza botar á pota só polo cheiro). Comestibles son moitas cousas; todo o que non che mata. Pero de ahí a pensar que este é un cogomelo interesante de atopar para meter na cesta e meter na cociña vai unha muralla china. Así que relax. Este é un cogomelo para desfrutar das súas atípicas formas, ben fermoso se atopamos un exemplar en plenitude e óptimo para escarallarnos ca cara que pon a xente cando lle pega un bo repaso olfativo.

Bueno, rapaces, esperamos que sacárades algún proveito coma sempre, e que esteades a desfrutar do monte coma nunca. Xa sabedes que calquer día nos vemos... polo monte Refungando!
Ler máis...

O novo Tarrelos na rúa!!

Xa está Tarrelos na rúa e nos frotamos as mans mentres botamos unha ollada ós contido deste ano. A revista de peridiocidade anual da Federación Galega de Micoloxía nos sorprende ademáis e nos toca de preto na bisbarra pois un dos seus artigos está adicado á flora micolóxica de Aguiño (ós animais da fauna xa os coñecemos ben a todos...).
Coma sempre, artigos adicado á cociña, flora, novas especies, historia e curiosidades dos cogomelos.
Nóss nos quedamos especialmente co artigo adicado ós coprinus fimícolas (que medran na merda, así nos entendemos), acompañado de fermosísimas fotos, o da flora de Aguiño e o adicado ó xénero Lactarius (que ademái nos vale de repaso ós que tivemos a sorte de asistir á conferencia do xénero Lactarius do autor, Chemi Traba Velay, en Vilagarcía)

O cogomelo da portada, para os curiosos, é Laurobasidium Lauri, e a fotografía de José M. Castro Marcote.

Xa sabedes, e se non, cóntovolo, que na lista de enlaces da páxina tedes unha versión electrónica de Tarrelos, na que de momento só está subido o número anterior. Tamén podedes pinchar AQUÍ para ver a anterior revista.

Veña rapaces, arriamos que non chove e hai que ir botar un ollo!! Ler máis...

Asombroso exemplo de simbiose: Termitomyces Titanicus

Non, o da imaxe da esquerda non é a versión africana da Estatua da Liberdade. Se pensabades que despois do video de Cordyceps habiades visto de todo no Reino Fungui, agarrádevos ó teclado e atendede a esta incrible historia da relación simbiótica entre dous seres vivos tan diferentes como as termitas e os fungos. Como adianto vos diremos que se pensades que o primeiro ser vivo na terra en cultivar fungos fomos nós, estades trabucados. Xa había enxeñeiros forestais no reino animal cando nós andábamos a pedradas en taparrabos.

Arriba, un dos protagonistas de hoxe: Termitomyces Titanicus (traducido literalmente do latín ó galego, "fungo das termitas jrande de carallo"). Este adramán de cogomelo chega a medir ó redor dun metro de diámetro no sombreiro a atópase fundamentalmente en África Central e do Sur, e antes de que preguntedes, sí, cómese.

¿Queres aprender algo máis sobre estes cogomelos e a súa relación cas termitas? Pincha abaixo en Leer Máis...

Os fungos do xénero Termitomyces dependen totalmente das termitas para a súa supervivencia e reproducción. Existen varias especies de termitas que cultivan distintos tipos de Termitomyces, algunhas son capaces de cultivar varias; parece ser que tan só Macrotermes Natalensis é fiel a unha única especie de fungo.

Pro antes de nada, metámonos no esceario primeiro. Na esquerda podemos ver un esquema dun termiteiro de Macrotermes Natalensis, unha das termitas que cultivan este xénero de fungos. Serviranos para facernos unha idea da maneira na que as termitas construen o seu particular cultivo que non ten nada que envidiar ós mellores invernadoiros. Podemos ver que no centro do termiteiro, sobre un zócalo (B) sostido por pilares de arxila (PA) se asenta unha estructura complexa con forma de esponxa que correponde á zona de cultivo dos cogomelos (F) na interior do cal podemos ver a cámara da raiña (R). Os termiteiros son perfectas obras de enxeñería animal, unha superestructura perfectamente aireada e oxixenada a través dos inumerables túneles que comunican a superficie co interior, conservando dentro unha temperatura e humidade idóneas para o desenvolvemento dos fungos. A madrigueira das termitas e a "horta" ocupan casi a terceira parte dun termiteiro que pode chegar a medir ata tres metros e medio de alto.

As termitas cultivan o fungo propórcionandolle un sustrato adecuado: regurxitan restos de madeira e oitros tecidos vexetais que traen no seu estómago xunto cas esporas dos fungos consumidos. Sobre este rico sustrato vexetal, o micelio do fungo desenvólvese, pero non chega a fructificar (non saen cogomelos lo). ¿Que ocorre? Pois que como boas xardiñeiras, as termitas podan as hifas do micelio e controlan o crecemento e desenrolo do mesmo, inhibindo a formación de cogomelos. No seu lugar, nas hifas do micelio saen unhas pequenas esferas brancas cheas de esporas do tamano dunha cabeza de alfiler (coma se fosen peidos de lobo) e que as termitas empregan como fonte de alimento (ver imaxe dun horto de Macrotermes Bellicosus arriba a esquerda).

O curioso é que, se por calquera razón as termitas morresen ou abandoaran o termiteiro, o micelio, desprovisto dos primorosos coidados das termitas, crecería novamente salvaxe e daría lugar a cogomelos na superficie e redores do termiteiro abandoado. En definitiva, este é un cogomelo que só podemos ver cando se van as termitas e abandoan a leira. De non ser así, probablemente nunca teríamos noticia del.

Espero que vos gustara o cogomelo curioso de hoxe, e xa vos adianto que temos por ahí na manga oitro amiguiño que tamén ten tela que cortar... pero teredes que agardar un pouco!



Ler máis...

Exposición Sorpresa: Cogomelos no Ateneo Valle-Inclán

Este sábado 7 de Novembro, Refungando organizou unha exposición de cogomelos sorpresa (non, os cogomelos non traían regalos no interior, a sorpresa era a exposición). O caso é que este sábado tiñamos que dar unha charla nun instituto de aquí ó ladiño, en Boiro, e por culpa deste tempo noso (ou dos alarmistas de Protección Civil, que todo pode ser), tivemos que botar abaixo a xornada, máis que nada porque ian participar nenos e se auguraban fortes ventos. Así que, compostos e sin moza, nos atopamos con un bo feixe de exemplares distintos que iamos amosar na nosa charla, e nos parecía un desperdicio deixar de amosar alguns daqueles fermosos cogomelos. Así que, co tempo en contra e media tarde e media mañá para organizalo todo, fixemos carteis, saimos ó monte, e pola mañá clasificamos e montamos a exposición no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira (para pouco asiduos, a parte de enriba do Bar Plaza). A cousa foi tan frenética e a presa que apenas tuvemos tempo de avisar a ninguén, así que disculpade se a cousa non se fixo con tempo; pero é que non o había.

Así as cousas, ó final do día, conseguimos que numerosos curiosos se pasaran por alí a contemplar as máis de corenta especies que conseguimos reunir e identificar (quedaron moitas máis sen pai) en tan corto espazo de tempo, e que nos pode dar unha idea da diversidade micolóxica tan rica que temos na nosa zona. A estrela da festa, como non, un exemplar de Amanita Caesarea que a primeira hora da tarde se uneu a exposición; fermoso e en perfecto estado, fixo as delicias dos visitantes que o contemplaban por vez primeira. Mirade á dereita que delicia de cogomelo.

Disculpade pola precipitación, todo foi por aproveitar. Haberá máis, e por suposto estaredes informados con tempo para desfrutar da nosa próxima exposición. O que xa non vos podemos asegurar é que a próxima vez vaiades ver unha Caesarea. Iso xa é máis complicado... Ler máis...

Contaminación dos cogomelos: ¿inflúe máis o sitio de recolleita ou a especie?

Estos días saeu nos medios unha noticia que ven a conto do tema dos minerais pesados e a súa absorción polos cogomelos que xa comentamos hai pouco cando falamos de Macrolepiota Procera. No estudo (ver vídeo da nova) levado a cabo por investigadores da Universidade de Castilla-La Mancha se observaron os distintos factores que inflúen na presencia de metais pesados en distintos cogomelos (sutrato de recolleita dos cogomelos, área de aparición e especie recollida ) e o resultado é un pouco sorprendente.

O estudo realizado sobre un centenar de carpóforos de doce especies distintas revelou que a especie estudada pode ser máis determinante que oitros factores como os arriba citados. Ou sexa, á hora de saber que cogomelos teñen unha maior concentración de metais pesados o que máis inflúe máis é a especie, non o lugar no que se recolle. Según este traballo, destas 12 especies, Cantharellus Cibarius sería a máis sensible ó neodimio e chumbo (do primeiro presenta 7,1 microgramos [1 microgramo = 0,000001 gramos] por gramo e o segundo, 4,8 microgramos por gramo).

Oitra das setas con maiores concentracións destes metales é Hypholoma Fasciculare (tóxica e moi común, na imaxe da esquerda) na que apareceron nin máis nin menos que 3,6 e 4,1 microgramos por gramo de torio e uranio. Para facerse unha sopa con eles, vamos.

O certo é que agora vaise a comezar unha nova fase deste estudio no que se analizará a a presencia de 19 elementos químicos en 15 especies de setas comestibles e que debería botar algo de luz sobre este tema que a todos nos interesa (recordemos que os metais pesados teñen a habilidade de irse acumulando no noso organismo co tempo...).

Estaremos ó tanto do que este novo estudo nos poda aportar ó noso coñecemento de este fascinante mundo aparte que é o Reino Fungui para servírvolo en bandexa en Refungando.

Deica refungóns!!! Ler máis...

A Cantarela: Outono Micolóxico 2009

A Asociación Micolóxica A Cantarela, de Vilagarcía de Arousa, decana da micoloxía galega, preparou este ano un cartel de actividades, charlas, saídas e conferencias que farán as delicias tanto de afecionados noveis coma dos máis experimentados. Esta xente leva traballando activamente na divulgación da micoloxía dende o ano 1983 e as súas xornadas micolóxicas non teñen comparación na xeografía galega, tanto en extensión coma en calidade (non deberíades perdervos nin as exposicións de cogomelos que organizan, nen tampouco, os máis larpeiros, as degustacións de cogomelos, nas que salen os "afecionados" de debaixo das pedras (se fora par traballar...). Arriba tedes o enlace con máis información dentro da páxina da asociación; abaixo deixámosvos o programa deste ano para que vaiades botando contas para pasarvos por alí. Dende Refungando nos organizaremos para asistir ó asalto ata o oitro lado da ría, así que se estás interesado en asistir, podes enviarnos un correo á nosa dirección e xa veremos como facemos.

Vémonos refungando, por Vilagarcía adiante! (Pincha Leer Máis para ver o programa...)


PROGRAMA

- Día 7 de noviembre
9.00h.- Salida al campo en coches particulares, a recoger setas para la exposición.

- Día 8
Auditorio de Vilagarcía - 12.00h - Inauguración y apertura de las siguientes exposiciones

  • Setas vivas, láminas, paneles, libros
  • XI Concurso de Fotografía Micológica “Enrique Valdés Bermejo”
  • X Concurso de Dibujo Escolar
  • Maquetas sobre la naturaleza y las setas.
13.00h.- Vino Gallego para autoridades y colaboradores

Conferencias, 20.30h

- Día 9
José Luís Tomé Ortega, Secretario de la Fed. Galega de Micología:
Setas comestibles y tóxicas.

- Día 10
Jaime B. Blanco Dios, Presidente de la Ag. Mic. “Brincabois”:
Micología para todos.

- Día 11
Chemi Traba Velay, Ag. Mic. “Pan de Raposo” de Cee:
El género Lactarius

- Día 12
Dionisio Comesaña, Fotógrafo y cocinero aficionado:
Lo que no sé de la cocina con setas.

- Día 13
José Mª Costa Lago, Ag. Mic “Pan de Raposo” de Cee:
De las utilidades de los Polyporus.

Por las mañanas habrá charlas en el Auditorio, los días 9, 10 y 11, para los colegios que lo soliciten, a nivel de 6º curso de Primaria.

- Día 15
XVII FESTA DOS COGOMELOS (Fiesta de las Setas), de 11,00 a 15,30 h.
Se servirán distintas preparaciones de setas, acompañadas de vino Albariño.
- XXVI Concurso de Cocina.
- VII Exposición de Cestas de Otoño.

- Día 21
20,30h. SESIÓN DE CLAUSURA:
- Entrega de premios del XI Concurso de Fotografía “Enrique Valdés Bermejo”
- Entrega de premios del X Concurso de Dibujo Escolar.
- Entre de premios del I Concurso de Escaparates.
- Entrega de trofeos a los colegios que presentaron maquetas sobre la Naturaleza.
- Proyección en PowerPoint de las actividades realizadas en el año 2008

22.00h.- CENA MICOLÓGICA y entrega de obsequios a los colaboradores
Retirada de invitaciones en el Auditorio del 8 al 17 de noviembre

Ler máis...

Cogomelos no teu xardín? Pois iso parece!!!

Alá por maio escribiamos un artigo sobre o cultivo de cogomelos. Para os que non tivestes oportunidade de leelo aquí tedes o enlace: Cogomelos no teu Xardín. Prometiamos tervos informados de como nos ía coa experiencia así que, ¿que foi do noso tronco en todo este tempo? Pois, sobre todo en verán, houbo que facerlle un par de visitas á semana para humedecelo e comprobar o progreso, que ó principio era inapreciable. Baixo o plástico de invernadeiro, iba fervendo o pucheiro ben a modiño. Por aquí e por alá comezamos a ver os esperados fíos brancos, as hifas do fungo que comezaba a medrar e a merendarse o noso bouquet de chopo, pero non queriamos botar as campanas o voo. Podería ser outro fungo que infectara o tronco ou que xa viñera con él. Pero as dudas se disiparon fará unhas semanas cando a infección na madeira era patente e evidente (recordemos que Pleurotus Eryngii é saprófito, se alimenta de madeira en descomposición, ainda que en estado salvaxe soe aparecer asociado ás raíces mortas de cardo, de ahí o nome "Seta de Cardo"). ¿Miramos á cara a Pleurotus Eryngii? Veña lo!!








Na primeira e segunda das imaxes (facede click nelas para velas en grande) podedes ver dous dos puntos de inserción dos pellets e como o fungo está medrando hacia fora e expandíndose en todas direccións seguindo a superficie do tronco. As hifas, o micelio, o noso amigo, é clara e maravillosamente visible. Na terceira podedes ver unha imaxe doutra zona do tronco sen pellets e que xa se atopa "colonizada". Como vedes a cousa pinta moi ben.

Na última imaxe podedes ver a zona do tronco nunha vista xeral, ainda que bastante desenfocada (estos días de menos horas e nubes non hay luz para as fotos nin a patadas), pero que servirá igualmente para que vexades coma o fungo se extendeu polo noso tronco a gusto cal arbusto.

A partir de gora haberá que mimar aínda máis o noso cultivo, pasarnos máis a miudo, e levar control fotográfico dos cambios que se vaian operando. Xa sabedes que vos teremos informados de como vai o conto, así que , como a nos, tócavos esperar a ver que pasa e esperar polos primeiros Pleurotus Eryngii. Un saúdo a todos. Hai que sair ó monte, a refungar un pouquiño... Ler máis...

Xigante dos campos: Macrolepiota Procera

Galego: Zarrota, Choupín
Castelán: Parasol, Apagador


Primeiro de nada, pedirvos perdón por ter a páxina desatendida as últimas semanas. Como dixo un famoso filósofo "a vida é como unha caixa de bombóns, nunca sabes o que che vai tocar". E a mín tocoume un bo bombón de merda. Para que contar máis; a vida segue. Hai que poñerse ó día así que...

Macrolepiótame nena!! Estou seguro que moitos xa vos topastes con este cogomelo de tamano espetacular e que se ve sen baixar do coche no medio de prados, beiras de camiños e estradas, ou parques. Un cogomelo coñecido e consumido (dos poucos) dende hai tempo na nosa terra, quizáis pola relativa facilidade de recoñecelo e como non, de avistalo ó lonxe, sen desmerecer o seu característico e suave aroma e textura que a moitos, nenos incluidos, failles as delicias. ¿Hay algún problema á hora de identificalo? Hmm... non e sí. Non, porque cos debidos coñecementos deberíamos ser capaces de identificalo sen moitos crebadeiros de cabeza e sí, porque, como non, Macrolepiota Procera ten primos con certa toxicidade e que todavía hoxe botan a algúns atrás. Sen embargo éste é un cogomelo que a xente adoita recoller con certa alegría e despreocupación, e as ausencias de intoxicacións indican que, aínda ó chou, a xente acerta. ¿Motivos? Mentres que Macrolepiota Procera é moi común en toda Galicia, as variantes tóxicas de Macrolepiota son raras de atopar e o tamano, neste caso, si importa: Procera é probablemente o cogomelo máis grande (o sombreiro de maior diámetro, millor dito) que imos a atopar, así que simplemente o seu tamano pode ser unha das garantías do súa comestibilidade. Veña lo, sen máis lerias imos botarlle un ollo á descripción comentada de "Cogomelos de Galicia". Pincha abaixo en "Leer Máis".


DESCRIPCIÓN

Sombreiro: 10-30 cm de diámetro. Primeiro ovoide-esférico e ao final aberto, plano e estendido, cun agudo mamelón (pezón ou abultamento na parte central do sombreiro) de cor apardazada a parda agrisada e incluso parda avermellada. Superficie cuberta de numerosas escamas irregulares que forman liñas case concéntricas ó redor do umbón central, que é máis escuro. Na foto da esquerda tedes tres exemplares maduros que están a puntiño de caramelo e cubertos polo rocío da mañá. Máis frescura, imposible.

Lamelas: numerosas e apertadas, anchas, ventrudas, separadas, formando un colariño ó redor do pé. Cor abrancazada a crema, parda rosadas coa idade. Aresta finamente serrada. Á dreita podedes ver o aspecto das lamelas, a inserción no pé e o anel dobre.

Pé: 20-40 cm. Moi longo desde novo, duro, oco e fibroso (polo que se descarta á hora de consumir). Posúe unha base bulbosa moi evidente e moi dura (ver imaxe da esquerda). Cun característico debuxo en zig-zag (como as raias dun tigre ou unha cebra) de cor parda a parda bastante escura, sobre fondo máis claro que percorre toda a súa lonxitude (nos exemplares máis maduros pode desaparecer en zonas do pé e dar lugar a dúbidas, pero xa sabedes que ante a dúbida...). Anel doble, móbil (se o agarramos entre os dedos e o tentamos deslizar arriba e abaixo polo pé, se move sen demasiada dificultade; como sempre inflúe a idade do cogomelo, as condicións en que se atopa...), consistente, grande, máis claro na parte superior e no colgante.

Carne: dura, grosa no centro, abrancazada, fibrosa e lixeiramente avermellada baixo a casca do pé. Olor e sabor agradables e moi característicos (cando o cogomelo empeza a estar pasado, o cheiro cambia rápidamente e tórnase desagradable, como a amoníaco; pode parecer á vista que o cogomelo está perfecto pero unha inspección olfativa ás lamelas confirmarao).

Hábitat: En prados, bosques, sobre todo nos claros, nos lindeiros, xunto aos camiños. Gregario (o máis frecuente e atopalo sempre acompañado, moitas veces en números moi numerosos). Verán e outono. Moi abundante en toda Galicia.

Observacións: É un dos fungos de maiores proporcións que se poden atopar. As decorcións do sombreiro e pé, como na maioría das macrolepiotas son fundamentais para a súa identificación. Para evitarnos problemas fixarémonos na forma e distribución das escamas no sombreiro (numerosas, concéntricas, pequenas salvo no mamelón), o deseño atigrado do pé e no característico anel dobre. No caso da posible confusión con Chlorophyllum Brunneum (Macrolepiota Rachodes var. Bohemica) habemos evitala se temos en conta que é unha variedade moito máis pequena, de pé moi curto e sen atigrar, comparado con procera e carne con tonos do viño tinto. Poderíamos evitala simplemente recolectando só macrolepiotas con sombreiros de máis de 10-15 cm. No caso de Macrolepiota Venenata, de similar tamano ainda que máis pequena e pé mais curto, teremos sobre todo en conta a carne que se arroiba rápidamente e o pé que tamén arroiba ó rozamento.

Unha última recomendación: os cogomelos son como esponxas cos metais pesados, polo que xa deberíades saber que non convén recoller cogomelos, entre outros sitios, na beira das estradas, pois o tráfico xenera nas proximidades elementos nocivos que os cogomelos asimilan. Este cogomelo é moi dado a aparecer nas beiras das estradas, polo que deberíamos saber valorar dónde e o qué recollemos. Ninguén vai a sufrir unha intoxicación por comer un cogomelo así, pero tedes que ter en conta que un consumo continuado ou reiterado de cogomelos autoestopistas destes pode non ter boas consecuencias para vos a longo prazo.

No vos quero meter medo, Macrolepiota Procera é un excelente comestible, ideal para comer á plancha ou empanada e rebozada, xa que ten unha consistencia e aspecto moi parecido ó polo, por iso é ideal para meterlla doblada ós nenos cando son un pouco repunantiños cos cogomelos!!!

Bueno amigos, estos días iremos dándolle caña ó asunto e comezaremos a subir máis artigos para recuperar ritmo. O monte está a rebosar coma nunca así que a ver se facemos un pequeno compendio das especies que nos estamos a atopar!!

Ler máis...

Comeza a semana micolóxica de Brincabois!

A Asociación Micolóxica Brincabois, de pontevedra, comeza este 19 de Outubro as súas IV Actividades Micolóxicas, que duraran ata o día 25 do mesmo mes.
Estas xornadas contarán tódolos días con charlas formativas ás 20:30 h, na Residencia de Estudantes Caixanova en Pontevedra, unha salida o sábado e exposición de cogomelos o domingo. Como nos queda a tiro de pedra, dende Refungando pensamos achegarnos ata alí alguns días, así que se o traballo vos da un respiro non desaproveitedes a oportunidade de asistir algún día!

Ahí vos vai o listado de charlas:
  • 19/10: Iniciación á Micoloxía (Ramón C. Encisa Fraga)
  • 20/10: Os Gasteromicetos (Carlos García Paz)
  • 21/10: Principais cogomelos comestibles e velenosos (Jaime B. Blanco Dios)
  • 22/10: Introducción á fotografía de cogumelos (Amancio Castro González)
  • 23/10 Cociña práctica de cogomelos (José Luis Tomé Ortega)

Se querede información máis detaiada, só tedes que facer click na imaxe para ver o cartel das actividades!!

Vemonos en Pontevedra... Refungando!!
Ler máis...

¿Hasta cuándo durará el festín de setas gallegas?

Non, non me confundín e me pasei ó castelán nun despiste despois de comerme medio kilo de Psilocybes. Así reza o título dun artigo saído o 9/10/2009 na Voz de Galicia e que trata do estado da riqueza fúnxica nos nosos montes, da sobreexplotación dos cogomelos galegos, e do negro futuro que nos espera por moitas causas, entre elas a protagonista do anterior artigo, e o valor económico dos cogomelos. Un artigo para ler, e para chorar, pero que tamén nos da forza para seguir defendendo e loitando por os nosos montes.

Unha nota do artigo a modo de curiosidade:
"En países como Francia o Estados Unidos está prohibido plantar árboles que no sean micorrizados"
Como sempre, á cola en todo... Sustituindo os sendeiros tapizados de follas e cogomelos entre centenarias carballeiras por camiños como o da foto, no que só nos falta ver ó koala de turno mirar para nós con cara de parvo. ¿Isto é Galicia...? Of course amigou! Aquí vos deixo o enlace ó artigo que vos recomendo encarecidamente ler:

¿Hasta cuándo durará el festín de setas gallegas?

Ler máis...

NON SE ARRANCAN OS COGOMELOS!!!


Unha foto foi a detonante de este artigo, a temática seguro que está clara se miramos a imaxe que o ilustra. Así que imos a facer un pouco de ruido a ver se se nos escoita e nos imos enterando dunha vez de que OS COGOMELOS NON SE ARRANCAN. O monte, como era de esperar, xa se tinguiu de cores e caprichosas esculturas en forma de cogomelos e isto atrae ó monte a todo tipo de afecionados que, por suposto, cometen todo tipo de falcatruadas. ¿Qué había naquela foto? Pois supoño que para quen a fixo, un motivo de orgullo, o mesmo orgullo despreocupado que sinten quenes se fotografían rodeados dos animais que mataron de caza, ou de safari; a cousa e cobrarse máis e máis grandes pezas que ninguén nunha pueril "carreira" sen fin. Para nós, aquela imaxe dantesca de cogomelos arrancados (Boletus Edulis, Boletus Aereus, Cantharellus Cibarius, Amanita Caesarea...) sen respetar nin tamanos nin especies, era un compendio en imaxe de tódalas prácticas incompatibles e contrarias á un desenrolo de esta actividade de maneira sostible (ese palabro tan de moda e do que depende en boa parte a nosa supervivencia en decenios vindeiros...). Especialmente lamentable e triste, a presencia na imaxe en cuestión de catro Caesareas arrancadas, tres de elas aínda sen sair do "ovo" e dun tamano ridículo. Ainda que non para un tipo como o da foto de arriba, por suposto, pois supoño que así se ven; ou será que así os vexo eu, cos peitos henchidos. Hai que ter en conta que Amanita Caesarea é, entre outras cousas polo noso chan pouco afín, bastante rara na nosa comunidade. Hai xente que leva moitos anos pateando camiños e nunca tuvo a oportunidade de ver un de estes cogomelos. Pensar que hai oitra xente que ten esta fortuna e arranca todo o que atopa sen despeinarse da arrepíos. Cando a xente descoñece estas cousas é desculpable ata certo punto pero, ¿qué nos queda cando aínda sabendo o dano que fan presumen de foto fachendosos? Pois isto: contra a garrulez máxima, cultura e información, e logo que cada un actúe dando contas só á súa conciencia... Pincha abaixo para leer mais:


¿POR QUÉ NON DEBEMOS ARRANCAR OS COGOMELOS?

Obviamente se non te importa o máis mínimo que cada vez haxa menos cogomelos e tes claro que o teu obxetivo é arramplar con canto poidas antes que esto ocurra, no hay ningún motivo para non arrancar os cogomelos. Se queres aforrar en navallas e o anterior tampouco te quita o sono, non hai motivos para pasar o traballo de cortar os cogomelos.

É importante entender a diferencia entre fungo e cogomelo; a partires de aquí todo vai rodado, ou debería. A foto da esquerda mostra un fungo, ese entramado de finos fíos brancos (hifas) que forman unha sorte de tela de araña sobre as raíces dun castiñeiro. O que estamos a contemplar é o seu "corpo", se é que é aplicable neste caso: nós somos ósos e carne, os fungos conxuntos de hifas (o micelio, que é o que globalmente contemplamos na imaxe) que viven placidamente baixo terra, nun entorno máis ou menos estable de humidade e temperatura.
Logo temos o cogomelo. Botando man da manida metáfora digamos que o fungo é a unha árbore o que os seus froitos ós cogomelos. Os cogomelos conteñen o aparato reproductor do fungo e a súa función é a de producir e espallar as esporas deste. Hasta aquí todos dacordo.

Antes de seguir, ¿algún dos presentes arranca ou parte as ramas dunha árbore para recoller os seus froitos? Xa sabedes por dónde van os tiros. A árbore non morrerá de súpeto nin o primeiro nin segundo ano, pero máis tarde ou cedo os danos e o estrés pola rotura das súas ramas acabará provocando que deixe de dar froitos e morra. Eso unha árbore. Hay que entender, debemos entender, que un fungo é moitísimo máis fráxil e delicado que unha árbore calquera e que tolera moitísimo menos os cambios no seu ambiente, aillado e estable baixo terra.

Debemos preguntarnos entón, ¿qué ocorre cando arranco un cogomelo? Porque esa é a cuestión.
O primeiro que ocorre, aínda que así a primeira vista non parece o apocalipsis fúnxico, é que deixamos un burato. Pero este buraco xa alterou as condicións de temperatura e humidade nese pequeno pedazo de terreo deixando ademáis parte do micelio ó aire entre a terra desprendida. Entenderedes que a un organismo que vive baixo terra non lle faga moita gracia a luz solar. De feito, se se arranca un cogomelo (que hay que facelo en ocasións, principalmente para levar a cabo identificacións pois o pé pode darnos moita información), o que debemos facer é tapar inmediatamente o burato deixado para minimizar o impacto que causamos.

Ademáis, co cogomelo arrancamos e desprendemos parte da masa miceliar que está unida á base do pé provocando un dano real, directo e inmediato ó desafortunado fungo (non gritan claro, eso sempre fai máis fácil as cousas). E pos si eso fose pouco, con frecuencia os primordios (os nós no micelio preto da superficie, embrións da futura xeración) dos futuros cogomelos tamén se poden vir entre os resto de terra e micelio aderidos á base do pé.

¿Qué alegan os "partidarios" de arrancar cogomelos (aparte que aforran en navallas)? A teoría máis esgrimida para defender a súa actividade ven a contarnos que cando cortamos os cogomelos, deixamos a base do pé pudríndose en contacto co micelio e que as bacterias responsables da descomposición poden chegar a infectar e matar o fungo; solución, arrancamos.
O caso é que, se así fose, non existirían os cogomelos ou serían moi poucos. ¿Por? Porque dende fai millóns de anos os cogomelos se pudren enriba do micelio, sempre (e non só a base do pé, TODO o cogomelo). Sería un organismo tendente á desaparición. Como non é así podemos concluir sen facer un uso de excesivo número de neuronas que o gran éxito dos fungos na natureza se debe, entre outras cousas, a que esta, sabia e vella, os fixo RESISTENTES ás bacterias causantes da putrefacción dos seus propios froitos. Faltaría máis.

Aínda máis, dende Refungando preguntamos a Jaime Blanco, descubridor da Clytocibe Auniosiana en Ons este ano, acerca desta polémica sen fundamento. A súa resposta, clarificadora, houbérame aforrado escribir todo este artigo:
"Me parece una polémica absurda para foreros, jubiletas, parados e falabaratos! Si no la conoces, arrancar (1, 2, 3 ejemplares representativos para ver en detalle), si la conoces cortar ¡¡que no se pudre el micelio!! ¡¡¿¿Quién ha inventado eso?!! Es increible las tonterías que se pueden decir..."
Dito todo isto, só nos queda pregar que, se a pesar de todo decides arrancar os cogomelos, a lo menos o fagas co máximo coidado, procurando levar co cogomelo a menor cantidade de sustrato/micelio e logo, volve a tapar o burato deixado por este. De facelo mal, facelo menos mal.

Uff, hoxe refungamos a gusto!!! Sede bós cos cogomelos e os cogomelos serán bos con vos!!
Ler máis...

Unha de coliflor! Sparassis Crispa

Sinónimo: Clavaria Crispa
Castelán: seta coliflor, clavaria rizada, coliflor de monte

Xa chegou o outono. Desta vez sí, non só de nome. Dan ganas de apludir cas orellas de alegría! E vimos diluviar como facía tempo que non caía por estos lares. En poucos días, se todo vai ben (sen cambios novamente bruscos das temperaturas ou tolerías metereolóxicas polo estilo) veremos os nosos montes vestirse de cogomelos, de mil formas e cores distintas; un regalo para os sentidos e, por qué non, a nosa cesta.

Desta vez, e como mostra do que vos contamos, imos coñecer neste artigo un cogomelo de unha forma moi curiosa e atípica (como de esponxa ou coral, como xa vístedes) que o fai moi fermoso e distinto á maioría dos cogomelos (siii, tamén é comestible). Esta pequena "esponxa de monte" medra de maneira fiel no pé de tocóns de piñeiro por onde aparece cada ano e soe ser difícil de deixar pasar desapercibida.

Pertence a un grupo de fungos, os Aphylophorales (formada por fungos, basidiomicetos, con cogomelos case sempre sen lamelas, como os Cantheralles, Polyporales ou neste caso a orde dos Clavariales) que teñen normalmente formas moi curiosas e apartadas do típico cogomelo con pe, sombreiro e lamelas ben diferenciados. Así que por curioso, fácil de recoñecer e fácil de ver, imos a presentarvossen máis dilación ó cogomelo coliflor: Sparassis Crispa! Pulsa abaixo para seguer coñocendo este cogomelo...



DESCRIPCIÓN

Corpo Fructífero (obviamente non cabe falar de sombreiro neste caso): De 15-40 cm de ancho por 15-25 cm de altura. Redondeado ou globoso, formado por un tronco central do que saen numerosas ramificacións carnosas, planas, rizadas e enlazadas entre sí, dándolle un aspecto de esponxa ou coliflor. Cor crema de novo, coas beiras das ramificacións de cor ocre, e ó envellecer vólvese de cor apardazada (podedes ver perfectamente o aspecto das ramificacións e bordes facendo click na imaxe do lado).

Himenio: Liso, tapiza a cara externa de tódalas terminacións.

Pé: Moi curto, compacto, enterrado e lixeiramente radicante.

Carne: Quebradiza de nova, elástica e tenaz nos exemplares adultos. Cor abrancazada ou crema. Olor agradabe e aromático e sabor doce.

Hábitat: Crece ó pe de tocos de coníferas, fundamentalmente piñeiros. Exemplares illados normalmente e moi fieis ao sitio durante anos. Aparece no verán e outono.

Observacións: Sparassis Crispa e comestible de novo, non cando empeza a oscurecerse coma o exemplar do lado, xa que se comeza a volver duro e indixesto. Así mesmo recoméndase unha boa limpeza (a súa forma fai que sea un agocho ideal para ducias de insectos e para que queden restos de terra ou area) e unha pequena cocción desbotando logo a auga da mesma.
Poderíase confundir con Sparassis Laminosa, pero esta ten as terminacións máis anchas e zonadas (presentan distintas tonalidades) e medran ademáis en tocóns de caducifolios. Se a isto lle sumamos que esta especie é moito máis rara e igualmente comestible, non debería haber peligro. Habería un risco remoto de confundir con algún cogomelo do xénero Ramaria (con algún membro de efecto purgante...), pero as especies de este xénero presentas as terminacións en forma de pequenas ramas arborescentes, non láminas e tampouco son moi frecuentes aquí na Novena.

E hasta aquí o cogomelo de hoxe. Agora que xa vos coñecedes, a ver si vos atopades polo monte!
Ler máis...

Refungando se presenta con Alejandro Mínguez e "Cogomelos Medicinais"

Nun acto celebrado este sábado no Ateneo Valle-Inclán presentouse, (ó fin!) a nosa Asociación cun invitado de luxo, o micólogo celanovés Alejandro Mínguez, que nos presentaba tamén o seu novo libro "Cogomelos Medicinais".

Nunha noite chuviosa como facía tempo non viamos, cos elementos do noso lado augurando boas saídas micolóxicas estas próximas semanas, tivo lugar ás nove da noite o acto no que estivemos ben acompañados e arroupados por curiosos e afecionados da Novena; mentres, Alejandro nos sorprendía a todos cas propiedades médicas dalgúns dos cogomelos máis coñecidos por todos e que recolle no seu libro. Ademáis, Alejandro se trouxo con él ó Ateneo mostras desecadas da maioría dos cogomelos que trataba na súa exposición, co cal os asistentes puideron observalos de primeira man, así coma exemplares frescos de Suillus Granulatus ou un exemplar de Fistulina Hepática, moi raro de ver por aquí.

O libro de Alejandro xa está nas librerías dende hoxe, e aquí en Ribeira podedes atopalo na librería Sanyg de toda a vida. Unha recomendable e novedosa aproximación ó mundo dos cogomelos dende unha perspectiva mediciñal e que nos mostra como esas complexas fábricas químicas que son os cogomelos non só nos poden adiantar a hora de chamar ás portas do ceo se non que, mira ti por donde, aínda a poden retrasar.

Antes de despedirnos hoxe, quería darvos as gracias a tódolos que pasástedes por alí, espero que desfrutárades coma nós dun acto cheo de curiosidades e cogomelos. En breve subiremos una sección para socios a esta páxina con información para os que pensedes en unirvos a nós.

Vémonos polo monte... Refungando! Ler máis...

Novo fungo galego: Clitocybe Auniosiana

Imos coñecer a un novo fungo que ata agora vivía pasando desapercibido fora do alcance de cestas e navallas nunha illa paradisíaca, Clytocibe Auniosiana (o epíteto Auniosiana ven dado polo antigo nome que os romanos daban á illa de Ons, Aunios). Con este nome de trabalinguas foi bautizado este novo cogomelo achado no marco incomparable da illa de Ons por Jaime Blanco Dios, dentro dos estudos que se están levando a cabo na actualidade sobre a flora de fungos deste espazo natural protexido que é o parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Jaime Blanco é integrante da Asociación Micolóxica Brincabois (Pontevedra) e un reputado micólogo galego (tedes un enlace a unha entrevista con él na voz Aquí), e por suposto non é novo nesto de atopar cogomelos descoñecidos ó mundo; de feito, e xa que estamos co xénero Clytocibe, Jaime Blanco xa aumentou esta "familia" en 2005 co achado doutra nova clytocibe: Clytocibe Alaricensis.

Esta nova especie fai a número oito no seu currículum de descobrementos.

Deixámosvos un enlace a unha entrevista a Jaime feita no Faro de Vigo con motivo deste novo achado:

Entrevista Jaime Blanco Dios Faro de Vigo


Veña Jaime, un saúdo dende Refungando, suma e segue! Ler máis...
Related Posts with Thumbnails