CONTACTO


Ver mapa más grande


Na dirección da imaxen da dereita podedes enviarnos as vosas dudas acerca da Asociación Refungando, suxerencias para o sitio web, ou calquer outro comentario que vos pete. Prometemos contestar a todolos vosos correos na medida do posible.

Se tedes algunha duda para identificar algún cogomelo, tentaremos botarvos unha man: enviádenos unha fotografía (mellor canto máis clara, ben enfocada, e con boa resolución, non se vos ocurra usar o móvil) e miraremos se vos podemos axudar.

Un saúdo a todos; Refungando... imos polo monte! Ler máis...

MACROSCOPÍA

No estudo da morfoloxía dos cogomelos chamamos caracteres macroscópicos a aqueles observables ou apreciables a través do sentido da vista, comos son a forma, tamano, cor, contorno, aspecto xeral, etc. A través do exame visual minucioso tentaremos identificar o maior número destos caracteres para así poder comparar cas descripcións que vos encontredes en manuais ou libros especializados, para o cal será necesario coñecer un pouco, polo menos, os termos, máis utilizados.

Hai que ter en conta que estes caracteres tenden a variar ó longo do ciclo de vida do cogomelo e cas condicións ambientais durante o mesmo, polo que tamén hai que aprender a diferenciar as carácterísticas "accidentais" das propias da especie tipo. Por exemplo, podemos atoparnos con unha Amanita Muscaria cas escamas "lavadas" (desaparecidas) pola chuvia e un pouco decolorada e isto levarnos a pensar que estamos ante Amanita Caesarea. Aprender a desbotar unhas de outras é cuestión de estudar moitos cogomelos, en moitos estados, dunha misma especie. O tempo e a experiencia no monte son os mellores mestres neste caso.

Para diminuir a probabilidade de confusión, imos estudar o cogomelo fixándonos en tres zonas diferenciadas do carpóforo (cogomelo, en fino) que son: sombreiro, himenóforo e pé. A continuación poderedes ver nunha serie de debuxos dos distintos elementos observables dun cogomelo, nas distintas formas e aspectos que pode acadar e co termo utilizado para facer referencia a cada carácterística concreta baixo cada debuxo. Facendo "click" nas imaxes podedes velas ampliadas. Son as mellores que puidemos atopar, estraídas do "Manual de difusión de buenas prácticas para el desarrollo de una actividad micológica sostenible"... espero que non nos berren!
  • SOMBREIRO

    • Forma Xeral

    • Cutícula (membrana ou "pel" que recobre o sombreiro)

    • Marxe


  • HIMENÓFORO
    • Lamelas

    • Forma xeral

    • Superficie do pé

    • Anel: formado con resto do veo parcial, que cubre o himenóforo nos primeiros estadios do cogomelo e que se rompe ó crecer este. Podedes ver moi ben o proceso no video de Amanita Muscaria.


    • Volva: só presente en algúns Agaricales, fórmase pola ruptura do veo xeral que recubre o cogomelo como unha membrana (imaxinade un ovo do que sae o cogomelo) deixando restos na base do pé de formas diversas, a saber...


Ler máis...

GRACIAS POR FACERTE SOCIO! REFUNGA!

A túa solicitude foi enviada!
En breve nos poremos en contacto contigo.
Graciñas!!
Cantharellus Lutescens
Ler máis...

Consellos para a Recolleita

Hmmm, o cheiro a terra mollada despois de varios días sen unha gota de chuvia chega ata nós, mentres miramos ó monte e deixamos que os primeiros raios de sol que conseguen atravesar os nubarróns nos quenten un pouquiño o corpo. É o momento de prepararse para perderse na natureza, disfrutar da vida que estoupa en canto chegan as chuvias e que nos traen novas cores, paixases, e... cogomelos!

Neste artigo daremos unhas nocións básicas para unnha recolleita correcta e respetuosa dos cogomelos, e explicaremos algunhas cuestións relativas á mesma e de importancia na interacción do seteiro co mundo dos fungos.

O EQUIPO




- Navalla: iremos equipados con navalla, a poder ser con cepillo incorporado (que é máis cómodo que levar un aparte), o que nos permitirá limpar in situ as setas e libralas dos restos de terra ou area que podan arrastrar consigo; a limpeza con cepillo débese a que sempre habemos de procurar non lavar as setas, pois absorben rápidamente moita auga, feito non desexable á hora de cociñalas.

- Cesta de mimbre ou similar: non utilizaremos nunca bolsas de plástico para transportar as setas, a bolsa non deixa transpirar as setas que se estropean rápidamente no seu interior; utilizaremos cestas de mimbre, que a parte de deixar respirar as setas favorece a diseminación da espora dos cogomelos que transportamos, pois ó ir andando polo monte faremos a importante labor de abellas dos fungos ó caer a espora a través dos hocos da cesta mentres camiñamos.

- Botas impermeables: tede en conta que normalmente iredes ó monte en condicións de bastante humidade e, nestas condicións, fanse indispensables unhas botas, cómodas e impermeables, que nos manteñan os pés quentiños e secos. Non fai falla que vos diga o agradable que é andar polo monte cos pés enchoupados...

- Outro equipo, non impresindible pero sí interesante, pode ser un bastón, que nos axudará a levar ben subir e baixar por empinadas ladeiras, ou para remexer entre herbas ou matorrais sen necesidade de agocharnos a botar a man. A cámara de fotos pode ser tamén unha importante ferramenta, lúdica pero sobre todo de identificación, ó permitirnos captar imaxes de setas que nos presenten dúbidas acerca da súa clasificación e nos permite poder comentalas posteriormente con alguén que nos poida axudar. Unha lupa pode ser útil para observar características do cogomelo complicadas de distinguir a simple vista e que nos poden axudar a identificalo (coma os bordes das lamelas, por exemplo). Por último, un impermeable ou paraugas a man pode librarnos a veces dunha boa carreira/cajadura de parte dun destes chaparróns imprevistos cos que nos atopamos, o que nos atopan, millor, de vez en cando.

A RECOLLEITA


Din os que levan moitos anos nesto que o bo afeccionado ós cogomelos é coma un ninja no monte, non deixa marcas nen pistas. A súa pegada no entorno ha de ser mínima e inócua. Recolectade só as setas que coñecedes e deixade o resto, salvo interese na súa identificación; neste caso arrancaredes con coidado (ou fotografiaredes) como veremos máis adiante. Non danedes nada que non vaiades a consumir ou levar á casa. Veamos uns cantos consellos neste sentido...

Cortaremos o cogomelo pola base do pé, rexeitando sempre os exemplares máis novos (que ainda non cumlpliron a súa función reproductiva) e os máis vellos, enchoupados e enrrugados (polo noso propio ben, os cogomelos neste estado poden conter, bacterias, virus, parásitos ou sutancias químicas e tóxicas como fenol ou amoníaco, e poden facernos pasar un bo rato amarrados a taza do w.c., vos mesmos). Limpamos a seta co cepillo de terra e outros restos para evitar manchar as demáis e depositámola na cesta cas lamelas cara abaixo, para facilitar a caída de esporas.

Sempre que recollamos setas nunha zona, deixaremos uns cantos exemplares para que cumplan a súa función, non fai falla que vos diga o que pasa se arramplades con todo ó galician style ano tras ano no mesmo lugar. Despois choramos.

Rexeitar tamén consumir cogomelos recolectados na beira de estradas transitadas, cerca de vertedeiros ou similares, pois os cogomelos son capaces de asimilar e almacenar metáis pesados moi tóxicos para o home, coma plomo ou cadmio.

Nunca usaremos rastrillo na recolleita de cogomelos. ¿Porqué? O rastrillo úsase para colleitar fácilmente algún tipo de cogomelo que medra ben oculto entre as follas, principalmente Cantharellus Cibarius. O que ocorre é, aparte de que obviamente o rastrillo non distingue entre especies ou cogomelos novos ou non, que ó rabuñar na terra danamos o micelio (o corpo do fungo propiamente dito) e os primordios, os puntos do micelio, en forma de nós, que formarán co tempo novos cogomelos. O dano ó micelio é inmediato, podendo quedar ademáis exposto ó aire libre, algo que non lle vai sentar nada ben (non vive por nada baixo terra, é moi sensible ós cambios de temperatura e humidade). Acabará secando e morrendo e a producción de cogomelos se resintirá xa a curto prazo.

POLÉMICA: CORTAR VS ARRANCAR

Nos últimos anos a polémica acerca de se debemos arrancar os cogomelos ou cortalos está de moda. Os defensores de arrancar os cogomelos (sempre con moito coidado, para danar o micelio o mínimo) alegan que ó cortar a seta as bacterias causantes da putrefacción do resto do cogomelo que queda, a base da seta, poden causar tamén a infección e destrucción do micelio. Ben, ante esta afirmación podemos sinxelamente dicir que a natureza leva facendo eso mesmo durante miles de anos sen nengún problema; isto é, tódalas setas pudren in situ. Ademáis, o que é innegable é que ó arrancar o cogomelo, danamos en maior ou menor medida o micelio do fungo. Por si fora pouco, o burato deixado polo cogomelo altera as condicións de temperatura-humidade do micelio, que ademáis deixa en parte ó aire. É por iso que se debe sempre tapar o burato deixado polo cogomelo, con fin de minimizar os efectos da nosa acción na medida do posible.

Tamén é certo que a colleita de algunhas especies se presta a arrancar mellor que coller, como poden ser os Cantharellus Lutescens ou Tubaeformis, polo seu tamano, ou Marasmius Oreades, pola fibrosidade do seu pé. Nestes casos, se non hay máis remedio, arrancaremos, tomando precaución para non danar o micelio e tapando buratos (aínda que as texoiras son maná nestes casos, raramente iremos provistos delas).

Obviamente, sempre que levemos unha seta para identificar, debemos arrancar a seta enteira para un exame completo, procurando que non se rompa, xa que a forma do pe, a presencia u non de volva entre outros son ás veces indispensables para correcta e inequívoca identificación do exemplar.



Na foto anterior podedes ver claramente as consecuencias de arrancar un cogomelo. O cogomelo foi arrancado e fotografado para o seu estudio (aínda non a identificamos, así que se a recoñecedes non dubidedes en poñervos en contacto con nós!) pero a desfeita no micelio é patente. O micelio do fungo son esos finos fíos brancos (hifas) que se agrupan tomando un aspecto como de mofo, de textura algodonosa, entre a terra do pe do cogomelo, ben apreciable na foto. A pesar do coidado prestado ó arrancar a seta é inevitable arrancar con ela parte do micelio, e con él, os futuros cogomelos.

Conclusión: evitaremos sempre arrancar os cogomelos e, sempre que o fagamos, volveremos a tapar rápidamente o burato deixado.


No obstante, e para clarexar máis se cabe a cuestión, prometemos un estudo do tema máis a fondo con argumentos dos dous bandos nun artigo que publicaremos na páxina.

Boa colleita! Ler máis...

SOCIOS REFUNGANDO

A Asociación Micolóxica Refungando nace cuns claros obxetivos, tal e como como reflexan os seus estatutos:

1. Divulgar a cultura micolóxica, para que a recollida de cogumelos se faga cunha elemental base científica que evite erros que poidan ser fatais, e de forma sostida sen poñer en perigo as especies nin os habitats.

2. Fomentar entre os mozos hábitos de vida saudabels, e un maior contacto coa natureza, mediante a afección á micoloxía.

3. Sensibilizar, non só aos afeccionados e amantes da micoloxía, senón a todas as persoas, sobre a necesidade de preservar o noso medio ambiente, e contribuir dende a asociación a este fin.

Como membro de esta Asociación, terás uns deberes que cumprir, entre os que destaca por suposto manter un comportamento respetuoso co monte e os cogomelos, xa que como membro haberás de servir como exemplo ós demais. Por iso, comportamentos e prácticas que se alonxen dos obxetivos e propósitos educativos da Asociación poderán ser motivos de expulsión coma socio. ¿Qué tipo de comportamentos? Os que todos sabemos: a recolleita abusiva e desproporcionada, a recolleita de cogomelos demasiado novos, o uso de bolsas para a recolleita, o uso de rastrelos ou similares, arrancar os cogomelos en lugar de cortalos pola base do pé, etc... Estes e oitro tipo de comportamentos incompatibles con un disfrute sostible desta actividade NON son admisibles dentro dunha asociación deste tipo, así que este é o momento de preguntarte: ¿é éste o meu lugar? Si a resposta é afirmativa, avanti co formulario (a cuota anual é de 20 €/piedrólares), se non, ninguén te vai impedir ir ó monte a facer estragos, alá cada un coa súa conciencia compañeiro... En canto recibamos o formulario poñerémonos en contacto contigo á maior brevidade posible. Enche tódolos campos (o número de conta pódelo deixar en branco se en lugar de domiciliar o pago da cuota prefires facelo en man).
Nota: Entre o formulario e o botón de envío veredes unha imaxe de cores con catro letras e un espacio ó lado no que deberedes introducir esas letras. Isto é para evitar o "spam" (ou sexa, que nos bombardeen o correo con anuncios de crecepenes e viagra, para os desentendidos)

Nome
Apelidos
Data Nacemento
Dirección
Código Postal
Teléfono/os
E-mail
Nº Conta(se domicilia)
Image Verification
captcha
Por favor, introduzca o texto da imaxe:
[ Refrescar Imaxe ] [ What's This? ]


Ler máis...
Related Posts with Thumbnails